17 julio 2006

A fin do Comenzo da fin

Supoño que é a calor. Non dou durmido. Doeme a cabeza. Non teño fame. Bebo catro litros de auga ao día. Fumo menos...si, é a calor, non hai dúbida.O meu odio visceral pola humanidade acrecéntase a pasos axigantados nestes días. Saio á rúa coas pistolas cargadas. Tan só teño gañas de ver Taxi Driver unha e outra vez... de ler a Salinger unha e outra vez... de escoitar In your World unha e outra vez.
Estes días o sol méteseme nos osos e acaba comigo. Se vou ao médico mándame vivir a Alaska ou a Siberia, e eu agradeceríallo de corazón. Ali tamén hai subnormais, pero non tantos (non vive tanta xente).
Supoño que isto é a fin de algo... o comezo de algo... a fin do comezo, ou o comezo da fin. Non o sei. Tan só sei que todos os días suar convértese nunha obrigación igual que odiar. Saeme odio polos poros da pel. É triste pero certo.
Supoño que son como os insectos; canto máis sol fai máis fillos de puta saen á rúa. Como as moscas. Como os lagartos. Como os idiotas. Sol e praia. E ti e máis eu desaparecidos do noso centro vital... do noso núcleo. Tan so che acaricio en soños, só así, desa maneira tan impersoal. Un estúpido máis suando ao sol.
Levantade Carpinteiros A Viga Maestra.
Tranquila, só queda pouco tempo para que todo isto remate...
e a fin
o comezo
da fin

6 comentarios:

... dijo...

Dis o que eu calaba. Suliño cada letra.

torredebabel dijo...

tamén eu que estou na outra beira do Atlántico e, seica en inverno, ainda que temos case tanta calor coma vós... o mundo está tolo de todo!

Scanix O Celta dijo...

Rapaz acabas de relatar o que lebo vivindo dende fai dous meses, suor e mais suor, a cantidade de suor e directamente proporcional as ganas de matar, vivir todolos dias a mais de 30 graos e humidades de mais do 90% son percutores do meu odio....

From Hell dijo...

Non, se ao final o propicio para o amor é o inverno co seu frío, as súas chuvias e as súas nevadas...

Scanix O Celta dijo...

Anima bastante a estar debaixo do nordico

Roi DaSaraiba dijo...

Pois era o que faltaba, que agora na terra teñamos clima tropical pra que veñan dos Madriles a infestar as leiras de ferro e cemento, campos de golf, piscinias e a nai que os pariu.
A culpa de todo esto a teñen os United States!