28 junio 2005

Axuste de Contas

Hoxe,28 de xuño de 2005 por fin axustamos contas coa historia. Non dende hai dezaseis anos como moitos din, senón dende hai moitos máis anos... exactamente dende o 36, cando os fascistas desembarcaron nesta terra e apoderáronse de todo. Hoxe comeza a primavera nesta terra esquecida... agardemos que esta nova estación dure moitos anos... e que nós o vexamos
Saúdos primaverais

27 junio 2005


Ola tios e tias
estiven desaparecido estes días... pero xa estou de volta...
coa marabilla da semana:
Rosario Dawson... hispana,actriz e algunha cousa máis..
inspirádevos con esta felina no barómetro machista
saúdos

18 junio 2005

Xornada de Reflexión


Xa o sabe. Cada mancha do seu corpo sabe que lle queda un telexornal de vida, nunca mellor dito. Mirádeo. Pobre home. Despois de tantos anos na política de élite... embaixador en Londres, ministro de Franco, presidente do PP, e finalmente caudillo de Galiza... agora ten que marchar como os demais xubilados a darlle de comer as pombas da alamenda. Que triste. Xa se lle nota. Un día, tan só iso, un día para esquecernos deste tipo para sempre. Pido tres hurras para Manolo: hip-hip hurra, hip-hip hurra, hip-hip hurra CABRÓN... ata sempre!
Polo demais, pasarei o día de reflexión facendo precisamente iso: reflexionando. Reflexionando se hoxe pola noite beberei Barceló ou Havana.

Agardemos que o luns pola mañá o sol saia con forza e anuncie que nesta terra, por fin, chega un novo día... unha nova época...

15 junio 2005

Será, será...


Así que se é verdade que os maricóns do PP o domingo perden e van rañar o carallo por aí adiante como din as enquisas... tamén será verdade que este cara-bobo, paiaso, ignorante, destroza-idiomas, cara-estreñido... ¿vai ser o próximo presidente da Xunta?
Non sei que será peor... de verdade que non...
Marcho pra cama a soñar

14 junio 2005

Cinco días e catro anos máis...


Parece mentira pero é verdade. Tan só quedan cinco días... só cinco días para que este maldito país cambie dunha puta vez. Cinco días para que o moustro, a momia, o dinosaúrio, ou como queirades chamalo marche dunha fodida vez a rañar as bolas i enriquecerse a conta da nai co fundou. Só cinco días para que detrás do fusilador vaian os Baltares, e os Cuiñas, e os Vázquez Feijóo e todos os demais arrogantes cabróns que governan neste país. Cinco días para que dende hai moitos anos ao título de presidente da Xunta non lle veña detrás un Manuel Fraga. Cinco días para que o sol saia por onde ten que sair e se poña por onde se ten que poñer. Cinco días nada máis para ser un país normal... democrático, libre, ¿culto?, sin caciques de altas esferas. Cinco días...
Cinco días para que o PP volva a conseguir a maioria gracias aos votos dos miles de emigrantes mortos... como se o director de campaña dos peperos fora o propio M.Night Shyamalan...
que triste...

08 junio 2005

Marabilla da Semana: Asia Argento


A marabilla desta semana é a filla
do famoso director de cine...
Barómetro Machista: 1-10

07 junio 2005

Océanos

Como se non o soubera
quixestes construir
un acuario no automóbil
como parte de nós.

Recollías a cada sol
cantos, amapoulas e metal pesado
que gardabas a modo
no meu peito enfermo

unha fauna de corazón

Despois
tan só tiñamos
que agardar que chovera
por nós adentro
e comezar a nadar.

.....................

Chegamos ao océano
coas primeiras luces
dos esqueletos dos barcos.
Ti durmías
sempre
cos ollos abertos de soñar.

Aluguei un mar para ti
e valeirei o noso acuario
de fracasos
amapoulas
e enfermidades.
Residuos marítimos
que habitaron
por sempre no teu mar.

Despois
durmir
xunto aos teus ollos.





04 junio 2005

Si no eres del PP, jódete... chis pun!!

Si señor, aquí está, o inigualable, o fantástico, o marabilloso, o fenómenal , o rei de Ourense, o tipo que fai uns días soltou a frase: "Si no eres del PP, jódete"...
Un torrente de imaxinación o tipo este.
Tamén comentou publicamente que como moitos votantes do PP morreran dende hai catro anos aquí, pois había que facer o imposible por conseguir novos votos; incluso comentou que se facía falla habería que roubalos...
Si señor, un tipo democrático e transparente como ten que ser.
Esta é a clase de persoas que levan anos governando esta terra e pensan que todo lles pertence; un tipo da vella escola con cara de can que seguirá moitos anos máis facendo o que lle saia das bolas gracias aos votos de ignorantes paiasos coma el.
Sei que habería que respetar a maneira de pensar e de actuar de todo o mundo, indistintamente dos seus ideais, pero con tipos como o señor Baltar, a frase que sempre me di Menguante, nesta ocasión ten toda a vixencia: "Habería que coller as escopetas e sair á rua de novo..."

02 junio 2005

Aniversario


Hoxe,día dous deste mes de sol, gustaríame que fixerades unha cousa.
Imaxinade a canción "Brindis" dos Enemigos, levantedes a copa (cada un do que máis lle pete), pensade que estamos nunha preciosa noite de xuño baixo a lúa chea ao lado do mar, rodeados de fermosa compañía (masculina e feminina), coa copa nunha man e toda a esperanza na outra, e brindemos por seguir vivos un ano máis...
... aínda que sexa dende o inferno.
Chin-chin por outro ano máis...