06 julio 2006

Flower Power Portugal


Estes días andiven de viaxe polo norte de Portugal. Ás aforas de Porto, nun vello taller, atopeime esta marabilla da Wolksvaggen. Non funcionaba, tan só a tiñan de exposición rodeada dunha morea de coches impersonais e monótonos.
Pensei na persoa que a mercou por primeira vez. Seguro que cando a mercou tiña vinte anos e todo un mundo por diante. Agora estará casado, terá dous fillos, un traballo de oito horas e dúas hipotecas; pero o que é peor de todo... seguro que agora ten un Audi A4 cor negro para pasear coa familia os domingos á beira do océano...
Tireille unha foto e marchei...
Era hora de xantar...
E os soños non alimentan...

7 comentarios:

Bandini dijo...

chulísima

Mr Tichborne dijo...

que pasada! movida jipi!

Scanix O Celta dijo...

Cuando veo una de esas me acuerdo de aquella vez en la que me ivan a llevar de viaje por toda Europa

... dijo...

e perfecta!!!quero unha!!
o mellor o dono agora ten fillos e hipoteca pero sempre será o rapas de 20 anos que escapou da casa cos seus aforros convertidos neste aparello. O mellor neses viaxes atopou a unha extranxeira jipi e exótica coa que quiso reproducirse, cambiar o coche laranxa por unha casa de pedra e cultivar tomates e leitugas...quen sabe...

From Hell dijo...

ti o dixestes...
quen sabe...

mariademallou dijo...

tiñas que tela roubado. poñíamoslle o motor do meu forito e ala, a vivir!!!

Marinha de Allegue dijo...

Coincido con Satine, os soños alimentan...

Un beijo.
:)