14 febrero 2006


VIVIR EN LAURA II
POESÍA EN CIDADE PROFUNDA

1


Hoxe é luns
Noite de luns
E nalgúns paises
Hai retransmisións deportivas
Como Monday Night Football
Que adoito ver
Dende
As antenas
Do lado das estrelas
No patio de luces

ABÚRROME

Miro o proceso de crecemento da miña barba.
Xa a podo coller dos dedos
Sen límites
Sen límites de amplitude.

Saio á rúa
E o frío inunda os pulmóns
COMO EN BERLÍN

BERLÍN de Laura agora.

Quedo no portal
E observo a cidade iluminada.
E bonito o desterro nunha cidade descoñecida
E toda esa luz
Alá
Ó fondo.




2

Hoxe é martes
Pero para mín é o mesmo
Todos os dias iguais

SEMANAS E MESES

Fago diversas cousas pola casa
E decido non xogar máis a CIDADE PROFUNDA
Sempre me perdo en Laura
Sempre Laura
Sempre Laura

Dexesaría que estivese morta
Para poder escribir algo bó
Como
MORRER EN LAURA

Non é o caso.

5 comentarios:

mariademallou dijo...

son moi bonitos os poemas de laura

diablito dijo...

de donde sacaste el retrato de vincent gallo?

d.

From Hell dijo...

do google. En imaxes... vincent gallo e... chás.
saúde

satine dijo...

é moito máis bonito vivir en alguén, para morrer temos tempo, xa que é algo que nos chegara nalgun momento.
lindísimo.

muralla dijo...

E bonito o desterro nunha cidade descoñecida.
Gustoume especialmente ise verso.
Pode porque xa o sentín algunha vez...
Precioso.
Bicos.