26 febrero 2008
17 febrero 2008
Efectivamente... domingo
Hoxe traballei as oito horas seguidas. Gústame; chego antes a casa. De feito, cheguei hai unha hora. Deime unha ducha e botei un vistazo pola rede. Isto por exemplo... non ten desperdicio.
No bar todo segue igual. Hoxe había callos de tapa. Estaban bos... ben, eu non os probei, pero os clientes dixeron que estaban perfectos.
Pola mañá puxen música no bar: Explosions in the Sky. Ao mediodía puxen unha recopilación de jazz que tiña tirada pola casa. Un cliente díxome que se chegaba a súa casa e vía a súa muller escoitando esa música, lle pegaba unha patada. "Tranquilo... a túa muller non lle gusta o jazz..." díxenlle. Non lle fixo gracia.
As catro, co relevo, fun ata o paseo marítimo a fumar un cigarro. Cuspinlle ao mar pero non provocou un tsunami como eu agardaba. Teoría fallida. Volvín ao bar cavilando noutras formas de matar.
Onte vin a última peli de Woody Allen. Despois, durmín soñando con avións esnaquizados e aeroportos. Non sei que significa iso... e importame un carallo.
Do film...
O Mellor: (Pareceme incrible estar dicindo isto...) Colin Farrell
O Peor: Boto en falta o humor de Woody
A coidarse e a soñar...
Escrito por From Hell o 2/17/2008 4 comentarios
13 febrero 2008
An American Poem
Hai unha novela de Fante, titulada "Un ano pésimo",que me regalou un moi bó amigo meu que case todos coñecedes pois tamén ten un bló. Unha fermosa novela curta que deberíades ler se queredes saber como vai este "meu" comezo de ano.
Os días atropéllanse horribles e perséguenme dende as esquinas das rúas para rematar coa miña escasa saúde mental. A mala sorte perségueme como un lobo morto de fame na infinita estepa rusa..
Podería seguir con máis metáforas e comparacións estúpidas, pero sería inutil. Os días seguirán sendo horribles, se mire por onde se mire. Está claro: A mala sorte ven tras de mín.
Que podo facer? Pois o que fago e pensar no vello Hank e nas súas malas épocas. Ou cuspir diante do banco e cagarme nas súas putas nais. Ou mirar aos estorniños debuxar elipsis e máis figuras no ceo da Costa da Morte.
Iso é o que fago. Buscar maneiras de matar o tempo entre oito horas de traballo.
Tamén teño tempo de ver películas, claro.
Como a de arriba. Impresionate poema épico americano escrito e dirixido por Sean "Che" Penn, baseada na novela, sobre a curta vida de Christopher McCandless.
O Mellor: O principio e o final do film, a fotografía, e a impresionante banda sonora de Eddie Vedder
O Peor: O protagonista; non está a altura do resto do reparto.
Sen máis, seguirei vendo pasar os días por diante como iso tan valioso que se nos escapa das mans.
saúde a todos
P.D Bandini, tes que ver a peli que sei que che vai a gustar...
Escrito por From Hell o 2/13/2008 6 comentarios
07 febrero 2008
Waiting for the sun ... ou algo similar

A rutina é o que ten... acaba con un; así que non fago outra cousa máis que poñer cafés, poñer cañas, poñer poleos e merdas desas, poñer cubatas... conducir de volta a casa, conducir ao bar, e de volta a casa, e de volta ao bar, que por certo, onte unha parella de verdes cabróns fillos de puta tivo a ben sancionarme con 150 pavos por non ter pasado a I.T.V (teño a cita pasadomañá) e desexarme boas tardes. Pero ao que íamos... que a rutina pode comigo, pero aínda así teño tempo polas noites para mirar os blogs, navegar e atopar cousas como esta, e tamén para ver filmes divertidos e ben escrtios, como a fermosa Juno. Cen por cen recomendable.
Saúdos, bicos e apertas nestas putas festas do Entroido
Escrito por From Hell o 2/07/2008 13 comentarios