24 enero 2006

Os Dias Interminables

Nestes días, nos que o ocaso da vida achégase anticipadamente. Estes días nos que vexo conspiracións inmobiliarias, terrorismo do chan en cada recuncho de cada rúa, de cada vila, de cada cidade, de cada país. Días nos que a miña mente funciona a cinco mil revolucións por minuto e ninguna delas (das revolucións) triunfa na miña cabeza. Días nos que o sol xa non sae no patio de luces de ningún periférico, nin alumea os amenceres de determinados individuos… días nos que xa non hai sol… días interminables na miña cabeza que, como dixen, vai a velocidades terroríficas das que eu non podo agardar máis que pesadelos e algún que outro desvarío periférico. Días Interminables. Non sería un mal título para algunha das catrocentas novelas que teño escritas na miña cabeza ( e neste ordenador). Días Interminables… non sería un mal título para unha película protagonizada por Michael Madsen, Mickey Rourke, Faye Dunaway e Sean Penn. Días Interminables tampouco sería un mal título para unha canción escrita a medias por Morrison e Manzarek baixo o sol das praias de Venice.
Pero hoxe, Días Interminables tan só é un título para adornar este post, deste blog, desta persoa, coa mente a cinco mil revolucións por minutos, e ningunha triunfa.. ningunha.

Nestes días interminables, nas que as estanterías das librerías nas que eu non entro, están cheas de libros sobre códigos secretos, xogos de rol nas noites das cidades universitarias, davincis asasinos e francmasones, cadros que se perden na guerra civil, heroes medievais, conspiracións para derrocar réximes dubidosos, e demais novelas históricas-detectivescas-misteriosas-chorras… non podo máis que recordar a eses escritores magníficos, prepotentes, excesivos… que contaban os días como se fosen o último. Todos os seus días (interminables) cheos de penurias económicas, sentimentales e vitales. Esas son as verdadeiras historias que deben cubrir as páxinas das novelas que venden nas librerias. Novelas nas que as conspiracións son por parte dos xefes ou encargados de almacén… os xogos non son de rol, senón sexuais… os francmasones están mortos e enterrados… os cadros están nas galerías de arte ou ardendo no lume… os heroes son os que sobreviven ó fin de mes… grandes historias cotiás que me levaban a soñar todas as noites coa maxia de cada páxinas.


Escritores por citar tan só algúns, como Henry Charles Bukowski e “A senda do perdedor”. Magnífica novela sobre a condición e a estupidez humana. Chin-chin amigo.

Escritores como Jack Kerouac e “ No Camiño”. Viaxe apocalíptico e de aprendizaxe no que nada é de verdade e todo é mentira. Entre ti e máis eu habita un río, como dicía alguén.

Escritores como J.D Salinger e “O vixía no centeo”. Unha das máis grandes historias de perdedores xamais escrita neste planeta. Holden está en todos…

Libros que xa non encontro nas librerias nas que eu non entro… libros que leo unha e outra vez para darme conta de que nada disto é un soño… senón que é tan real como unha novela… máis ou menos.

8 comentarios:

TXARI dijo...

arrincónannos, amigo... ou arrinconámonos? de tódolos jeitos o consumo de masas reflicte na perda de calidade, se hai consumo de masas eu considerome un arrouto del...

Scanix O Celta dijo...

Eu deixei de mercar libros, prefiro escoitar ou ler as tuas historias e anecdotas.

From Hell dijo...

agradécese amigo... pero cando a alma che caia os pés e non vexas máis alá do horizonte, aconselloche que collas a calqueira dos tres libros, un vaso de whisky e un cigarro e vaias ata a fin da noite sen futuro nin esperanza. Xa verás como pola mañá espertas mellor... ou non.
saúde

Mr Tichborne dijo...

Para cando un libro teu nos andeis das librerías? No teu ordenador ou metidos na cachola non lle aproveitan a ninguén. Ánimo.

From Hell dijo...

xa, o malo é que non queren sair de onde están agochados os malditos fillos de...

satine dijo...

o mellor para os días interminables é ter unha boa compaña para compartilos. Non só de libros vive o home.
Por certo apunteiche no xogo este que corre polos blogs, pasate polo meu.

Mr Tichborne dijo...

Ligueite para o xoguiño este das manías que corre polos blos. Pasa polo meu e entérate.

Juanma dijo...

non teño ningún deses libros pero xa che comentei que comprei algún de bukowski. calqueira deles reflicte perfectamente a condición do xénero humano. só tes que pedirmos i emprétochos.