08 junio 2006

El Circo del Desaliento


Como algún de vós sabedes o outro día estiven de aniversario. Foron moitas copas, moitos cigarros e moitos regalos... todos especiais. Un deles, foi o do Sr.Rubín, que tivo a ben regalarme o seu libro: "El Circo del Desaliento".
Lino en dúas noites, que é cando hai que ler este tipo de libros... nas noites. Nada máis abrir as páxinas, atopeime cun golpe directo no nariz... unha ostia ben dada; como se teñen que dar as ostias. Despois, na seguinte historia, levei outra ostia máis, esta vez foi un gancho. Non teño que explicar que todas as historias do libro foron ostias e máis ostias directas ó cerebro. Unha boa paliza literaria que me tivo atrapado dúas noites.
As historias de El Circo del Desaliento son HISTORIAS con maíusculas. Retazos da vida de homes e mulleres abandonados pola fortuna. Tipos que vemos todos os días na rúa e que, por outra banda, nunca nos paramos a observar.
As historias de El Circo del Desaliento son declaracións de amor sinceras e directas como as que moitas veces tivemos que padecer e defender.
As historias de El Circo del Desaliento son puñetazos contra a estupidez humana, contra eses tipos que non saben mirar á dor ós ollos, contra a barbarie e contra o desamor.
El Circo del Desaliento podería ser un libro que trata do mesmo que miles de libros máis, se non fose por un pequeno detalle: está narrado cunha sinceridade da que a gran maioría dos escritores carecen.
Unha marabilla en definitiva.
Non teño máis que aplaudirche Rubín: ¡¡Plas-Plas-Plas!!
Saúde

12 comentarios:

Roi DaSaraiba dijo...

Tio, acabasme de vendelo libro...
non sabes as ganas que me quedaron de levar unha boa somanta desas.

From Hell dijo...

Ja,Ja,Ja... que ben...

Mr Tichborne dijo...

pouco importa, pero é narrativa ou comic? o que queda claro é que é literatura. Buscareino.

From Hell dijo...

Tes razón, pouco importa...
é tebeo, literatura, poesía, boxeo, tabaco e moitas cousas máis.

Roi DaSaraiba dijo...

por certo, este finde non baixo, pero para o seguinte non me queda mais remedio xa que é a comunión da miña afillada e por ela si baixo...
a ver si salgo e si estas pagasme esa copiña, se non quedará para a Xunqueira como ben dicias...

From Hell dijo...

Se estou... ¡¡feito!!

TXARI dijo...

a ver se se lhe ve o pelo ao rubin esntre hoxe e manhâ por bcna...o libro algo xa lin do que expuxera, creio...

mariademallou dijo...

esta nuite sabemos se sae autor revelasión ou non ;)

From Hell dijo...

pois esperemos que si, é así temos un pretexto para emborracharnos...

Roi DaSaraiba dijo...

Xa dispoño dun exemplar, cando o lea xa che comentarei...

From Hell dijo...

ben, xa me contarás...

Roi DaSaraiba dijo...

Moi ben, agora mesmo rematei a de Jonás e a Balea !A hOSTIA!