12 marzo 2005

Fora As Palabras (Unha Tempada de Fe Perfecta)

"I´m the lizard king... I can do anything"
J.D.M

Os meses pasan apresa entre os dedos e eu berro "fora as palabras...fora as palabras de enriba da mesa"... e é cando todo se difumina na noite como a migración das aves buscando a calor da cidade.
Todo se convirte niso e nada máis... xa sabedes, a cidade é un campo de batalla e as unidades de desplazamento vixian cada movemento que dou... que se atraveso as rúas... que se me agocho nalgún rincón escuro, que se, que se, que se... e todo volvese así, desa cor negruzca que doe nas mans e na boca.
Pero eu agardaba outra cousa, non sei, algo distinto que baixara coma un foguete e despedazara as ilusións sobre a estrada. Agardaba que soara jazz ou algo de Wargner en cada charco mollado dun farol... agardaba que cada nota alimentara a un novo cigarro e a garavata fixera xogo coa miña camisa azul ceo... agardaba que as mulleres foran aínda máis putas cando a lúa máis as iluminara... ou que cada grolo fora o reducto no que se depositaran os pensamentos máis obscenos.
Non sabería que dicir agora.
Fora as palabras... dicía alguén ao borde da morte porque sabía que lle quedaba pouco tempo para seguir habitando este planeta... fora as palabras... como se así solucionase algo.
E xa é Nadal... e todo en vez de branco pois sae vermello espumoso dos sumidoiros da cidade e baña as pernas das boas familias que apuran os últimos regalos, xa sabedes, unha boneca loira como o centeo que alimente os soños desa rapaza mentalmente transtornada...ese xogo de consola que fará que o tempo se lle pase moito máis apresa ao pequeno bastardo que ten a peor nota da clase de matemáticas... ese reloxo falsamente bañado en ouro que posue a maior cornuda de todo o vecindario... e ese pixama de seda cor burdeos para o alcólico prexubilado da telefónica.
E despois todo é felicidade o día de Nadal porque as miserias de todas as familias quedan soterradas baixo centímetros e centímetros de neve... e así polo menos sorrín ata o día de reis.
E aínda así eu sorprendome con todas esas cousas absurdas de familias aparentemente ben colocadas no planeta...
Por iso en Noiteboa escapo entre a néboa e sento nese parque deshabitado de fauna urbana e poñome a ler A Sangue Fria de Truman Capote e agardo a que me entren as gañas de matar... si, de matar.
Fora as palabras... fora as palabras... hoxe teño gañas de dar morte... agardando que pase o nadal entre os edificios nocturnos... hoxe teño gañas de dar morte... como un príncipe defendendo o seu trono defenestrado... como o afiador de coitelos que recorre as vilas máis profundas de lonxanos países... como o trompetista que vende o seu pulmón furado polas notas graves... como todo iso e máis...
Hoxe por fin marchan as palabras se eu teño gañas de dar morte...

No hay comentarios: