17 enero 2006

Acariciame un gancho


Xa non hai respeto. Estou ata o carallo. Hoxe en día todo ten que ser politicamente correcto; todo ten que basearse no respeto cara a todo… incluso cara ós que non teñen respeto por ti. Unha cousa noxenta.
A min encántame o boxeo… moito. Sempre me gustou. Gústanme os libros de boxeo (F.X Toole), as películas de boxeo (Toro Salvaje, Rocky, Million Dollar Baby…), os documentais de boxeo… e como non, gústanme os combates de boxeo.
Fai anos botaban a miudo combates de boxeo pola televisión. Recordo incluso ó director de cine José Luis Garcí (admirador deste deporte) comentar combates en Canal plus. Pero hoxe en día xa non botan combates na televisión, a non ser nalgunha canle de pago tipo eurosport. E iso fódeme bastante. Estou ata o carallo do fútbol, do ciclismo, do baloncesto e de todos os deportes de masas.
Se algún de vós non está moi metido no mundo do boxeo (avogado sei que si) e quere facer unha aproximación a este estupendo deporte recoméndolle encarecidamente un documental chamado “Cravan vs. Cravan”. Este documental español básase na vida de Arthur Cravan. Cravan ademais de boxeador era poeta dadaista, mariñeiro, obreiro e un vividor. Sobriño de Oscar Wilde, viviu a vida a douscentos por hora e incluso inventou a sua propia morte para rexurdir máis adiante como unha pantasma sobre o ring.
Evidentemente non é o mesmo que ver un combate real, pero para aproximarse a modo a este deporte é máis que suficiente.
Aprendede a encaixar os golpes… faravos falta.

9 comentarios:

TXARI dijo...

é um deporte que ensenha a encaijar os golpes e que sí mereçe algo máis de espazonos medios...hai que enfundalos juantes!!....

TomTraubert dijo...

A mí lo que verdaderamente me gusta son las caricias, y eso es el país de las maravillas.
El cuádrilátero es una alianza matrimonial que suena como un despertador: ring
Salud

satine dijo...

Non nos queda máis remedio que aprender a encaixar os golpes neste inmenso cuadrilatero no que vivimos. Non existe o mesmo respeto que no deporte, e a maior parte das veces recibimos os golpes todos por debaixo do cinto.

diablito dijo...

ser púgil de la vida es aprender a encajar los golpes de tal manera que terminan siendo caricias, que de tanto recibir en el mismo sitio a veces pareces volverte inmune.

ojalá todo se limitara a cuatro lineas de cuerdas, a romperte la cara con algún cabrón y luego venga a celebrar la victoria o el fracaso en la suite de un hotel.

prefiero a la gente que besa lonas una y otra vez que a los que se jactan en no pisarla nunca amparados en sonrisas ficticias y estúpidas busquedas de felicidad.

mejor ser púgil perdedor que sparring toda la vida.

a cuidarse, suso, que aquí la campana nunca suena a tiempo de salvarle a uno.

y las hostias no atienden a reglamentos ni arbitros.

el madison square garden es un baile de fin de curso al lado del ring cotidiano.

d.

From Hell dijo...

amén

mariademallou dijo...

e pódese morder ao contrario. eu non sei o que vostedes opinan pero no cuadrilátero cotiá eu deféndome a dentelladas.

Bandini dijo...

y eso dónde se compra?

Scanix O Celta dijo...

Y si no se compra, por lo menmos donde se puede robar...

Scanix O Celta dijo...

Ya lo encontre, lo tenia mi mula y yo no lo veia, me parece que recibí demasiados golpes en la cabeza.