26 julio 2006

O Eterno Mediodía de Mr.Black

Sempre o mirei desa maneira. O mediodía como unhas horas de transición; unhas horas horribles e estúpidas de suspensión, onde o aire se tranquiliza e queda estático. Os paxaros deteñen o seu vóo; Os coches van reducindo marchan e quedan parados no centro da estrada. As persoas camiñan máis a modo e a terra deixa por un intre de facer o seu recorrido diario. O mediodía. Unha suspensión. Unha comunión eterna coa lentitude máis primaria.
Ademais de todo iso, o mediodía é un estado de ánimo. O peor. Unha terrible sensación de malestar eterno que nos destrue e nos come vivos. A peor das tristezas posibles: o mediodía é o desamor.
Mr.Black leva varios días vivindo no mediodía. Chameino pola mañá cedo e dixome que na sua casa era a unha e media. Chameino pola noite e comentoume que na súa cama eran as dúas e media. Unha tristeza. Vivir eternamente nun mediodía. Eu fun a súa casa a sacalo de alí. Quixen levalo á noite, pero foi imposible. Aínda lle quedan moitos máis mediodías que padecer. Moitos máis mediodías estáticos e terribles nos que vivir. Eu lle digo que non se preocupe. Sei que o mediodía pasará e chegará a noite coa sua lexión púrpura...
Eu tamén vivín no mediodía hai anos. Todos vivimos algunha vez no mediodía. É unha merda. É o peor. Pero finalmente, acabará o mediodía e meses despois chegará a noite. É así. Ten que ser así...

Despois de todos os malditos mediodías chegarán grandes noites onde o sol brillará intensamente, os coches andarán a grandes velocidades, os paxaros voaran ata o mar e todas as mulleres, todas, mirarán para ti, Mr.Black e lanzaránche bicos para que os vaias a buscar a calquera hora do día... menos ao mediodía, claro.

9 comentarios:

Bandini dijo...

un saludo a mr black. que aunque no lo sepa ya se está curando...

Marinha de Allegue dijo...

A Mr Black lembra que nunca choveu que non escampara. Ás veces escoitar esta frase é duro seino ben, pero é totalmente certa. Érguete e disfruta do sol de cada día, da luz e báñate na súa enerxía sanadora.

Unha aperta e un Beijo sanador.
;)

... dijo...

Que venga a mi casa y nos dormimos la siesta hasta que se haga de noche...

Mr Tichborne dijo...

levas razón, os mediodías rematan algunha vez, dígocho por experiencia

Roi DaSaraiba dijo...

Interesante a o consello que lle das a Mr.Black no texto, a min tamen me vale. Por certo proximamente no me blog estreamos nova seccion, en septembro chega...
As aventuras de rodrigo na capital!
Pois si amighiño adeus rios adeus fontes a ver si vos teño entretidos! seguro que hai moito sitio interesante que fotografiar... saber qe vou coñecer rúas novas emocioname. pero non chego a chorar de alegria nin cousas raras eh... por deus que post mais largo...
SAUDE

From Hell dijo...

vas á capital do reino???

Roi DaSaraiba dijo...

de la república de españa como dicia o irman de bush..
viva honduras!!!

Roi DaSaraiba dijo...

por certo, si algún dase o caso de que se produce unha queima mundial de cadros e se ten que salvar un... por favor... que sea o berro!

From Hell dijo...

Non estou dacordo, eu preferiría que se salvara "Halcones en la noche" de Edward Hopper...

http://www.escaner.cl/escaner78/ensayo78c.jpg

ahí podelo ver...