19 junio 2006

Todo o Mundo ten un Soño


O Sábado, non foi sábado. Foi un luns, un domingo ou non sei... Tal vez foi debido a que o venres aquí foi festivo e ninguén traballou. De todos os xeitos, pola noite saín mollar a boca con velenos varios. Non estivo mal, pero tampouco estivo ben. Atopeime con Sande, o mesmo do fotoblog, que con novo look, faloume de soños, temores e perdedores. As cousas vanlle sair ben, seino. Despois marchei para casa e pensei nos meus propios soños. Todo o mundo ten un soño. Dende que temos uso de razón pasa pola nosa cabeza esa meta. No ámbito laboral, sentimental ou existencial, aparece o noso soño. O malo, e que poucas veces se cumple.
O domingo visitounos Casatlántica, que me falou de disputas veciñais, bebeu auga, e despois marchou de novo aos seus dominios.
Volvín pensar nos soños e despois quedei a durmir. Tiven un pesadelo. Non o recordo, pero sei que era un pesadelo. Bebin un vaso de auga e fumei un cigarro. Busquei o meu propio soño pola casa e rendínme.
Non foi ata a noite cando o vin todo claro. Puxen un película no dvd, Hustle & Flow e durante unha hora e cincuenta minutos disfruten de como, baixo as peores circustancias, alguén é capaz de alcanzar, por unha pequena marxe de tempo, os seus propios soños. Unha delicia de película.
Despois, durmín e xa non tiven pesadelos... tan só soños, so iso.

4 comentarios:

Roi DaSaraiba dijo...

O sabado rematei algo perxudicado cos velenos liquidos dos que falas... pero como de nove a dez da maña estiven falando con un bo tipo despexei o suficiente como pra estar as 11:00 na igrexa xD (Dia de comunions).
A semana empezou ben pra min hoxe, cousa que compensa unha pequena parte do malo das anteriores...
Tes razón no tema dos soños, moitos din que de soños non se pode vivir pero pra min son un alimento importante da miña dieta, o final que se cumpran ou non pode non ser tan importante.

Scanix O Celta dijo...

Dicen que los sueños, sueños son, yo lo unico que persigo en mi vida son las mujeres y mira donde me han llevado

Mr Tichborne dijo...

Coidadiño cos soños, a ver se se van cumplir. Saúde e República

Marinha de Allegue dijo...

A seguir soñando...

Unha aperta.
:)