13 junio 2006

Tocando as Teclas

Chego ao traballo e o primeiro que fago e acender o ordenador. Eu non traballo con ordenador, pero estou todo o día aquí metido. Poño a funcionar o e-mule e observo que a "Dawn of the Dead" de Romero quédalle unhas poucas horas para rematar. Gustanme os zombis. Hoxe mesmo soñei con zombis. Despois dou unha volta polos blogs. Leo cousas novas e deixo algunha mensaxe. É fermoso e estúpido esto dos blogs; que mo digan a min. Despois vou á páxina da Voz. Nada novo; Mudial e máis Mundial. Dame igual. Cambio de páxina e achégome ata o foro de cine no que participo dende hai dous anos. Todo tranquilo. Poucas discusións. Non hai moito que dicir, non estrean grandes películas. Saio da rede e traballo un pouco máis nun relato. Levo tres días con el. Titúlase "Tres tipos bós". Trata de tres tipos que se atopan unha noite na cidade. Non se coñecen, pero compréndense. Iso é importante. Cada un a súa maneira é un perdedor. Gústanme os perdedores. Os tipos que triunfan na vida son aburridos. Non teñen segredos. Abúrrenme. Gústanme os tipos que detrás das persianas das súas casas agochan grandes ou pequenos segredos, miserias diarias. Coma ti, coma eu.
Deixo o relato e descargo unhas fotos da miña cámara. Algunhas sairon ben; outras sairon mal. Gárdoas e volvo á rede. Vou a IMDB e busco o título dunha peli que quero baixar. Atópoa. Vou ao e-mule e póñoa a descargar. Cinco días máis ou menos. Acendo un vantange. Miro para a rúa. Parece que vai chover. Si, efectivamente comeza a chover. Alégrome. Gústame que chova en Xuño. Iso fódelle moito á xente. A min dame igual.
Vou á paxina do Mundo e leo a columna de Carlos Boyero. Basura. Gústame a basura. Vou a Vieiros. Abúrrome. Vou a estrenosdivx. Non hai nada novo. Saio da rede. Sigo traballando nos Tres Homes Bós; xa non son tan bós.
Volvo á rede. Miro fotos de Angelina Jolie, miro fotos de Jennifer López, miro fotos de Evangeline Lilly... abúrrome. Demasiado fermosas.
Reviso o meu correo. Cinco correos do meu irmán. Tres de colegas. Novecentos Spams. Saio do correo. Teño fame. Marcho a comer. Pola tarde máis... e mellor.

8 comentarios:

Scanix O Celta dijo...

Pensaba que el unico que se aburria en el trabajo era yo, pero veo que tu me acompañas, conectandote y desconectandote de internet, la unica pena es que yo no puedo ver tetas, me lo han restringido, seran cabrones....

Roi DaSaraiba dijo...

Si chove que se fodan... ademais este ano creo que e o que menos gañas teño de ir a praia dos 23 que levo... e xa nunca tiven moitas.

Mr Tichborne dijo...

acabas de describir a miña xornada, só que eu non teño os zombis no ordenata, senón que me arrodean e me dán o coñaso.
(Haberá que ler ese relato! Coincido no dos perdedores)

TXARI dijo...

joder, todo iso en canto tempo? jâ vejo que a inspiraçom procurala nas milhores páginas (refirome ás de angelina jolie, Evangeline....)así saenche as histórias tan en branco e negro e as túas divas tenhem muito máis de lauren bacall que de audrey hepburn...les a boyero de veras (com atemçom)?

... dijo...

bueno...podería ser moito máis trágico...outro día entramos en detalles...por certo pensas escribir despois un relato que se titule "Tres mulleres malas"???
bicasos

Marinha de Allegue dijo...

Semella todo un ritual...

Unha aperta.
;)

satine dijo...

En fin vexo que por moito tempo que pase sen estar por aqui as cousas seguen igual no inferno. Cheo de miserias e diarias e soños de perdedor, con a clase do que sabe que dentro do seu segredo esconde un mundo que os demais non poden nin sequera imaxinar.

bicos.

From Hell dijo...

gracias por ese fermoso comentario... bicos.