ARQUITECTURA DO CEO
Ti durmias no coche
equiparándote cun doce anxo
e eu atopei aquela casa
baixo o sol do atardecer.
Baixei, inmóbil, e observei a estructura victoriana
do ceo sobre o tellado.
Aquel home, de peto azul océano, debrullaba millo
sentado no porche
mentras a sua muller
de cabelos grises almidonados
forneaba tortas de amoras primaverais.
Pensei nun futuro semellante:
Ti vestida de domingo
e eu rezando mentras preparaba a terra
para o noso descanso eterno.
Foi imposible, antipoético.
Espertastes cos últimos raios do sol da fame
e comezastes xogar co meu pene
como se buscases o sabor dos teus labios
antes de que caera a noite.
Souben ese mesmo día
que a nosa vida
remataría
nas estradas.
6 comentarios:
se agradece... en serio
Joder si es que siempre me pasa lo mismo los demas te dicen las cosas bonitas y a mi no me dejan nada, muy pero que muy bueno, sobre todo 'Ti vestida de domingo e eu rezando mentras preparaba a terra para o noso descanso eterno.'
graciñas... pero da igual a orde na que vaian, o importante son as cousas bonitas. Para cousas malas sempre hai tempo...:)
a missouri nunca...
a Nebraska o mes próximo
que ben escribes cando queres! moi bonito, unhas imaxes preciosas. xunta uns poucos e regálanos un libro!
Publicar un comentario