06 marzo 2005

Amor a vinte dólares


Cidade da habana. 23.35h. Bar Hotel Sevilla. 29 grados centígrados
Estou tomando un ron con cola, como non podía ser doutra maneira e aínda que estou só non estou nada aburrido, pois foi un día do máis intenso na capital cubana. Pola mañá visitei o museo da Revolución, e despois tomei limonada na terraza dun bar onde coñecín a Sara, pequena e gran muller a partes iguais.
Sara levoume a coñecer o seu barrio (non sabería voltar a el... e case mellor así) e despois presentoume a algunhas persoas que reparaban coches nas rúas do barrio, ou arranxaban as portas das casas, ou facían calqueira tipo de traballo que as tivera entretidas nas súas miserables vidas. Era así.
Despois de que Sara me mostrara o seu barrio, eu mostreille o meu corpo nun cuarto dunha pensión... o íncrible de todo e que tan só me cobrou vinte dólares e un par de zapatos para o seu irmán pequeno.
Xa dixen que Sara, aínda que era baixiña, era unha gran muller.
A media tarde, comemos algo nun café da parte nova e despois tomamos té con limón e xeado de tona e fresas, fumamos cigarros, bicámonos e en ningún momento pensei en Laura.
De feito ¿quén carallo é Laura?.
A media tarde, Sara explicoume certas cousas do seu país, e eu escoiteina con atención, aínda que eu xa tiña o meu propio punto de vista sobre como funcionaban as cousas nesa parte do caribe.
As sete da tarde despedímonos diante do meu hotel; démonos un bico de película ante a mirada do servicio de aparcacoches e duns turistas cataláns... "adeus Sara... ti es a esencia desta illa... unha porta aberta ao mar".
Despois metinme no bar do hotel a beber e a fumar...

No hay comentarios: