Sabado mediodía
Os Sabados son estúpidos como os demais días da semana. Abúrrome. Dicían por aí que aburrirse é de homes sabios... non o creo. Penso que aburrirse é un mal da sociedade de consumo. E eu, como un consumidor máis, actúo como un ser meramente capitalista: Como sentado no sofá, fumo un cigarro, tomo café, xogo a Play, fumo outro cigarro, poño os pés enriba da mesa, continuo coa Play, poño música, falo polo móbil,etc...
Despois arrepíntome de facer todas estas cousas, sobre todo xogar á Play e meterme na pel de Sam Fisher, un axente da CIA en misión secreta na embaixada de China.. un cabrón. Mátanme cen veces por partida, pero non me da lástima o moi fascista.
Fumo outro cigarro e miro pola fiestra. Chove. Pagaría por non ter que traballar os sábados pola tarde. Aturar á xente e as súas estupideces. Noxento.
Pagaría por quedar na casa toda a tarde matando chinos comunistas e fumando cigarros.
Son un capitalista.
Como todos.
7 comentarios:
Alguén me fixo un comentario en Ningures como "suso, dende Barcelona", e coidei que eras ti. Entro no teu e vexo que non estás en Barna senón no teu queli rañando no carallo. Incrible a ubicuidade bahamondiana. Valor, que o sábado noite xa está aí.
Pois xa ves. Realmente estiven en moitos lugares na miña vida, pero ata en BCN nunca estiven... así que debeu ser outro Suso...
A vida moderna non deixa de ser unha gaiola de ouro que nos pecha nunha casa comoda e quente.
De cando en vez, hai que esforzarse e airearse.
Senta ben.
Un saudo.
o dos sábados é pura invenciom do subconsciente freudiano...tes que imajinar que os sábados son coma um dominco calqueira mismamente: erjerte sedo, façela cama, ducharte e asearte con conciência (é o día que toca de verdade) posicionar ben a raia no meio do pelo, colocar a jarabata, silbar aljuma bonita cansiom de caminho pra misa, saudar a don manuel lojo da homilia, tyrinchar o pavo namesa familiar, e souparlhe a un bo habano até que dé a hora de ir pra cama...e ao día sejinte repites...
Para mín o día estúpido é o domingo, non me gusta nada.
Unha aperta.
:)
Mandeiche un emilio, bótalle un ollo
o mellor neses casos vén sendo o mítico "imos tomarlle algo"
intentando non caer na rutina...
sempre
gustoume moito a historia, siga a matar chinos se tal pero se precisa de cambios pasee por rúas descoñecidas e fume x aí os cigarros. Sempre senta ben
:D
apertas
Publicar un comentario