24 junio 2006

Paseo Nocturno


I

Houbo unha explosión urbana

A soidade pegouse extremadamente
á feliz idea dun cambio interior.

Escoitanse ao lonxe
motores oxidados
a grandes velocidades.

As mulleres pasean na noite
cos seus mellores vestidos de follar...
¿podese dicir aquí follar?
Non sei do seu significado
pero sei da súa utilidade.

Un lobo matando
amando a unha muller
entre música oxidada.

Non meto a man aí
non sei o que vou atopar

e sigo camiñando
pola estrada violenta da imaxinación
e entérroche,
entérroche
ben fondo.

II

Óxido e tráfico
fluido
na avenida.

Un neno dispara contra o parabrisas
dos automóbiles.

UNHA POLÍTICA URBANÍSTICA PARA UN NENO

Tal vez
mañá ao mencer
poda regalarche esa palabra
que escorre entre as miñas mans
todas as noites.

III

Imaxinas
os ruídos
e os silencios
mal colocados
na nosa casa
ente as persianas...

É A NOSA VIDA

espertar e voltar a durmir

5 comentarios:

satine dijo...

Eso é o que quero a maior parte das veces, espertar e volver a durmir durante toda unha eternidade, ou máis. Moi lindo coma sempre, tes unha etapa moi creativa. Bicos enormes.

muralla dijo...

Estes últimos tempos estou un pouco afastada dos blogs, por iso a gran sospresa ao entrar no teu e atopar tantas cousas novas.
Apúntome o libro e deleitome con todo o escrito, que me enfeitiza e gústame.
A última grúa que me asombrou, foi unha que estaba nun desguace de coches e que unha cigüeña aproveitara para facer nela o seu niño.
Bicos.

mariademallou dijo...

uns poemas que me encantan. regálenos un libro sr. hank.

Roi DaSaraiba dijo...

Aupa!

Scanix O Celta dijo...

Que envidia le tengo de su escritura