28 enero 2006

5 Manías e 1 esperanza

Aínda non sei moi ben o motivo que lle dou ós blogueiros coas manías. De todos os xeitos paréceme unha boa iniciativa para que saibamos que en cada casa hai alguén máis raro que ti.
Ahí van as miñas entón.

1/ Ó espertar polas mañás sempre teño que cagarmeendios un par de veces antes de lavar a cara. Evidentemente fágoo mentalmente, pois senón a miña "compañeira" pensaría que estou máis tolo do que xa pensa que estou.

2/Se estou nun bar, ou nalgún lugar onde haxa xente, sempre elixo a unha persoa ó azar e invéntome a súa vida. Fíxome na súa forma de vestir, actuar, a maneira de beber o café e ese tipo de cousas e imaxino como será a súa vida, o seu traballo, a súa forma de ser. Sempre acerto, é un don.

3/Outra estúpida manía é que antes de comezar a ler un libro, sempre leo a primeira palabra do libro e a última e xúntoas. Se teñen sentido é que o libro vai ser bó, senón teñen sentido o libro vai ser basura coma sempre. Sempre acerto, é un don.

4/Cando teño que ir algún sitio tipo: un recital de poesía, un concerto, unha viaxe ó estranxeiro, etc... sempre me doe algo: a cabeza, o estómago, teño gripe ou baixame a regla. Teño ese don de estropear os plans da xente que está comigo... como digo, un don.

5/ Como última manía (hai cen mil máis) direi que ultimamente teño a maldita manía de non ser capaz de quedar durmido senón vexo a televisión. Teño que quedar durmido mirando a televisión a toda voz, senón non collo o soño nin de coña. Antes quedaba durmido lendo, ou pensando, ou soñando, pero agora tan só a estúpida televisión é capaz de facerme durmir. Outro don.

1 esperanza/ Que nos próximos anos estas e todas as demais manías (e as vosas) se convirtan en virtudes. Somos iguais por que vivimos no mesmo espazo, e somos diferentes por que miramos o mundo con diferentes prismas. As nosas manías é o único que nos diferencia entre nós.
E iso tamén é un don.

10 comentarios:

satine dijo...

sobre todo, o importante de ter manías é ter a esperanza de que se convirtan en virtudes. De tódalas formas para que eso suceda terías, creo, que esquecer o teu primeiro don, non é unha forma moi saludable de comezar o día.

mariademallou dijo...

moi insteresantes as súas manías sr, hank, das cales comparto algunhas e teño sufrido outras, como a de sempre lle doe algo cando hai un plan interesante;)
un bicogrande

bandini dijo...

somos una ensalada de manías

From Hell dijo...

somos o peor de cada casa

muralla dijo...

Bueno, home, bueno, tampouco vexo que seña para tanto. Hainos muito peores...ainda que os teus fixeronme rir un rato...
Bicos e a corregir o 4, máis que nada para non fastidiar a xente.

Mr Tichborne dijo...

Interesantes, teimas todas de escritor... vou probar o da 1ª e última palabra dos libros, a ver se funciona. O de poñerse malo nas viaxes pode ser cousa da auga.

TXARI dijo...

a min sempre me doe aljo atê que me convençem que é imposible que che doia o pelo, ou atê que ninguém me cre, logo milagrosamente deija de doerme, é tamén un don

Avogado Do Diaño dijo...

La segunda mania tambien me pasa a mi pero solo con las mujeres, mi mujer no termina de creerme. Que consejo me das???

mikegonzo61142316 dijo...

I read over your blog, and i found it inquisitive, you may find My Blog interesting. So please Click Here To Read My Blog

http://pennystockinvestment.blogspot.com

From Hell dijo...

avogado... as mulleres ás veces só creen o que queren creer. Consello ningún; sigue inventado vidas e fuxindo da túa.
saúdos