05 junio 2006

Dous títulos


Baseada na xenial novela "Factotum" e en varios relatos máis da obra de Charles Bukowski, este filme achéganos á vida de perdedor do alter ego do escritor, Hank Chinaski. Do filme, cabe destacar por encima de todo, a marabillosa actuación de Matt Dillon no papel de Chinaski, e a ambientación de casi todo o filme...
Unha película que os fans do escritor agradeceran e saberan disfrutar.
Se podedes vela en versión orixinal non deixedes pasar a oportunidade... merece a pena.



O seguinte filme "American Splendor", tamen nos achega á vida de perdedor de outro creador, Harvey Pekar, autor do cómic underground "American Splendor"
O filme, cun ton entre ficción e documental, mostra o proceso de creación da propia película, do libro e da vida de Pekar.
Unha película orixinal na sua concepción e cun magnífico traballo de Paul Giamatti no rol de Pekar.
Seguro que non vos deixa indiferente.

Xa sabedes, estes días de calor e tristeza, se non queredes ir á praia a comer area e aturar a nenos pequenos e vellas, recoméndovos que merquedes cervexa fría, tabaco e pechedes as fiestras para afondar na vida destes dous creadores especiais mentras agardades que volva o inverno.
Saúde

5 comentarios:

Bandini dijo...

iré el viernes a verla.

diablito dijo...

ya se estrenó factotum??

por lo demás, "american splendor" es una joya.

d.

mariademallou dijo...

american splendor está ben, a narración tipo cómic moloume bastante e esa mestura de documental e ficción é moi interesante. disfruteina moito.
agora podiasme pasar factotum, que no emule xa estreou ;), e ben que cho agradesía.
un bico

... dijo...

A min no me custa nada identificarme con personaxes como o de American Splendor, será polo tendencia a autocrítica despiadada??
boas recomendacións para a temperatura destes días, sobre todo no meu ático onde tiven a maravilosa idea de trasladarme a min mesma e os meus trastos.
é moi hortera usar abanico??coñeces máis trucos para soportar esta temperatura?
non podo máis...........

Roi DaSaraiba dijo...

tiña ganas de ver factotum... de american splendor non sabía nada pero tomo nota.