29 septiembre 2006

Crazy People


Xa imaxino os "mall center" de Iowa ateigados de tipos con bigote e botas camperas chorando á porta do cine.
Vexo aos texanos de pura cepa cagándose nos islamístas e na puta nai que os pariu na porta do cine.
Observo aos surfistas da costa oeste voltando do cine na súa wolksvagen mentras lanzan inclemencias contra o islam.
E finalmente, imaxino aos habitantes de Nova Iorque recuperando un sentimento vingantivo que pouco a pouco ían esquecendo.

As homenaxes son moi fermosas, sempre e cando non sexan tan só iso. Un desfile de saloucos e choros sin sentido para alimentar á vinganza
O odio alimenta máis odio, é certo, pero a paz pode chegar a incrementa máis paz...




28 septiembre 2006

The Catcher in the School


Despois de ler esta noticia: http://www.lavozdegalicia.es/inicio/noticia.jsp?CAT=126&TEXTO=100000106466
Non podo facer máis que recordar este filme (algo pretencioso) pero sincero que cuestionaba o acceso ás armas da poboación civil en U.S.A.
Este filme non pasará de moda, pois desgraciadamente sempre está de actualidade.

P.D Saúde Charlton Heston...

20 septiembre 2006

Sometime & Somewhere


Sempre odiei traballar na hostelería, pero dado que os pubs cada vez son de peor gusto, non tiven máis remedio que inventarme un.
Este é o cartel de presentación: O careto de Frankie diante. A cidade iluminada ao fondo. E de nome, o alter ego do magnífico escritor. Listo.
Estades invitados. Aínda non teño dirección, nin bebidas... pero por algún sitio había que comezar.

16 septiembre 2006

Sorry for the Mess



Día: Sábado Tarde
Música: Radiohead "Fake Plastic Trees"
Película: Last Days por Gus Van Sant
Libro: Paradoxia por Lydia Lunch

11 septiembre 2006

Putos Chalados



Sempre pensei que a cada ano que pasaba o mundo volvíase moito máis tolo. De todos os xeitos, non sei que carallo se lle pasa a xente pola cabeza para facer estas cousas. O aburrimento e o crack non son bos aliados...

putos chalados


ala, vou tomar un café...

05 septiembre 2006

03 septiembre 2006

01 septiembre 2006

The New World


Terrence Malick sempre me recordou a Salinger: Non hai moitas fotografías del; non concede entrevistas; leva feito catro filmes en cuarenta anos... etc.
Os seus filmes sempre me gustaron. Tranten do que trate non deixan de ser poemas de tres horas que che levan a diferentes estados corporais. Nesta ocasión, a un novo mundo, a América do século XVII da man de John Smith e o seu amor con Pocahontas. Tranquilos, nada que ver coa Disney.
Para quen goste de cine en estado puro, cunha marabillosa fotografía e unha banda sonora espectacular que pase a ver The New World ou os demáis títulos de Malick que non son moitos:
  • Badlands (1973)
  • Days of Heaven (1978)
  • The Thin Red Line (1998)

ou a mencionada The New World (2005)

Senón, ide á praia que aínda fai sol...



28 agosto 2006

Unha Tempada no Inferno e outras Estupideces

Non sei se é debido a que a maldita gripe me colleu desprevenido e cos pantalóns baixados. Ou se por outra banda é porque saio á fiestra da miña casa e a ladeira do monte que sobe ata o ceo tinguiuse dunha cor marrón outono-queimado. Pode ser por iso, ou por cento de cousas. Pode ser que a sombra da amizade non soporte o peso ao meu lado. Pode ser que as rúas que antonte estaban camiñadas en desfiles, hoxe pasean funerais de elegantes camiñantes. Non o sei. Non sei o por qué, pero baixei un par de escalóns na miña depresión diaria ata chegar ás portas do inferno. Xa sabedes, ese inferno que todos coñecemos, non o inferno Hollywoodiense que o maldito cine meteunos na cabeza. Senón: O inferno.
Antes, os días cando no meu barrio o sol non saía polo leste, tiña que inxeniarmas para facerlle fronte á baixada os infernos. Sempre fun da idea de que para recuperarse plenamente o mellor sempre é tocar fondo. Para iso sempre tiña un plan. O meu plan do "salto ao baleiro". Había varias opcións para tocar fondo; as veces estaban os amigos (hoxe sempre fora); outras veces estaba o alcol (aínda que precisaba dun amigo para que fixera máis efecto); pero o meu preferido sempre foi o "salto o baleiro" co que tiña máis a man: Libros, filmes e música. Tiña unha lista, a miña lista, coas mellores cancións, películas e libros para tocar fondo e despois recuperse plenamente. Supoño que todo o mundo tivo unha lista semellante. As películas, cancións e libros que che deixan o corpo fodido e magullado como un boa ostia no nariz.
Moitas veces cambiaba a lista, e diferentes libros, filmes e cancións facían da miña caída aos infernos algo máis doado;aínda así sempre tiña un oco para unha canción, un filme e un libro en concreto que foron man de santo durante moitos anos.
Supoño que hoxe é un bó día para ler un anaco de "The Catcher in the Rye"; visionar na escuridade "The Boyz in the Hood"; e escoitar mentras baixo e baixo e baixo, o "Rain Dogs" de Mr.Waits.
Despois diso... todo será subir e subir e subir...

24 agosto 2006

As Malditas Despedidas


É o que acontece ao chegar setembro. Como se vivísemos atrapados en Dirty Dancing, as mulleres, os amigos, os pais e todo o que che rodea, marchan. É unha mágoa. Remata o verán, odiosa época de incedios e guiris, e todo o mundo abandona o meu lado. Tan só unha sombra habitará o seu espacio ata as próximas vacacións.
Sempre odiei a Patrick Swayze. Sempre odiei a Ingrid Bergman. Sempre odiei as despedidas... e quén non?

11 agosto 2006

Cagándome en Dios!!!!


Non hai máis remedio. É o que queda. Estou en contra das penas de morte, das mortes penosas, das armas, do tráfico de armas, dos homes armados, das guerras de todos os tipos; estou en contra de todo iso... pero máis en contra e máis odio lles teño a eses malditos fillos dunha puta que queiman os montes do noso país: A todos eles lles desexo unha maldita bala no seu cerebro... si, a vós... aos promotores inmobiliarios madrileños e locais que fodedes a miña terra e queimades montes... aos viciños que para vingarse doutros viciños queiman montes... aos políticos que para vingarse e poñer en evidencia a outros políticos queiman montes... aos pirómanos que desfrutan queimando montes... a os ex-membros ou membros das cuadrillas antincendios que para traballar queiman montes... e a miles e miles de fillos de puta que por calquera razón que se lles pasa pola maldita cabeza queiman un monte, destruen aos animais e rematan co modo de vida de moita xente. A todos eles condénoos a ter unha destas balas por sempre na sua puta cabeza mentras arden atados a un pino.
É un escrito vulgar e falto de sensibilidade, pero non podo rematar isto doutra maneira que cagándome en dios por vivir rodeado de humanos fillos de puta aos que a ignorancia lles pode tanto como para facer todo iso...
Unha bala... a miña bala... para vós.

07 agosto 2006

Salvaxismo Inmobiliario


Somos salvaxes. Non temos remedio. Merecemos todo o mal que nos pase no mundo. A estes maricóns de especuladores inmobiliarios, habería que atalos a eses mesmos pinos mentras arden. "Queimar montes, Limpar o terreo, Mercar, Construir, Vender Pisos, Enriquecerse... e a por outro monte"
Eu xa teño a escopeta cargada e con gañas de sair ao monte...

03 agosto 2006

Paradise Now


Se eu fose profesor e un alumno me preguntase polo conflicto palestino-israelí, sen dúbida lle poría este fermoso filme sobre a estupidez das guerras, os odios e as vinganzas.
Un canto a esperanza e unha guia máis que estupenda sobre o conflicto...
Palestina libre!

28 julio 2006

OS CINCO MÁIS ODIADOS

ENQUISA ODIOSA
Xa que estes dias en moitos blogs se anda a falar do odio, propoño unha enquisa-concurso sobre o sentimento en cuestión: OS CINCO MÁIS ODIADOS.
A cousa é sinxela: nombrar as cinco cousas que máis odiamos do mundo (algo así como o que fixéramos coas manías) e despois nomearr tres blogueiros para que continuen cos seus odios.
Ao mellor así sabemos cal é a cousa que verdadeiramente odiamos de corazón.
Estas son os meus odios principais:
  1. A xente: a prepotente, sabelotoda, chulesca, intransixente, trepa, dominante, sen sentido do humor, aburrida...
  2. Espertar polas mañas e ver que o mundo aínda non rematou
  3. Aos turistas que veñen a miña terra a mercar apartamentos, foder a costa, elevar os prezos, facerme agardar na cola do supermercado mentras mercan as súas estupideces, encher as terrazas mentras beben Bitter Kas, etc...
  4. Os Centros Comerciais, as Igrexas e os Supermercados.
  5. Aos mecánicos dos talleres de automóbiles sempre co seu aire de superioridade e dicíndo: "mira que o coche é moi vello rapaz... "

Evidentemente podería seguir odiando miles e miles de cousas, pero agora é o voso turno:

¿Qué é o que máis odia... Cenicienta Proletaria, Avogado do Diaño e Bandini?

27 julio 2006

Marabilla da Semana: Eva Green


Outra actriz. Non me gustan as cantantes, nin as presentadoras, nin as modelos. Recoñezo máis a beleza mentras actuan. Como na vida real.

Esta semana toca un francesa, de París, vinteseis anos e cunha mirada potente.
Para vela na pantalla:(Poucas Pelis)
-The Dreamers (Bertolucci)
-Kingdom of Heaven (Ridley Scott)
e próximamente na última entrega de James Bond: "Casino Royale"

Barómetro Machista: 6

Ala, aí queda...

26 julio 2006

O Eterno Mediodía de Mr.Black

Sempre o mirei desa maneira. O mediodía como unhas horas de transición; unhas horas horribles e estúpidas de suspensión, onde o aire se tranquiliza e queda estático. Os paxaros deteñen o seu vóo; Os coches van reducindo marchan e quedan parados no centro da estrada. As persoas camiñan máis a modo e a terra deixa por un intre de facer o seu recorrido diario. O mediodía. Unha suspensión. Unha comunión eterna coa lentitude máis primaria.
Ademais de todo iso, o mediodía é un estado de ánimo. O peor. Unha terrible sensación de malestar eterno que nos destrue e nos come vivos. A peor das tristezas posibles: o mediodía é o desamor.
Mr.Black leva varios días vivindo no mediodía. Chameino pola mañá cedo e dixome que na sua casa era a unha e media. Chameino pola noite e comentoume que na súa cama eran as dúas e media. Unha tristeza. Vivir eternamente nun mediodía. Eu fun a súa casa a sacalo de alí. Quixen levalo á noite, pero foi imposible. Aínda lle quedan moitos máis mediodías que padecer. Moitos máis mediodías estáticos e terribles nos que vivir. Eu lle digo que non se preocupe. Sei que o mediodía pasará e chegará a noite coa sua lexión púrpura...
Eu tamén vivín no mediodía hai anos. Todos vivimos algunha vez no mediodía. É unha merda. É o peor. Pero finalmente, acabará o mediodía e meses despois chegará a noite. É así. Ten que ser así...

Despois de todos os malditos mediodías chegarán grandes noites onde o sol brillará intensamente, os coches andarán a grandes velocidades, os paxaros voaran ata o mar e todas as mulleres, todas, mirarán para ti, Mr.Black e lanzaránche bicos para que os vaias a buscar a calquera hora do día... menos ao mediodía, claro.

20 julio 2006

América, América

Supoño que casi todos veríades Dogville, a coñecida película de Lars Von Trier; ben, pois esta, Manderlay, é a súa continuación. Un retrato da vida nunha pequena vila do sur dos Estados Unidos nos anos trinta. Se vos gustou Dogville, esta tamén vos gustará. Boas interpretacións, sobre todo a protagonista, a fermosa Bryce Dallas Howard, unha magnífica historia sobre a hipocresía, a libertade, e a estupidez humana.
Manderlay e a segunda parte dunha triloxia que se pechara con Whasington. O que ten collóns de todo isto, de todo este retrato da sociedade norteamericana, é que Von Trier é danés e na súa vida pisou os Estados Unidos debido a súa fobia a viaxar. Un tipo cun par...
Pois nada, xa sabedes,se un día non vos apetece ir á praia, gastades 2,40€ no videoclube e pasades unha tarde entretida mirando bó cine...

17 julio 2006

A fin do Comenzo da fin

Supoño que é a calor. Non dou durmido. Doeme a cabeza. Non teño fame. Bebo catro litros de auga ao día. Fumo menos...si, é a calor, non hai dúbida.O meu odio visceral pola humanidade acrecéntase a pasos axigantados nestes días. Saio á rúa coas pistolas cargadas. Tan só teño gañas de ver Taxi Driver unha e outra vez... de ler a Salinger unha e outra vez... de escoitar In your World unha e outra vez.
Estes días o sol méteseme nos osos e acaba comigo. Se vou ao médico mándame vivir a Alaska ou a Siberia, e eu agradeceríallo de corazón. Ali tamén hai subnormais, pero non tantos (non vive tanta xente).
Supoño que isto é a fin de algo... o comezo de algo... a fin do comezo, ou o comezo da fin. Non o sei. Tan só sei que todos os días suar convértese nunha obrigación igual que odiar. Saeme odio polos poros da pel. É triste pero certo.
Supoño que son como os insectos; canto máis sol fai máis fillos de puta saen á rúa. Como as moscas. Como os lagartos. Como os idiotas. Sol e praia. E ti e máis eu desaparecidos do noso centro vital... do noso núcleo. Tan so che acaricio en soños, só así, desa maneira tan impersoal. Un estúpido máis suando ao sol.
Levantade Carpinteiros A Viga Maestra.
Tranquila, só queda pouco tempo para que todo isto remate...
e a fin
o comezo
da fin

15 julio 2006

Marabilla da Semana: Lucy Liu

Esta semana toca marabilla exótica. Nacida no barrio de Queens en Nova Iorque,ten 38 anos,e está licenciada na universidade de Michigan en linguas asíaticas.
Comezou a traballar na televisión e pronto pasou ao cine.

Algúns filmes destacados son:

-Os Ánxeles de Charlie
-Kill Bill vol.1
-Kill Bill vol.2
-O Caso Slevin

Tamén é bailarina e modelo...
Unha todoterreo vamos..

Barómetro Machista: 9

Ala, o voso turno...

13 julio 2006

Superman Retorna

A primeira vez que vin a Superman na gran pantalla, eu era un neno e ía collido da man da miña nai ao Teatro Colón da Coruña. Senteime na butaca e apagáronse as luces. Apareceu Superman surcando o ceo e eu quedei atrapado nun estado catatónico. Como todos os nenos que vivíamos na periferia da cidade, eu quería ser Superman (os que vivian no centro xa eran superman). Recordo con añoranza eses anos.
Onte, agardando durante anos este día, estreaban a nova entrega de Superman. Fun á primeira sesión, do primeiro día, da nova estrea. Nesta ocasión non ía da man da miña nai, ía da man doutra persoa. A escuridade do cine non me atrapou, nin entrei nun estado catatónico. Non estaba no Teatro Colón da Coruña (xa non é un cine). Onte eu xa non quería ser Superman.
Apagáronse as luces do cine e comenzou a película. Acomodeime na butaca e recordei. Recordei todos os anos pasados dende que vira a Superman na gran pantalla por última vez. Xa choveu. Choveu moito de dios...
Mirei para os lados. Non había moita xente. A xente estaba na praia, ou nas terrazas, ou a saber. Dábame igual. Eu estaba feliz. Superman estaba aí, e eu a escasos metros.
Nesa tarde de xulio, nunha pequena sala de cine a escuras, tan só había un neno mirando a pantalla ilusionado. Ao rematar a película, entrou nun estado catatónico durante toda a noite.
Aínda me dura...

08 julio 2006

Black Holes & Revelations


Levaba un ano agardando a que aparecese este disco. Un ano dende o Absolution. Un ano dende que os vin en directo no Monte do Gozo. Un ano.
E aquí está, Muse con novo disco: Black Holes & Revelations. Un disco extrano: Escuro, Bailable, Retro, Futurista, Político, Revolucionario, Improvisado...
Para os que teñades curiosidade, na súa páxina oficial, www.muse.mu , podedes descargar o seu single de presentación: Supermassive Black Hole. Así entenderedes de que vai...
saúde

06 julio 2006

Flower Power Portugal


Estes días andiven de viaxe polo norte de Portugal. Ás aforas de Porto, nun vello taller, atopeime esta marabilla da Wolksvaggen. Non funcionaba, tan só a tiñan de exposición rodeada dunha morea de coches impersonais e monótonos.
Pensei na persoa que a mercou por primeira vez. Seguro que cando a mercou tiña vinte anos e todo un mundo por diante. Agora estará casado, terá dous fillos, un traballo de oito horas e dúas hipotecas; pero o que é peor de todo... seguro que agora ten un Audi A4 cor negro para pasear coa familia os domingos á beira do océano...
Tireille unha foto e marchei...
Era hora de xantar...
E os soños non alimentan...

03 julio 2006

Ata o Carallo!!


Hoxe saín cedo a tomar un café e ler o xornal. Finalmente non fixen nin unha cousa nin outra. Aparquei o coche e atopeime con isto. Tivenlles que quitar unha foto. Eu tamén estou ata o carallo, pero penso que hai mellores maneiras de suicidarse...

30 junio 2006

Primeiro Día de Praia (ou Rochas)



Para os que vivades en vilas ou cidades sen mar, deixovos aquí a evidencia de que hoxe foi o primeiro día de verán que fun á praia, para que teñades envexa...
Como consolo, direivos que a auga estaba conxelada..
Nada é perfecto...

29 junio 2006

Marabilla da Semana: Jeniffer Esposito


A petición de algúns blogueiros, voltamos coa Marabilla da Semana, aínda que non sei se será todas as semanas.
Para comezar, a foto de Jeniffer Esposito, actriz neoyorquina de trinta e tres anos que veríades no filme Crash, gañador este ano do oscar o mellor filme.


Barómetro Machista: 7

Agora o voso turno..
saúde

28 junio 2006

Pa' casa...


Sempre igual.. menos mal que eu vou con Arxentina e xa non tiña ningunha esperanza.
O bó de que nos eliminaran os gabachos, é que tan só van a estar en Alemania ata o sábado, que é cando xogan contra Brasil...
;-)

24 junio 2006

Paseo Nocturno


I

Houbo unha explosión urbana

A soidade pegouse extremadamente
á feliz idea dun cambio interior.

Escoitanse ao lonxe
motores oxidados
a grandes velocidades.

As mulleres pasean na noite
cos seus mellores vestidos de follar...
¿podese dicir aquí follar?
Non sei do seu significado
pero sei da súa utilidade.

Un lobo matando
amando a unha muller
entre música oxidada.

Non meto a man aí
non sei o que vou atopar

e sigo camiñando
pola estrada violenta da imaxinación
e entérroche,
entérroche
ben fondo.

II

Óxido e tráfico
fluido
na avenida.

Un neno dispara contra o parabrisas
dos automóbiles.

UNHA POLÍTICA URBANÍSTICA PARA UN NENO

Tal vez
mañá ao mencer
poda regalarche esa palabra
que escorre entre as miñas mans
todas as noites.

III

Imaxinas
os ruídos
e os silencios
mal colocados
na nosa casa
ente as persianas...

É A NOSA VIDA

espertar e voltar a durmir

23 junio 2006

Gasolina

Fai algúns anos eu vivía en Compostela. Tiña un apartamento pequeno e todas as noites me emborrachaba. Normalmente en compañía de Tom Traubert e outra xente máis. Sempre amencía na rúa e ía almorzar xunto a Bandini que daquela traballaba nun bar. Despois marchaba a casa e durmía ata o mediodía.
Pola tarde escribía. Escribía moito. Poemas, relatos, ideas, curtas, diálogos, teatro, etc..
Tiven sorte e me publicaron un libro. Nunca pensei que o merecese, pero así foi. Recorrín o país co maldito libro presentándoo aquí e alá. Non estivo mal. Todas as noites regresaba a Compostela e seguía emborrachándome pola noite e escribindo polo día. Non era unha mala vida. Era unha vida.

Agora xa non vivo en Compostela. Dame igual. Alguén dixo unha vez que o verdadeiro fogar é o amor. É certo.
Agora xa non bebo polas noites. Tomo leite e miro o televisor.
Agora tampouco escribo. Levo anos sen escribir. Dicia un escritor xa morto que a bebida era a gasolina que precisaba para escribir. Non sei se será certo, pero incerto non era.
Agora estou estancado na tormenta e doulle de comer ao meu gato, vou ao supermercado e leo o xornal polas mañás. Son un home respetable e respetado na comunidade. As veces gustaríame incendiar a vila, cagarme diante da igrexa, e marchar sen pagar dalgún sitio. As veces gustaríame emborracharme con Traubert, almorzar con Bandini e escribir todos os días como antes.
Non é posible.
Sobrame respetabilidade. Fáltame Gasolina. Diesel, claro.

21 junio 2006

Grúas e Flores

Fai anos observaba esta paisaxe dende a miña fiestra. Moitas veces téñome achegado ata as grúas. Fumaba un cigarro baixo a súa base, ao lado do mar. Tiña a esperanza de que algún día deixaría de ver esas grúas dende a miña fiestra. Remataba o cigarro e bicaba a algunha rapaza. Teño levado rapazas ata as grúas a que desfrutaran da súa beleza. Nunca lles facían caso, ás grúas claro. Ás mulleres non lles interesa esas cousas: as grúas, os aceleradores, a economía... a min tampouco a verdade. Interésanme elas e as grúas nada máis.
Durante algúns anos, deixei de ver as grúas. Estiven fora facéndome un home. O malo diso, foi que me esquecín de facerme un home.
Anos despois regresei e as grúas aínda seguían agardándome. Estaban aí, de pé, como dúas torres que vixian a entrada da ría. Inamobibles.
Hoxe, como quén non quere a cousa, fun visitar as grúas. Levaba anos sen velas diante. Pensei que xa non estarían, pero aínda soportaban o paso do tempo e todas as mareas. Estas putas enterraranme.
Cheguei co coche e baixei. Observeinas. Acendín un cigarro. Non había sol nin rapazas. Estaba o mar, o meu coche e eu. Collín unha flor do chan e tireina contra a grúa. Creo que se moveu. Tremeu como treme a terra baixo os meus pes. Tireille unha foto. Esta foto. As grúas tremendo polo impacto dunha flor. Se vos fixades ben, verédelas moverse.
Mañá voltarei a plantar flores na base das grúas. Penso que é o mellor. En cuestión de días, as flores remataran por tiralas abaixo e eu por fin poderei marchar de aquí e non voltar máis.
Isto é o que penso. Grúas e Flores. E ti e máis eu.

20 junio 2006

Todo o Mundo ten Un Soño (Part.II)


Literalmente o título poderíase traducir por: "empuxando e vibrando". Ainda que persoalmente eu traduciríao por: "toma unha patada na boca para que movas o cú".
Realmente vexo poucos filmes de calidade, así que cando atopo un que merece a pena, gustame poder compartilo.
Non deixedes pasar a oportunidade de botarlle un vistazo. Merece moito a pena, sobre todo se tendes soños aínda por cumplir ...

19 junio 2006

Todo o Mundo ten un Soño


O Sábado, non foi sábado. Foi un luns, un domingo ou non sei... Tal vez foi debido a que o venres aquí foi festivo e ninguén traballou. De todos os xeitos, pola noite saín mollar a boca con velenos varios. Non estivo mal, pero tampouco estivo ben. Atopeime con Sande, o mesmo do fotoblog, que con novo look, faloume de soños, temores e perdedores. As cousas vanlle sair ben, seino. Despois marchei para casa e pensei nos meus propios soños. Todo o mundo ten un soño. Dende que temos uso de razón pasa pola nosa cabeza esa meta. No ámbito laboral, sentimental ou existencial, aparece o noso soño. O malo, e que poucas veces se cumple.
O domingo visitounos Casatlántica, que me falou de disputas veciñais, bebeu auga, e despois marchou de novo aos seus dominios.
Volvín pensar nos soños e despois quedei a durmir. Tiven un pesadelo. Non o recordo, pero sei que era un pesadelo. Bebin un vaso de auga e fumei un cigarro. Busquei o meu propio soño pola casa e rendínme.
Non foi ata a noite cando o vin todo claro. Puxen un película no dvd, Hustle & Flow e durante unha hora e cincuenta minutos disfruten de como, baixo as peores circustancias, alguén é capaz de alcanzar, por unha pequena marxe de tempo, os seus propios soños. Unha delicia de película.
Despois, durmín e xa non tiven pesadelos... tan só soños, so iso.

13 junio 2006

Tocando as Teclas

Chego ao traballo e o primeiro que fago e acender o ordenador. Eu non traballo con ordenador, pero estou todo o día aquí metido. Poño a funcionar o e-mule e observo que a "Dawn of the Dead" de Romero quédalle unhas poucas horas para rematar. Gustanme os zombis. Hoxe mesmo soñei con zombis. Despois dou unha volta polos blogs. Leo cousas novas e deixo algunha mensaxe. É fermoso e estúpido esto dos blogs; que mo digan a min. Despois vou á páxina da Voz. Nada novo; Mudial e máis Mundial. Dame igual. Cambio de páxina e achégome ata o foro de cine no que participo dende hai dous anos. Todo tranquilo. Poucas discusións. Non hai moito que dicir, non estrean grandes películas. Saio da rede e traballo un pouco máis nun relato. Levo tres días con el. Titúlase "Tres tipos bós". Trata de tres tipos que se atopan unha noite na cidade. Non se coñecen, pero compréndense. Iso é importante. Cada un a súa maneira é un perdedor. Gústanme os perdedores. Os tipos que triunfan na vida son aburridos. Non teñen segredos. Abúrrenme. Gústanme os tipos que detrás das persianas das súas casas agochan grandes ou pequenos segredos, miserias diarias. Coma ti, coma eu.
Deixo o relato e descargo unhas fotos da miña cámara. Algunhas sairon ben; outras sairon mal. Gárdoas e volvo á rede. Vou a IMDB e busco o título dunha peli que quero baixar. Atópoa. Vou ao e-mule e póñoa a descargar. Cinco días máis ou menos. Acendo un vantange. Miro para a rúa. Parece que vai chover. Si, efectivamente comeza a chover. Alégrome. Gústame que chova en Xuño. Iso fódelle moito á xente. A min dame igual.
Vou á paxina do Mundo e leo a columna de Carlos Boyero. Basura. Gústame a basura. Vou a Vieiros. Abúrrome. Vou a estrenosdivx. Non hai nada novo. Saio da rede. Sigo traballando nos Tres Homes Bós; xa non son tan bós.
Volvo á rede. Miro fotos de Angelina Jolie, miro fotos de Jennifer López, miro fotos de Evangeline Lilly... abúrrome. Demasiado fermosas.
Reviso o meu correo. Cinco correos do meu irmán. Tres de colegas. Novecentos Spams. Saio do correo. Teño fame. Marcho a comer. Pola tarde máis... e mellor.

08 junio 2006

El Circo del Desaliento


Como algún de vós sabedes o outro día estiven de aniversario. Foron moitas copas, moitos cigarros e moitos regalos... todos especiais. Un deles, foi o do Sr.Rubín, que tivo a ben regalarme o seu libro: "El Circo del Desaliento".
Lino en dúas noites, que é cando hai que ler este tipo de libros... nas noites. Nada máis abrir as páxinas, atopeime cun golpe directo no nariz... unha ostia ben dada; como se teñen que dar as ostias. Despois, na seguinte historia, levei outra ostia máis, esta vez foi un gancho. Non teño que explicar que todas as historias do libro foron ostias e máis ostias directas ó cerebro. Unha boa paliza literaria que me tivo atrapado dúas noites.
As historias de El Circo del Desaliento son HISTORIAS con maíusculas. Retazos da vida de homes e mulleres abandonados pola fortuna. Tipos que vemos todos os días na rúa e que, por outra banda, nunca nos paramos a observar.
As historias de El Circo del Desaliento son declaracións de amor sinceras e directas como as que moitas veces tivemos que padecer e defender.
As historias de El Circo del Desaliento son puñetazos contra a estupidez humana, contra eses tipos que non saben mirar á dor ós ollos, contra a barbarie e contra o desamor.
El Circo del Desaliento podería ser un libro que trata do mesmo que miles de libros máis, se non fose por un pequeno detalle: está narrado cunha sinceridade da que a gran maioría dos escritores carecen.
Unha marabilla en definitiva.
Non teño máis que aplaudirche Rubín: ¡¡Plas-Plas-Plas!!
Saúde

05 junio 2006

Dous títulos


Baseada na xenial novela "Factotum" e en varios relatos máis da obra de Charles Bukowski, este filme achéganos á vida de perdedor do alter ego do escritor, Hank Chinaski. Do filme, cabe destacar por encima de todo, a marabillosa actuación de Matt Dillon no papel de Chinaski, e a ambientación de casi todo o filme...
Unha película que os fans do escritor agradeceran e saberan disfrutar.
Se podedes vela en versión orixinal non deixedes pasar a oportunidade... merece a pena.



O seguinte filme "American Splendor", tamen nos achega á vida de perdedor de outro creador, Harvey Pekar, autor do cómic underground "American Splendor"
O filme, cun ton entre ficción e documental, mostra o proceso de creación da propia película, do libro e da vida de Pekar.
Unha película orixinal na sua concepción e cun magnífico traballo de Paul Giamatti no rol de Pekar.
Seguro que non vos deixa indiferente.

Xa sabedes, estes días de calor e tristeza, se non queredes ir á praia a comer area e aturar a nenos pequenos e vellas, recoméndovos que merquedes cervexa fría, tabaco e pechedes as fiestras para afondar na vida destes dous creadores especiais mentras agardades que volva o inverno.
Saúde

01 junio 2006

28


Penso que xa o comentei un par de veces. Cando era neno pensaba no meu futuro e vía moitas posibilidades: Arqueólogo... actor... director... escritor... vagabundo... xornalista... gigolo... e un longo ecétera de ocupacións máis ou menos atractivas.
Mañá, 2 de xuño (ou hoxe para os que o leades este propio día) chego a conclusión (cousa que xa sabía) que non quero ser nada diso. Teño outro desexo maior e imposible... voltar a ser neno.

P.D Os que pasedes o sábado por Cée estades invitados a unha copa... saúde

29 mayo 2006



"Todas as especies cometen asasinatos. Os animais matan a outros animais para sobrevivir. Nós tamén matamos animais... matamos animais, matamos especies enteiras; matamos rios, matamos océanos e matamos selvas... pero chamámoslle industria"

Natural Born Killers, 1994

Luns Tarde Escoitando Marilyn Manson e Cagándome en Todo... Todo.

26 mayo 2006

Anxos e Retretes

Hai un ano máis ou menos caeu nas miñas mans un libro, o cal non sabía que era un best-seller. Lino en tres ou catro días e pareceume unha chorrada moi mal escrita. Recoñezo que a historia enganchoume e certas cousas parecéronme orixinais, pero, repito, estaba tan mal escrito que pensei que un analfabeto estaba intentando convertirse en escritor. O libro en cuestión era "O Código Da Vinci" do carallo. Supoño que me ocorreu o mesmo que a dez millóns de persoas deste maldito planeta. Cousas que ocorren.
Onte, sen nada mellor que facer, un anxo e eu fomos ao cine (como outros dez ou quince ou vinte mil millóns de persoas no mundo) a ver a adaptación cinematográfica do libro en cuestión. Aos quince minutos de comezar a película, pensei que ostias estaría facendo Tom Hanks neses intres, mentras eu, e o meu anxo, viamos a sua infumable película. Cousas mellores, pensei; iso seguro.
A película é infumable, tediosa, infantil, estúpida, prepotente, falta de ritmo narrativo, tópica e tres millóns máis de adxetivos que non me apetece enumerar.
De todos os xeitos, rematei de ver a película e, mentras os meus concidadáns saían do cine, quedei a ver os créditos finais. Sen sorprenderme, na producción executiva atopei o nome de Dan Brown (o analfabeto escritor) e pensei que estaría facendo neses intres mentras eu vía os títulos de crédito do seu infumable proxecto. Soubeno de súpeto: estaba na súa casa da costa Este contando a morea de cartos que lle caben na caixa forte. Un tipo listo, pensei.

Hai un par de meses, caeu nas miñas mans outro libro do millonario señor Brown, chamado Anxos e Demos. Unha novela anterior ao Código. Tirena pola casa e alí estivo todo este tempo... ata onte. Tiven curiosidade de por qué a mala literatura vende e as cousas de calidade, púdrense nas estanterías das librerías. Non o sei a verdade, pero quero averigualo.
Sei que é dun masoquismo atroz, pero vou ler a novela esa dos Anxos e os Demos do carallo para intentar esclarecer a cuestión da relación entre as vendas e a calidade literaria. Un ao que lle gusta sufrir, pensaredes... pois si.

Unha cousa... como non creo que a novela teña a suficiencia calidade para meterse na miña cama, vouna ler a modo, moi a modo. Cada vez que visite o retrete, lerei unhas liñas escritas polo millonario señor Brown, e así, tal vez, poda cagar a gusto.
Saúde

22 mayo 2006

O Código Da (174 mill.€) Vinci

O libro era malo, malo, pero que moi malo de dios... a película non a vin (nin presa que teño)pero na primeira fin de semana en EE(idiotland)UU recaudou 174 millóns de euros. É a segunda película máis taquillera da historia do cine na fin de semana de estrea... isto da que pensar: Vivimos nun mundo de imbéciles borregos alienados, aínda que iso é unha cousa que xa sabiamos... ¿ou non?

18 mayo 2006

Puta Banca


Era hora de que alguén comezara a darlle caña a eses malditos fillos de puta. Agardo que pronto, o exercito Boliviano entre nas oficiñas do B.B.V.A a recuperar o seu. E se se poñen gilipollas... pum pum pum...
Nas proximas eleccións nacionalízome boliviano e voto a Evo... amén.

12 mayo 2006

Café Agosto

Aqui vos deixo este Café Agosto, conto inmoral e tranquilizador dun bó amigo (o mellor diría eu) que tivo a ben prestarme para este infernal blog. Que o disfrutedes como o disfruten eu. Saúde.
CAFÉ AGOSTO

Desperté a las seis y cuarto de la mañana. Las sabanas se me habían pegado al cuerpo y tenía el cabello empapado de sudor. Observé el lado izquierdo de la cama: ella dormía tranquilamente como si no tuviera ningún problema en la cabeza. Una suerte, pensé.
Me levanté y me dí una ducha fría. Era agosto. Las seis y cuarto de la mañana de un sábado de agosto y ya estábamos a veintitrés grados. Odiaba ese maldito calor pegajoso que se adhería a la piel y no te dejaba respirar. Pagaría por estar en Alaska o cualquier otro lugar del planeta donde el sol no te calentara hasta gritar. Cualquier otro lugar menos este maldito pueblo costero donde estabamos pasando unos días de vacaciones. Odio trabajar, pero también odio las vacaciones innecesarias en pueblos estúpidos donde no se te pierde nada. Aún no comprendo la razón que nos trajo a pasar unos días en este lugar. Supongo que fue ella quién decidió que al lado del mar los problemas desaparecerían como por arte de magia. Qué estupidez.
Salí de la ducha y me vestí de manera informal intentando que el calor no atravesara mi ropa y acabara con mi pálido cuerpo: un pantalón de lino, una camisa blanca de algodón y una gorra deportiva. Me calzé unas sandalias negras de piel y cogí mis Ray Ban; doscientos pavos en aquella tienda del centro de la ciudad; una gran compra; dos años y no tienen ni un rasguño.
Bebí un vaso de agua y abrí la puerta de la casa; una bocanada de aire caliente me cogió desprevenido en el jardín y me empapó de arriba abajo. Era insoportable. No había nada que hacer contra este maldito calor. Tuve el impulso de volver a entrar en la casa y darme otra ducha, pero era una estupidez, al salir de nuevo a la calle comenzaría a sudar de nuevo.
Me monté en el coche y miré la hora: las siete y cinco.
No sabía que hacer. Llevabamos tres días en este pueblo y, aunque era pequeño, no conocía casi nada. En estos tres días habíamos ido a la playa dos tardes, habíamos cenado en un restaurante a dos calles de la casa que habíamos alquilado y habíamos hecho tres veces el amor: dos en la habitación principal y una en la cocina. Eso era lo único que conocía del pueblo: la casa, el restaurante y la playa.
Tenía hambre y ganas de café. Miré mi cara en el espejo retrovisor; estaba sudada y tenía los ojos hinchados. Mala cara imbécil, me dije.
Arranqué el coche y conduje por las calles casi vacías del pueblo. Los pocos cafés y comercios que poblaban las calles aun estaban cerrados. No había mucha gente caminando y tan solo un coche de reparto se cruzó conmigo.
Cogí la dirección de la playa; creía recordar que la última tarde que fuéramos pasáramos por un café al lado de la carretera.
Conduje tres kilómetros por la costa, siguiendo el perfíl marcado por el mar. El sol se levantaba poco a poco y su color amarillento se intensificaba a cada minuto. Odiaba el sol: su color, su aura de astro rey, su luz amarilla, anaranjada, rojiza… pagaría por despertar frío y desnudo en un iglú. Eso sería perfecto.
Observé como un yate permanecía fondeado en la costa. Era un barco grande y lujoso, con un radar que coronaba su techo. Las olas pasaban tranquilamente a su lado y este ni se inmutaba, seguía flotando perfectamente acunando a sus adinerados moradores.
A lo lejos ví el café. Estaba a la derecha de la carretera, en un descampado de tierra con una palmera a su lado.
Puse el intermitente y aparqué justo enfrente, al lado de una furgoneta blanca. La puerta estaba cerrada con una verja anaranjada. Apagué el motor del coche y dejé mis manos en el volante. Observé el cartel del mismo color que la verja; estaba roto en una esquina y parecía que iba a caer de un momento a otro. Café Caribe. Vaya nombre, pensé.
Había un cartel pegado en la puerta que seguramente era el horario del local, pero desde el coche no era capaz de leerlo, y hacía demasiado calor como para abandonar el climatizador del interior de mi ford.
No hice nada, me quedé allí sentado con las manos en el volante observando la verja anaranjada y el cartel roto y medio descolgado.
Tenía hambre y ganas de café pero no sabía a donde ir. Tres o cuatro kilómetros al norte del café, estaba la playa a la que habíamos ido las últimas tardes, y más allá, no sabía lo que había. Dudaba si habría otro pueblo o por el cotrario seguiría la carretera cientos de kilómetros hasta el fin del mar. Además, no tenía ganas de seguir conduciendo atrás del sol hasta encontrar un maldito café abierto.
Decidí quedarme allí hasta que abriera el café.
Pensé si ella se habría levantado ya. Lo dudaba mucho. La noche anterior había estado bebiendo vino hasta las tres de la mañana y cuando se metio en cama estaba más que borracha. Se había bajado dos botellas y media de vino mientras veía aquella estúpida película en la televisión. Yo desde el otro sofá, la observaba rellenar su copa y encender marlboros cada cinco minutos. Me aburría la película, así que había puesto en la cadena musical un disco que encontrara por la casa y me había tumbado con los auriculares en el sofá. De vez en cuando ella miraba para mi y se reía con las estupideces de ese actor de pacotilla. Que estupidez.
No supe reconocer quién era el grupo del disco; lo había encontrado tirado en el garaje de la casa, pero no tenía funda y las letras del propio disco estaban rayadas. Tan solo pude descifrar una M y una W. No estaba del todo mal. El tio que cantaba tenía la típica voz rota de bajos fondos, aunque seguramente viviera mucho mejor que cualquiera de nosotros, eso seguro. Tendría que acordarme de buscar en la red cuando regresaramos a la ciudad, músicos que contuvieran las letras M y W; seguro que no hay tantos.
Cuando acabó la película, ella se levantó del sofá y se metió en el cuarto. Yo acabé de escuchar el disco y despues lo puse de nuevo. Despues me quedé dormido y desperté a las cinco de la mañana empapado en sudor. Me quité la ropa y fui a la habitación. Ella estaba tumbada en la cama desnuda y las sábanas estaban revueltas tiradas en el suelo. Me tumbé a su lado y la escuché respirar; respiraba como una borracha. Le metí la mano en el culo y ella lo apretó contra mí. Poco a poco se la fui introduciendo dentro y la golpeé con fuerza hasta correrme. Al terminar, me dí la vuelta en la cama y ella tosió. Me dormí cinco minutos despues.

Encendí la radio del coche y me sequé el sudor de la frente. Observé como el sol había pasado de amarillo claro a amarillo intenso. Eran las siete y cuarenta y cuatro de la mañana. Tenía hambre y ganas de café. Maldije las malditas vacaciones y los pueblos costeros que no tienen cafés que abran temprano como en la ciudad.
Abrí la ventanilla y escupí fuera. Me fijé que en la furgoneta había una mujer. Miré para otro lado y cerré la ventanilla. ¿Llevaría todo el rato ahí?. Volví a mirar para ella y me sonrió. ¿Qué hacía ahí esa mujer?. Apagué la radio, abrí la ventanilla y le grité:
—¡Hola!
Ella me sonrió de nuevo y se estiró para abrir la ventanilla de acompañante.
—Hola —dijo secamente. Debía tener sobre veinte o veinticinco años. Era rubia y de tez pálida.
—¿Esperas que abra el café? –le comenté.
—¿Qué?
—¿Si estás esperando que abra el café?. Yo llevo aquí un buen rato esperando, pero no sé a que hora abre. –sonreí.
—Abre a las ocho – me contestó secamente.
—Ah, si. ¿Cómo lo sabes? ¿Vienes a menudo?
—Si, vengo todos los días a las siete y media…
—¿Todos los días? ¿En serio? ¿A qué?
—A sentarme aquí hasta las ocho que es la hora en la que tengo que abrir el café.
—¿Tu trabajas aquí? ¿Abres tu el café? – dije sorprendido y aliviado.
—Si, yo abro el café, pero aun tienes que esperar diez minutos.
Miré el reloj del coche. Eran las ocho menos diez. Sonreí. Le dí las gracias y cerré la ventanilla. Ella cerró su ventanilla y puso las manos al volante. Se quedó mirando fijamente la verja anaranjada del café y yo hice lo mismo.

08 mayo 2006

Ponme a última tio...

O venres estiven moito tempo con Henry sobre o meu peito. Respira tan a modo e con tanta inocencia que me trasmite toda a paz que non atopo noutros lugares do mundo. Xa na noite, achegouse o meu amigo Marlon "Blando" a cear a casa; trouxo costilletas de cordeiro e viño. Rematamos a noite "pimplados" vendo os premios da música e disertando sobre que cantantes nos gustaría matar primeiro. Gañaron "El Canto del Loco" e "La oreja de Van Gogh".
Todo isto foi o preludio do sábado noite, onde Marlo Blando, o Negro e eu rematamos máis que borrachos observando como amanecía o día sobre os estúpidos edificos desta vila. Estivo ben; falamos de todos os estúpidos que mataríamos se tivesemos unha ametralladora desas que levaba Johnny Rambo. O sábado, na nosa mente, morreron máis de trescentas persoas acribilladas a balazos.
Despois, bebemos cincuenta chupitos de Napal... a nosa bebida preferida.
Todo iso foi un preludio do que máis me gusta dos domingos. Ter a Henry contra o meu peito dándome toda a paz que non atopo noutros lugares.
Foi o mellor da fin de semana; iso e matar a tanta xente.

05 mayo 2006

03.51h MADRUGADA – INTERIOR

Estou intentando durmir tan só cuns calzoncillos vellos e coas mantas tiradas no chán. Non teño frío, pero aínda así, teño a necesidade de taparme. Taparme ata a cabeza e durmir dunha santa vez.
Polo contrario, o que fago e erguerme da cama e ir ata a cociña. Miro pola fiestra. A cidade está tranquila como naquela película francesa. Sírvome un vaso de auga do grifo. Métome un par de pirulas na boca e bebo. Respiro forte e regreso á cama.
Dou voltas e máis voltas. Sudo e non dou durmido, así que me sento na cama e acendo un cigarro. Fúmoo. O cigarro séntame mal e teño gañas de botar toda a cea fóra. Vou ao cuarto de baño, póñome de xeonllos e abrazo a taza do báter. Bótoo todo. Remato e límpome con papel perfumado de cor rosa. Gústame a sensación do papel perfumado na miña boca. Estou cachondo e penso na camareira do Star. Desafógome dentro da taza do báter e límpome co mesmo papel rosa. Observo todo o que xuntei dentro da taza. Tiro da cadea e volto á cama.
Intento durmir de novo e por fin o consigo. Comezo a soñar. Soño cun enorme dragón de cor verde con cara de avestruz que entra desbocado nun estadio de fútbol, onde cinco mil persoas desfrutan dun concerto dos Rolling Stones. Morre moita xente.
Deixo de soñar.

27 abril 2006

Recomendación Cinéfila: Old Boy


SEN PALABRAS: IMPRESIONANTE

01 abril 2006

Ser e Estar


Éramos novos. Bañábamonos antes da tormenta e baixo a auga, escoitábamos o silenzo do tempo suspendido no ar. Éramos os máis grandes. Despois, conectábamos o secador e mudábamos a cara; exactamente, poñíamos cara de sábado e entrábamos de cheo no ollo da tormenta. Así éramos.
Camiñábamos como Tonny Manero nas rúas dos setenta e acendíamos os nosos chesterfield contra o vento e a choiva. Era o mesmo. Non había nada que poidera con nós.
Entrabamos a paso de xigante nos locais máis mundanos e pedíamos litros de cervexa para mesturala coa sota, o cabalo e o rei; o que gañaba, pagaba. Asi éramos.Ninguén perdía e todos gañábamos.
Seguíamos camiñando baixo as cancións de moda daquel tempo. As nosas cancións... as nosas estúpidas cancións da época. Despois, perderse na barra como auténticos cabróns. Botábamonos as cousas á cara e ríamos por ser tan imbéciles. Eu ría máis que ninguén... era o máis imbécil, e gustábame.
Pedíamos tres rondas para non perder o tempo e nunca invitábamos a ninguén. As mulleres non miraban para nós, e nós, mirábamos para elas de tal maneira que sempre remataban falando con nós. Éramos novos e persuasivos. Elas, virxinais e influenciables. Todo era perfecto.
Cambiabamos de local e personalidade co paso da noite e cada vez máis mulleres miraban para nós. Seguian a ser virxinais e puras, pero estaban borrachas. Nos éramos novos, e algunhas delas xa non o era tanto. Gustábanos. Novos con divorciadas. Sentíamonos verdadeiros homes adultos imbéciles. Todo un orgullo.
Soaban máis cancións de moda e a nós xa non nos importaba. Éramos novos.
Remataba a tormenta e chegaba a calma. Sentados fronte o mar. Sempre á beira do mar. Falábamos do divino, do humano, delas, de nós, do mar...
Éramos novos. Agora non.
Agora penso na indiferencia que provoca o tempo. Nas pequenas diferencias.
Ser e estar
Ser e estar
Ser e estar..

Fun e estiven... sempre.



29 marzo 2006

Apocalypse Please


Día inservible. Érgome mollado e as malas novas recorren o meu corpo como acostuman. Teño e non teño traballo. Penso na fama. Penso nos estúpidos e estúpidas que coñezo. Penso no funcionamento do corpo humano... e deixo de pensar. Miro para a rúa. Chove e ninguén pasea, nin camiña, nin conversa. Escóndense no Centro Comercial e dan voltas. Non os culpo... de donde non hai non se pode quitar.
Acendo un cigarro no meu escritorio e decidome a ver unha película. Hoxe toca de guerra... de guerras interiores, de grandes batallas por non chegar a comprender este mundo... apocalypse... please.

25 marzo 2006

Sabado mediodía


Os Sabados son estúpidos como os demais días da semana. Abúrrome. Dicían por aí que aburrirse é de homes sabios... non o creo. Penso que aburrirse é un mal da sociedade de consumo. E eu, como un consumidor máis, actúo como un ser meramente capitalista: Como sentado no sofá, fumo un cigarro, tomo café, xogo a Play, fumo outro cigarro, poño os pés enriba da mesa, continuo coa Play, poño música, falo polo móbil,etc...
Despois arrepíntome de facer todas estas cousas, sobre todo xogar á Play e meterme na pel de Sam Fisher, un axente da CIA en misión secreta na embaixada de China.. un cabrón. Mátanme cen veces por partida, pero non me da lástima o moi fascista.
Fumo outro cigarro e miro pola fiestra. Chove. Pagaría por non ter que traballar os sábados pola tarde. Aturar á xente e as súas estupideces. Noxento.
Pagaría por quedar na casa toda a tarde matando chinos comunistas e fumando cigarros.
Son un capitalista.
Como todos.

23 marzo 2006

Easy Riders, Raging Bulls


Dende hai tempo non dou atopado un libro de ficción que mereza a pena.Non é coña. Case todo o que se publica hoxe en día paréceme basura literaria. Historias estúpidas sobre xente absurda que non existe neste mundo. Non o soporto. Así que ultimamente paseime ao xénero... non sei como chamarlle... o xénero da realidade-cinematográfica-infundanda-absurda-recopilatoria. Poderíamos chamarlle así. Aínda que para ser máis exactos poderíamos chamarlle "libros de cine" ou "libros biográficos sobre cine". O último que merquei, carísimo por certo, foi "Easy Riders, Raging Bulls" ou o que é o mesmo: "Moteiros tranquilos, Touros salvaxes". Un percorrido biográfico polos directores de cine máis importante da época onde se facía cine arriscado e verdadeiro: os anos setenta. Sei que hai cine moi interesante noutras épocas e noutros países sen ser este, pero o caso do que falo agora son os anos setenta nos EE.UU.
O libro, dunha maneira novelada, conta as correrías (alucinante) de directores descoñecidos naqueles anos, e hoxe moi coñecidos, como: Francis Ford Coppola, Martin Scorsese, Bob Rafelson, George Lucas, Peter Bogdanovich, William Friedklin, Steven Spielberg, e un longo ecétera. Anos nos que estes tipos suspiraban por facer unha película antes de cumplir os trinta anos. Algúns o fixeron e triunfaron; outros algo máis tarde e non triunfaron tanto. Pero se había algo que os unía a todos era: a ilusión por facer cine-guerrilla aproveitandose dos grandes estudios, as drogas, os grandes guións, as festas, e sobre todo, os dólares.
Coppola antes de cumplir os trinta era millonario. E coma el, Spielberg, Lucas, etc...
Aí estivo a súa perdición. Case ningún deles voltou facer unha boa película despois de verse rodeado de dólares, grandes mansions en Beberly Hills, coches potentes e comida abundante.
Dín por aí que para facer cine hai que ter cartos. Non o discuto, pero penso que para facer cine o primeiro e ter ilusión e necesidade.
Se algún de vós quere saber algo máis do cine dos setenta, pode facer dúas cousas: quitar da carteira 25€ e mercar o libro, ou case mellor, ver as grandes películas que se fixeron neses anos. A lista e longa e marabillosa: French Connection, Tiburón, American Graffiti, Malas Calles, Taxi Driver, The Godfather, Apocalypse Now, Easy Rider, The last Movie... ect..
Xa sabedes: Un pantalón de pata de elefante, colares de contas de cores, e a disfrutar de bó cine.
Non é un consello, é unha orde.
Saúde

22 marzo 2006

O Retorno

Despois de un mes e pico de retiro forzado, volvo a este blog maldito con aires renovados pero sen forzas. En breve publicarei algunha cousiña para ir retomando de novo a costume de escribir a diario.
Agardo que todo fora ben mentras non estaba.
Saúde e ata pronto

19 febrero 2006

MúsicasMinúsculas

Esto da rede serve para moitas cousas.... entre outras moitas para poder disfrutar de grandes cousas. E por iso que vos animo a todos a entrar en www.casatlantica.castpost.com e desfrutar do grande(non en tamaño pero si en calidade) que casatlantica ideou e montou con non pouco esfeorzo.
Rosalía e Joy división unidos na imaxe.
Parabens Casatlántica

14 febrero 2006


VIVIR EN LAURA II
POESÍA EN CIDADE PROFUNDA

1


Hoxe é luns
Noite de luns
E nalgúns paises
Hai retransmisións deportivas
Como Monday Night Football
Que adoito ver
Dende
As antenas
Do lado das estrelas
No patio de luces

ABÚRROME

Miro o proceso de crecemento da miña barba.
Xa a podo coller dos dedos
Sen límites
Sen límites de amplitude.

Saio á rúa
E o frío inunda os pulmóns
COMO EN BERLÍN

BERLÍN de Laura agora.

Quedo no portal
E observo a cidade iluminada.
E bonito o desterro nunha cidade descoñecida
E toda esa luz
Alá
Ó fondo.




2

Hoxe é martes
Pero para mín é o mesmo
Todos os dias iguais

SEMANAS E MESES

Fago diversas cousas pola casa
E decido non xogar máis a CIDADE PROFUNDA
Sempre me perdo en Laura
Sempre Laura
Sempre Laura

Dexesaría que estivese morta
Para poder escribir algo bó
Como
MORRER EN LAURA

Non é o caso.

03 febrero 2006

VIVIR EN LAURA
(POESÍA EN CIDADE PROFUNDA)




¿Cómo perdurar, atar a posesión recíproca, se se amaban nun
equívoco monstruoso, no fío dun soño?
X.L Méndez Ferrín
“Morrer en Laura”

0

Como diría Holden: Se de verdade queredes entender esta historia
debería comezar polo princípio.
Debería falarvos de Laura
De Laura e de mín…

1

Eu vivía en Laura
e laura vivía ao meu lado
na casa máis acolledora
de todo o bloque…
coas persianas verdes oxidadas
que ás veces
tan só as menos veces
nos deixaban ver as estrelas
no ceo do patio de luces.

Eu vivía en Laura ben barbeado
e Laura facía moitas cousas por mín.
Laura facía a comida para os dous
e case sempre eran fabulosas comidas quentes,
receitas milenarias sacadas dos máis estranos libros
que atopaba na biblioteca municipal…

Así era Laura…
Ás veces
tamén enchía a bañeira de auga e xabrón
e metíamonos os dous dentro
a ver pasar o tempo;
despois ela,
mentras me tocaba cunha man baixo a auga,
tamén me barbeaba coa outra;
Laura poñía espuma no meu rostro obsesivo e
despois, cunha coitela ben afiada,
deslizaba todo o seu encanto pola miña cara
como se nacera para facer iso.

Dicíao diante da xente:
Nacín para barbear caras fermosas.
Así era Laura

Outras veces, case sempre en domingo,
Laura tiraba de mín e me levaba a pasear pola cidade.
Moitas veces os nosos paseos
remataban no parque da cidade
á beira dos ameneiros e preto do río
onde ela,
primeiro me contaba un segredo do seu pasado
e despois bicábame con amor
sempre con amor.

Así era Laura.

Os martes Laura sempre me levaba ao cine
quixera eu ou non.
Non podía ser calquera filme,
pois ela non podía ver ningún que tivera actores famosos.
Ela odiaba aos actores
e tamén odiaba o cine.
¿Qué é o que che gusta Laura?
As fermosas historias que contan.
Unha boa etapa
na que aprendín a desfrutar do cine
que se facía en lugares
máxicos e remotos
como
corea
xapón
rumanía
serbia
islandia
afganistán
iran
e outros lugares que non lembro.

Despois do filme
Laura e eu tomábamos café, té e whisky
nos locale próximos,
ata que, xa borrachos,
marchabamos ao parque
a facer o amor baixo os ameneiros,
ao lado do río
entre os excrementos dos cáns.
COMO DOUS ACTORES SECUNDARIOS
COMO DOUS AUTÉNTICOS SECUNDARIOS

Así era Laura
E eu.

02 febrero 2006

Fear & Loathing in L.A


Chegaron as nominacións ós Oscars do país das marabillas. Todo o mundo dí que os Oscars lle importan un carallo, pero despois nas colas dos cines escoitas: "imos ver esa, que levou vintetrés oscars". Estúpidos humanos.
A mín gústanme os Oscars. Atráeme a idea de ver tanto e tanta xente estúpida paseando por unha alfombra vermella e sorrindo. Tipos esmoquin e fulanas de tiros longos erguendo a man e saúdando ós mortais que tiran mil fotos por segundo cos seus teléfonos móbiles. É un fermoso espectáculo. Divino diria eu.
Falando estrictamente das películas, penso que esta edición vai ser unha das máis interesantes. Tamén é verdade que faltan películas moi boas nesa lista: Match Point, A history of violence, Broken flowers... etc. Pero aínda así hai algunha nominación que me parece moi axeitada.
De todas as películas, quédome sen dúbida con Crash; fime coral e violento sobre o ir e vir de varios personaxes pola cidade dos Ánxeles (non en brión, senón en California). Ten varias nominaciones, entre elas, mellor filme, mellor director, mellor guión, mellor actor secundario (Matt Dillon) e algunha máis. Alégrame sobre todo por Matt Dillon, actor difícil que non sempre elixe grandes proxectos Ultimamente lin unhas declaracións súas nas que dicía:"Non teño unha lexión de avogados, non estou obsesionado pola forma física, non me interesan os megataquillazos sen fondo... e non pertenzo a ningunha secta. Prefiro ler libros, levar unha vida privada, saír cos amigos, escoitar música, abandoar a relixión, ver baloncesto e facer filmes como Crash. Gañar cartos non me intersa, non son Tom Cruise".
Se isto que dixo, é certo, pois chapeau por el. Un gran tipo sen dúbida. Aínda por riba, na súa última película "Factotum" métese na pel do gran Charles Bukowski. E na súa boca:"Considero que estiven preparándome 27 anos para este papel. Bukowski foi unha das miñas lecturas de cabecera. Devorei a súa obra e me fascinou a brutalidade iconoclasta e o humor".
Un bó actor. Que teña sorte e se pensa así, en vez de entrar no Kodak Teather pola alfombra vermella que entre pola porta dos servicios, como todos os perdedores do mundo.
Xa veremos o cinco de marzo.
...and the oscar go to...

28 enero 2006

5 Manías e 1 esperanza

Aínda non sei moi ben o motivo que lle dou ós blogueiros coas manías. De todos os xeitos paréceme unha boa iniciativa para que saibamos que en cada casa hai alguén máis raro que ti.
Ahí van as miñas entón.

1/ Ó espertar polas mañás sempre teño que cagarmeendios un par de veces antes de lavar a cara. Evidentemente fágoo mentalmente, pois senón a miña "compañeira" pensaría que estou máis tolo do que xa pensa que estou.

2/Se estou nun bar, ou nalgún lugar onde haxa xente, sempre elixo a unha persoa ó azar e invéntome a súa vida. Fíxome na súa forma de vestir, actuar, a maneira de beber o café e ese tipo de cousas e imaxino como será a súa vida, o seu traballo, a súa forma de ser. Sempre acerto, é un don.

3/Outra estúpida manía é que antes de comezar a ler un libro, sempre leo a primeira palabra do libro e a última e xúntoas. Se teñen sentido é que o libro vai ser bó, senón teñen sentido o libro vai ser basura coma sempre. Sempre acerto, é un don.

4/Cando teño que ir algún sitio tipo: un recital de poesía, un concerto, unha viaxe ó estranxeiro, etc... sempre me doe algo: a cabeza, o estómago, teño gripe ou baixame a regla. Teño ese don de estropear os plans da xente que está comigo... como digo, un don.

5/ Como última manía (hai cen mil máis) direi que ultimamente teño a maldita manía de non ser capaz de quedar durmido senón vexo a televisión. Teño que quedar durmido mirando a televisión a toda voz, senón non collo o soño nin de coña. Antes quedaba durmido lendo, ou pensando, ou soñando, pero agora tan só a estúpida televisión é capaz de facerme durmir. Outro don.

1 esperanza/ Que nos próximos anos estas e todas as demais manías (e as vosas) se convirtan en virtudes. Somos iguais por que vivimos no mesmo espazo, e somos diferentes por que miramos o mundo con diferentes prismas. As nosas manías é o único que nos diferencia entre nós.
E iso tamén é un don.

24 enero 2006

Os Dias Interminables

Nestes días, nos que o ocaso da vida achégase anticipadamente. Estes días nos que vexo conspiracións inmobiliarias, terrorismo do chan en cada recuncho de cada rúa, de cada vila, de cada cidade, de cada país. Días nos que a miña mente funciona a cinco mil revolucións por minuto e ninguna delas (das revolucións) triunfa na miña cabeza. Días nos que o sol xa non sae no patio de luces de ningún periférico, nin alumea os amenceres de determinados individuos… días nos que xa non hai sol… días interminables na miña cabeza que, como dixen, vai a velocidades terroríficas das que eu non podo agardar máis que pesadelos e algún que outro desvarío periférico. Días Interminables. Non sería un mal título para algunha das catrocentas novelas que teño escritas na miña cabeza ( e neste ordenador). Días Interminables… non sería un mal título para unha película protagonizada por Michael Madsen, Mickey Rourke, Faye Dunaway e Sean Penn. Días Interminables tampouco sería un mal título para unha canción escrita a medias por Morrison e Manzarek baixo o sol das praias de Venice.
Pero hoxe, Días Interminables tan só é un título para adornar este post, deste blog, desta persoa, coa mente a cinco mil revolucións por minutos, e ningunha triunfa.. ningunha.

Nestes días interminables, nas que as estanterías das librerías nas que eu non entro, están cheas de libros sobre códigos secretos, xogos de rol nas noites das cidades universitarias, davincis asasinos e francmasones, cadros que se perden na guerra civil, heroes medievais, conspiracións para derrocar réximes dubidosos, e demais novelas históricas-detectivescas-misteriosas-chorras… non podo máis que recordar a eses escritores magníficos, prepotentes, excesivos… que contaban os días como se fosen o último. Todos os seus días (interminables) cheos de penurias económicas, sentimentales e vitales. Esas son as verdadeiras historias que deben cubrir as páxinas das novelas que venden nas librerias. Novelas nas que as conspiracións son por parte dos xefes ou encargados de almacén… os xogos non son de rol, senón sexuais… os francmasones están mortos e enterrados… os cadros están nas galerías de arte ou ardendo no lume… os heroes son os que sobreviven ó fin de mes… grandes historias cotiás que me levaban a soñar todas as noites coa maxia de cada páxinas.


Escritores por citar tan só algúns, como Henry Charles Bukowski e “A senda do perdedor”. Magnífica novela sobre a condición e a estupidez humana. Chin-chin amigo.

Escritores como Jack Kerouac e “ No Camiño”. Viaxe apocalíptico e de aprendizaxe no que nada é de verdade e todo é mentira. Entre ti e máis eu habita un río, como dicía alguén.

Escritores como J.D Salinger e “O vixía no centeo”. Unha das máis grandes historias de perdedores xamais escrita neste planeta. Holden está en todos…

Libros que xa non encontro nas librerias nas que eu non entro… libros que leo unha e outra vez para darme conta de que nada disto é un soño… senón que é tan real como unha novela… máis ou menos.

23 enero 2006

Erguerse cedo. Ducharse. Tomar café. Ir ó banco. Suspirar. Ingresar. Camiñar polas rúas desertas. Traballar. Traballar. Traballar. Ir a casa. Comer. Fumar. Tomar café. Mirar o telexornal. Desconfiar. Suspirar. Camiñar polas rúas desertas. Traballar. Traballar. Traballar. Ir a casa. Poñer a calefacción. Suspirar. Cear. Mirar o telexornal. Desconfiar. Suspirar. Fumar. Ver unha película mala. Suspirar. Meterse na cama. Ler un libro. Durmir. Soñar. Soñar. Soñar…
Soñar con… erguerse cedo. Ducharse. Tomar café….

17 enero 2006

Acariciame un gancho


Xa non hai respeto. Estou ata o carallo. Hoxe en día todo ten que ser politicamente correcto; todo ten que basearse no respeto cara a todo… incluso cara ós que non teñen respeto por ti. Unha cousa noxenta.
A min encántame o boxeo… moito. Sempre me gustou. Gústanme os libros de boxeo (F.X Toole), as películas de boxeo (Toro Salvaje, Rocky, Million Dollar Baby…), os documentais de boxeo… e como non, gústanme os combates de boxeo.
Fai anos botaban a miudo combates de boxeo pola televisión. Recordo incluso ó director de cine José Luis Garcí (admirador deste deporte) comentar combates en Canal plus. Pero hoxe en día xa non botan combates na televisión, a non ser nalgunha canle de pago tipo eurosport. E iso fódeme bastante. Estou ata o carallo do fútbol, do ciclismo, do baloncesto e de todos os deportes de masas.
Se algún de vós non está moi metido no mundo do boxeo (avogado sei que si) e quere facer unha aproximación a este estupendo deporte recoméndolle encarecidamente un documental chamado “Cravan vs. Cravan”. Este documental español básase na vida de Arthur Cravan. Cravan ademais de boxeador era poeta dadaista, mariñeiro, obreiro e un vividor. Sobriño de Oscar Wilde, viviu a vida a douscentos por hora e incluso inventou a sua propia morte para rexurdir máis adiante como unha pantasma sobre o ring.
Evidentemente non é o mesmo que ver un combate real, pero para aproximarse a modo a este deporte é máis que suficiente.
Aprendede a encaixar os golpes… faravos falta.

12 enero 2006

Medo no Museo de Historia Natural




Iso mesmo fixo Holden e eu sempre quixen imitalo. Xa sabedes, pasear por Central Park nevado, mirar os patos, chegar ata o museo de historia natural e borrar esa palabra malsonante que estaba á vista de todos os nenos e nenas. Unha fermosa historia, como tamén era fermoso ese poema… “the catcher in the rye…”
Comeza un novo ano… comeza un novo mes. Xaneiro. Soa importante e estúpido.
Esperto do meu soño infantil, do meu soño adolescente, do meu soño…
Esperto e vexo como o mundo volvese serio, estúpido e aterrador. Teño esa sensación. Esa sensación parecida ó medo que algunhas veces teño sentido cando era máis novo. Cando meu pai era capaz de collerme entre os brazos, e aínda que sabía que nunca me ía soltar, eu tiña medo igualmente. Medo. Catro letras e todo un mundo por diante.
Agardo que todo che vaia ben…
… e a min…
… e a vós.