29 marzo 2006

Apocalypse Please


Día inservible. Érgome mollado e as malas novas recorren o meu corpo como acostuman. Teño e non teño traballo. Penso na fama. Penso nos estúpidos e estúpidas que coñezo. Penso no funcionamento do corpo humano... e deixo de pensar. Miro para a rúa. Chove e ninguén pasea, nin camiña, nin conversa. Escóndense no Centro Comercial e dan voltas. Non os culpo... de donde non hai non se pode quitar.
Acendo un cigarro no meu escritorio e decidome a ver unha película. Hoxe toca de guerra... de guerras interiores, de grandes batallas por non chegar a comprender este mundo... apocalypse... please.

5 comentarios:

satine dijo...

que razón tes, somos coma eses ratos brancos que algúns teñen coma mascotas, dando voltas seguido nunha roda que vira e coa inutil esperanza de que nos leve a algún lado.

Mr Tichborne dijo...

Por unhas ou por outras, nunca vin esa peli enteira. É na que fan surf namentres queiman todo con napalm?

From Hell dijo...

si señor... esa mesma

acedre dijo...

A ver se sae o sol e podes airearte. Un pouco de aire fresco fai milagres.
Un saudo dende unha terra con seca.

... dijo...

O das malas novas e malo pero o de erguerse mollado, bueno, habería que analizalo detidamente. Non sei se podemos contar coa apocalyse pero estos días eu acórdome moito do diluvio de Noe e dame por pensar si estarei dentro ou fóra da arca...