19 diciembre 2005

A Festa está Noutra Parte


Sempre foi así. Fai anos escribín un poema chamado "eu tamén quero formar parte". Un ano despois publicáronmo nun libro, non sei se por lástima ou porque alguén tamén sabía que el non formaba parte. Pero ¿parte de qué?. Pois parte, simplemente formar parte.
Hai xente que forma parte de todo. Sabes de sobra quen son eses homes e mulleres que forman parte. Velos pola rúa e recoñécelos. Teñen un brillo especial nos ollos e o pescozo estirado e perfecto. Eles son a parte e os demais somos o resto.
Agora, nestes días pretos á fin do ano son consciente que nos meus días a festa está noutra parte. Non sabería explicar moi ben o por qué de esta exclusión case que voluntaria da parte, pero sei que eu non estou nese grupo.
Ainda que a verdadeira pregunta debería ser outra. A verdadeira preguntar debería ser: ¿Quero formar parte?... esa debería ser a verdadeira pregunta. E a contestación... pois a contestación debería ser simple: Si ou Non. No meu caso a contestación non é tan simple.
A festa está noutra parte Suso
Seino
¿Queres formar parte?
Eu?
Si ti Suso... ¿Queres formar parte?
Emm... Uff... Aggg... Non sei... non sei o que quero facer.
Sabia que contestarias iso amigo... por iso teño a resposta perfecta para ti.
¿Tela?
Téñoa amigo Suso... ven comigo e verás que hai nesta parte.
Está ben... aí vou... ata o fondo e con forza!


Asi sería máis ou menos... pregunta arriba pregunta abaixo.
Bó Nadal... vémonos na outra parte.

4 comentarios:

Bandini dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Mr Tichborne dijo...

Non formes parte... é como esas discos nas que hai que rifar co porteiro para entrar, pagar entrada sen consuma e dentro está todo valeiro, unha música de merda e juisqui de garrafón. Un mito. Estase mellor no Inferno

TXARI dijo...

estar omde nimquem quere estar, e agardar a que se encha para fujir...un sempre está onde quere estar...

From Hell dijo...

checoslovaco... en realidade son checoslovaco... das aforas