18 junio 2005

Xornada de Reflexión


Xa o sabe. Cada mancha do seu corpo sabe que lle queda un telexornal de vida, nunca mellor dito. Mirádeo. Pobre home. Despois de tantos anos na política de élite... embaixador en Londres, ministro de Franco, presidente do PP, e finalmente caudillo de Galiza... agora ten que marchar como os demais xubilados a darlle de comer as pombas da alamenda. Que triste. Xa se lle nota. Un día, tan só iso, un día para esquecernos deste tipo para sempre. Pido tres hurras para Manolo: hip-hip hurra, hip-hip hurra, hip-hip hurra CABRÓN... ata sempre!
Polo demais, pasarei o día de reflexión facendo precisamente iso: reflexionando. Reflexionando se hoxe pola noite beberei Barceló ou Havana.

Agardemos que o luns pola mañá o sol saia con forza e anuncie que nesta terra, por fin, chega un novo día... unha nova época...

3 comentarios:

mariademallou dijo...

eu tamén reflexionarei ( licor café ou estrella?) neste día que queda antes da primavera...

mariademallou dijo...

iso é o que eles queren, que nos avergoñemos e nos vaiamos molestar a outro lado. pois eu non me avergoño de ser galega, non lle vou dar ese ghusto!

mariademallou dijo...

volve a regalarnos 'postes'anda...