Pequeno Itinerario de Verdades
Non podo crer que se sucedan dous días cunha mínima felicidade incustrada nos meus osos. Hoxe abrín El Correo Gallego e atopeime de fronte cun artigo que fala da eminente saída mañá do fermoso poemario de María Lado, "Berlín". Unha agradable nova saída dun xornal que semella unha folla parroquial de aldea.
Animo a todo o mundo que queira, a ler o libro e achegarse mañá ao casino de Compostela e disfrutar da presentación do mesmo... de seguro que haberá algunha sorpresa..
Agora... agardar que chegue a lúa e beber
1 comentario:
se na presentasiçon hai algunha sorpresa sera a dos amigos....bicos
Publicar un comentario