12 enero 2006

Medo no Museo de Historia Natural




Iso mesmo fixo Holden e eu sempre quixen imitalo. Xa sabedes, pasear por Central Park nevado, mirar os patos, chegar ata o museo de historia natural e borrar esa palabra malsonante que estaba á vista de todos os nenos e nenas. Unha fermosa historia, como tamén era fermoso ese poema… “the catcher in the rye…”
Comeza un novo ano… comeza un novo mes. Xaneiro. Soa importante e estúpido.
Esperto do meu soño infantil, do meu soño adolescente, do meu soño…
Esperto e vexo como o mundo volvese serio, estúpido e aterrador. Teño esa sensación. Esa sensación parecida ó medo que algunhas veces teño sentido cando era máis novo. Cando meu pai era capaz de collerme entre os brazos, e aínda que sabía que nunca me ía soltar, eu tiña medo igualmente. Medo. Catro letras e todo un mundo por diante.
Agardo que todo che vaia ben…
… e a min…
… e a vós.

13 comentarios:

muralla dijo...

O pior do mundo é vivir con medo.
Eu sempre fun unha "cagacerillas" como di miña nai, e agora, co paso do tempo doume conta que ese medo fíxome perder algunhas cousas...
Non teñas, medo, meu rei...
Bicos.

mariademallou dijo...

atérrate. o mundo é increíblemente terrible.
sorte que nos coñecemos;)....

Scanix O Celta dijo...

Para demostrar valor primero debes tener miedo. Eso sí, nunca seas un valiente, como dice mi padre "de valientes esta el cementerio lleno"

Bandini dijo...

Yo estoy mucho más cagado que tú, y mucho más viejo.
descubrí un Holden japonés que se llama Toru Watanabe.
Tal vez me pase por ahí un día de estos y te lo presento.

SALUDOS

satine dijo...

A min o que máis me asusta é repetir os mesmos erros que xa tiven, agás iso non hai nada que me de máis medo que espertar unha mañá sen que esté o meu carón.

Bandini dijo...

por cierto me gusta eso de considerar el mundo como un museo de historia natural.

No tengo claro que especimén sería yo..

From Hell dijo...

un tiranosaurus rex... iso seguro

TomTraubert dijo...

A mí hace una semana me cayó un año más, así, por la espalda, y el mundo o la vida, desde enero, me desasosiega; miedo, no sé, pero una quemazón de cojones sí que me produce. Aún sin esperanza, espero lo mejor para todos.

From Hell dijo...

esquecinme do teu cumpleanos como un día esquecereime de espertar.
Felicidades con retraso TomTraubert... de corazón

Bandini dijo...

vaya otro T. Rex por el museo de historia natural...¡qué miedo!

Mr Tichborne dijo...

Quedo prendido dunha frase... que o mundo vólvese serio... Eu víao así cando tiña quince anos, hoxe todo me parece unha grande carallada, un planeta cheo de Tonechos sen graza

TomTraubert dijo...

"Tonechos sen graza", con todos los respetos, es una redundancia

Caufield dijo...

Holden borrou aquela palabra da parede, pensando que o máis terrible de todo é que non hai lugar perfecto no mundo e que, cando pareces topalo, sempre hai alguén que escribe esa palabra nun muro ou sempre hai alguén que cho estropea...a ver se todos topamos ese sitio este ano, onde estar tranquil@s e onde non veña ninguén a estropealo todo,:)