28 enero 2006

5 Manías e 1 esperanza

Aínda non sei moi ben o motivo que lle dou ós blogueiros coas manías. De todos os xeitos paréceme unha boa iniciativa para que saibamos que en cada casa hai alguén máis raro que ti.
Ahí van as miñas entón.

1/ Ó espertar polas mañás sempre teño que cagarmeendios un par de veces antes de lavar a cara. Evidentemente fágoo mentalmente, pois senón a miña "compañeira" pensaría que estou máis tolo do que xa pensa que estou.

2/Se estou nun bar, ou nalgún lugar onde haxa xente, sempre elixo a unha persoa ó azar e invéntome a súa vida. Fíxome na súa forma de vestir, actuar, a maneira de beber o café e ese tipo de cousas e imaxino como será a súa vida, o seu traballo, a súa forma de ser. Sempre acerto, é un don.

3/Outra estúpida manía é que antes de comezar a ler un libro, sempre leo a primeira palabra do libro e a última e xúntoas. Se teñen sentido é que o libro vai ser bó, senón teñen sentido o libro vai ser basura coma sempre. Sempre acerto, é un don.

4/Cando teño que ir algún sitio tipo: un recital de poesía, un concerto, unha viaxe ó estranxeiro, etc... sempre me doe algo: a cabeza, o estómago, teño gripe ou baixame a regla. Teño ese don de estropear os plans da xente que está comigo... como digo, un don.

5/ Como última manía (hai cen mil máis) direi que ultimamente teño a maldita manía de non ser capaz de quedar durmido senón vexo a televisión. Teño que quedar durmido mirando a televisión a toda voz, senón non collo o soño nin de coña. Antes quedaba durmido lendo, ou pensando, ou soñando, pero agora tan só a estúpida televisión é capaz de facerme durmir. Outro don.

1 esperanza/ Que nos próximos anos estas e todas as demais manías (e as vosas) se convirtan en virtudes. Somos iguais por que vivimos no mesmo espazo, e somos diferentes por que miramos o mundo con diferentes prismas. As nosas manías é o único que nos diferencia entre nós.
E iso tamén é un don.

24 enero 2006

Os Dias Interminables

Nestes días, nos que o ocaso da vida achégase anticipadamente. Estes días nos que vexo conspiracións inmobiliarias, terrorismo do chan en cada recuncho de cada rúa, de cada vila, de cada cidade, de cada país. Días nos que a miña mente funciona a cinco mil revolucións por minuto e ninguna delas (das revolucións) triunfa na miña cabeza. Días nos que o sol xa non sae no patio de luces de ningún periférico, nin alumea os amenceres de determinados individuos… días nos que xa non hai sol… días interminables na miña cabeza que, como dixen, vai a velocidades terroríficas das que eu non podo agardar máis que pesadelos e algún que outro desvarío periférico. Días Interminables. Non sería un mal título para algunha das catrocentas novelas que teño escritas na miña cabeza ( e neste ordenador). Días Interminables… non sería un mal título para unha película protagonizada por Michael Madsen, Mickey Rourke, Faye Dunaway e Sean Penn. Días Interminables tampouco sería un mal título para unha canción escrita a medias por Morrison e Manzarek baixo o sol das praias de Venice.
Pero hoxe, Días Interminables tan só é un título para adornar este post, deste blog, desta persoa, coa mente a cinco mil revolucións por minutos, e ningunha triunfa.. ningunha.

Nestes días interminables, nas que as estanterías das librerías nas que eu non entro, están cheas de libros sobre códigos secretos, xogos de rol nas noites das cidades universitarias, davincis asasinos e francmasones, cadros que se perden na guerra civil, heroes medievais, conspiracións para derrocar réximes dubidosos, e demais novelas históricas-detectivescas-misteriosas-chorras… non podo máis que recordar a eses escritores magníficos, prepotentes, excesivos… que contaban os días como se fosen o último. Todos os seus días (interminables) cheos de penurias económicas, sentimentales e vitales. Esas son as verdadeiras historias que deben cubrir as páxinas das novelas que venden nas librerias. Novelas nas que as conspiracións son por parte dos xefes ou encargados de almacén… os xogos non son de rol, senón sexuais… os francmasones están mortos e enterrados… os cadros están nas galerías de arte ou ardendo no lume… os heroes son os que sobreviven ó fin de mes… grandes historias cotiás que me levaban a soñar todas as noites coa maxia de cada páxinas.


Escritores por citar tan só algúns, como Henry Charles Bukowski e “A senda do perdedor”. Magnífica novela sobre a condición e a estupidez humana. Chin-chin amigo.

Escritores como Jack Kerouac e “ No Camiño”. Viaxe apocalíptico e de aprendizaxe no que nada é de verdade e todo é mentira. Entre ti e máis eu habita un río, como dicía alguén.

Escritores como J.D Salinger e “O vixía no centeo”. Unha das máis grandes historias de perdedores xamais escrita neste planeta. Holden está en todos…

Libros que xa non encontro nas librerias nas que eu non entro… libros que leo unha e outra vez para darme conta de que nada disto é un soño… senón que é tan real como unha novela… máis ou menos.

23 enero 2006

Erguerse cedo. Ducharse. Tomar café. Ir ó banco. Suspirar. Ingresar. Camiñar polas rúas desertas. Traballar. Traballar. Traballar. Ir a casa. Comer. Fumar. Tomar café. Mirar o telexornal. Desconfiar. Suspirar. Camiñar polas rúas desertas. Traballar. Traballar. Traballar. Ir a casa. Poñer a calefacción. Suspirar. Cear. Mirar o telexornal. Desconfiar. Suspirar. Fumar. Ver unha película mala. Suspirar. Meterse na cama. Ler un libro. Durmir. Soñar. Soñar. Soñar…
Soñar con… erguerse cedo. Ducharse. Tomar café….

17 enero 2006

Acariciame un gancho


Xa non hai respeto. Estou ata o carallo. Hoxe en día todo ten que ser politicamente correcto; todo ten que basearse no respeto cara a todo… incluso cara ós que non teñen respeto por ti. Unha cousa noxenta.
A min encántame o boxeo… moito. Sempre me gustou. Gústanme os libros de boxeo (F.X Toole), as películas de boxeo (Toro Salvaje, Rocky, Million Dollar Baby…), os documentais de boxeo… e como non, gústanme os combates de boxeo.
Fai anos botaban a miudo combates de boxeo pola televisión. Recordo incluso ó director de cine José Luis Garcí (admirador deste deporte) comentar combates en Canal plus. Pero hoxe en día xa non botan combates na televisión, a non ser nalgunha canle de pago tipo eurosport. E iso fódeme bastante. Estou ata o carallo do fútbol, do ciclismo, do baloncesto e de todos os deportes de masas.
Se algún de vós non está moi metido no mundo do boxeo (avogado sei que si) e quere facer unha aproximación a este estupendo deporte recoméndolle encarecidamente un documental chamado “Cravan vs. Cravan”. Este documental español básase na vida de Arthur Cravan. Cravan ademais de boxeador era poeta dadaista, mariñeiro, obreiro e un vividor. Sobriño de Oscar Wilde, viviu a vida a douscentos por hora e incluso inventou a sua propia morte para rexurdir máis adiante como unha pantasma sobre o ring.
Evidentemente non é o mesmo que ver un combate real, pero para aproximarse a modo a este deporte é máis que suficiente.
Aprendede a encaixar os golpes… faravos falta.

12 enero 2006

Medo no Museo de Historia Natural




Iso mesmo fixo Holden e eu sempre quixen imitalo. Xa sabedes, pasear por Central Park nevado, mirar os patos, chegar ata o museo de historia natural e borrar esa palabra malsonante que estaba á vista de todos os nenos e nenas. Unha fermosa historia, como tamén era fermoso ese poema… “the catcher in the rye…”
Comeza un novo ano… comeza un novo mes. Xaneiro. Soa importante e estúpido.
Esperto do meu soño infantil, do meu soño adolescente, do meu soño…
Esperto e vexo como o mundo volvese serio, estúpido e aterrador. Teño esa sensación. Esa sensación parecida ó medo que algunhas veces teño sentido cando era máis novo. Cando meu pai era capaz de collerme entre os brazos, e aínda que sabía que nunca me ía soltar, eu tiña medo igualmente. Medo. Catro letras e todo un mundo por diante.
Agardo que todo che vaia ben…
… e a min…
… e a vós.

28 diciembre 2005

A Fin dos Días (Road Movie)

Para Noe... sempre


Ás veces
moitos quilómetros
convertéronse
en gramos de amor
no centro do inverno


a neve
que entrou lenta
pola fiestra
rematou por unir os nosos corpos
nun xuramento invernal..
xuntos ata a fin das estradas... das malditas estradas


despois
baixo as mantas
fixestes o que mellor sabías facer...
de cenicienta proletaria para min


como nunha película de estrada
como nunha road movie...
... mesmamente así.

21 diciembre 2005


Tírame da manta e dareiche de fumar (Misiva a Papa Noel)

Querido Papa Noel:
Dubidei en escribirche este ano. Sei que cada vez estás máis vello e gordo para andar de aquí para alá cargado de presentes, pero teño algunhas ideas para uns cantos tipos e tipas que me gustaría que poideras traer no teu saco infinito. Ti dirás o que podes facer. Aí vai a miña lista:
A Cenicienta Proletaria quero que lle traias todo o amor que hai no mundo. Non me vale un pouco de amor, precisa todo o amor que se desperdicia no mundo. Quero que recorras todos os recunchos do planeta en busca dese amor desperdiciado que existe entre as persoas e llo traias enteiro. Ti non te preocupes.... eu encargareime de darllo.
A Bandini quero que lle traias un editor cos suficientes collóns de atreverse a publicarlle unha novela. Quero que ese editor se decate de que vai editar a un dos mellores escritores do planeta. Que deixe a súa vida en Nova Iorque. Que abandone a Paul Auster, Dan Brown e demais literatos e veña a donde está a literatura de verdade.
A TomTraubert quero que lle traias duas cousas. A primeira é a muller de cabelo escuro e ollos claros que lle roubará o corazón entre copas e ducados e despois espertará ó seu lado o día de Nadal con mil bicos baixo a neve do olvido. A segunda cousa é un productor discográfico que sen dubidalo o fiche para a nova xira de Tom Waits. O vello de Tom sempre precisou alguén que lle bote unha man co seu clube de fans feminino.
Para Casatlántica quero que lle traias dúas cousas tamén. Primeiro cen anos máis de vida, para que poida aproveitar todos os intres, todos os minutos, todas as horas e lle quite o máximo rendimento. A segunda cousa, que atope a alguén especial para poder ensinarlle como aproveitar a vida.
A Avogado do Diaño quero que lle regales un ano de vacacións, con todos os gastos pagados, sen teléfono móbil en Barcelona, ó lado da súa muller... ou mellor, un ano de vacacións, con todo pagado, sen teléfono móbil para os dous en calqueira illa perdida do pacífico. Penso que é mellor así.
A El final del Cocodrilo quero que lle traias un xira mundial con Metallica. Así de sinxelo e directo. Seguro que vai ser a época dourada de Metallica no que a guitarra se refire.
A Rubín, que alguén poda apreciar o válido que é para contar historias tanto se as debuxa, como se as escribe, como se as roda cunha cámara. Despois, que volva a atopar o amor... el xa sabe onde buscalo.
A os demais que pasean de vez en cando por este mísero blog, pois traelles felicidade e amor (un bó tópico) que nunca está demais.
E a min vello... pois a min cando chegues o sábado, tírame da manta e dareiche un cigarro. E o menos que podo facer despois dunha noite tan dura. Fumaremos, conversaremos e beberemos un bó whisky.
Se nada disto se cumple, polo menos desexovos que teñades un Bó Nadal, que a estas alturas e máis que suficiente. Saúde a todos

19 diciembre 2005

A Festa está Noutra Parte


Sempre foi así. Fai anos escribín un poema chamado "eu tamén quero formar parte". Un ano despois publicáronmo nun libro, non sei se por lástima ou porque alguén tamén sabía que el non formaba parte. Pero ¿parte de qué?. Pois parte, simplemente formar parte.
Hai xente que forma parte de todo. Sabes de sobra quen son eses homes e mulleres que forman parte. Velos pola rúa e recoñécelos. Teñen un brillo especial nos ollos e o pescozo estirado e perfecto. Eles son a parte e os demais somos o resto.
Agora, nestes días pretos á fin do ano son consciente que nos meus días a festa está noutra parte. Non sabería explicar moi ben o por qué de esta exclusión case que voluntaria da parte, pero sei que eu non estou nese grupo.
Ainda que a verdadeira pregunta debería ser outra. A verdadeira preguntar debería ser: ¿Quero formar parte?... esa debería ser a verdadeira pregunta. E a contestación... pois a contestación debería ser simple: Si ou Non. No meu caso a contestación non é tan simple.
A festa está noutra parte Suso
Seino
¿Queres formar parte?
Eu?
Si ti Suso... ¿Queres formar parte?
Emm... Uff... Aggg... Non sei... non sei o que quero facer.
Sabia que contestarias iso amigo... por iso teño a resposta perfecta para ti.
¿Tela?
Téñoa amigo Suso... ven comigo e verás que hai nesta parte.
Está ben... aí vou... ata o fondo e con forza!


Asi sería máis ou menos... pregunta arriba pregunta abaixo.
Bó Nadal... vémonos na outra parte.

12 diciembre 2005

When The Music Over... París



Unha vez estiven en París. Foi xa hai anos. En París o sol saía sempre primeiro polos barrios obreiros e despois iluminaba as grandes avenidas. Aínda non se queimaban coches e a min non me importaba. Facía frío, e eu ía a visitar unha tumba. Aínda tiña rabia xuvenil e o pelo longo... todas esas cousas que temos ós dezasete anos. Agora teño moita máis rabia, pero o meu pelo comeza a caerse como se fora follas dunha árbore morta. Os anos pasan e o ceo aproxímase a nós. É asi.
Ó que íamos... unha vez estiven en París (por gracia e obra dun amigo reloxeiro e mellor persoa) e quixen visitar unha tumba. A tumba en cuestión atopábase nun céntrico e elitista ceminterio chamado Pere Lachaise. Ademais da miña tumba, había outras con nomes famosos tallados na pedras. Alí descansaban Edith Piaff, Chopin, Oscar Wilde, e un cantautor francés do que non quero acordarme. Dábame igual. Eu ía visitar unha tumba e iso era o importante.
Non foi doado atopala, pois o ceminterio era enorme. Tiña rúas e prazas, avenidas e glorietas, árbores e namorados nos bancos; había pombas e xubilados, turistas e franceses, negros, hispanos, holandeses, ingleses, italianos e guardias que custodiaban que os mortos non molestasen ós vivos. Ó final, tivemos que preguntar onde carallo estaba a maldita tumba, pois era imposible atopala entre tanto morto e o ceminterio ía pechar. Foi un antipático garda negro-francés quen nos dixo que fóramos ó carallo nos e o morto que habitaba a tal tumba. Eu díxenlle merci e media hora despois atopamos a tumba. Non había moita xente ó seu redor, e era estrano, pois normalmente sempre estaba chea de xente que miraba desenfocadamente o epitafio sinxelo e griego que alí estaba.
Fai anos, a tumba tiña un busto fermoso que coronoba a lápida. Alguén o roubou unha noite. Hoxe en día decorará algún salón parisino entre o canal plus e o dvd.
Achegueime á tumba e observei detidamente o estado decadente na que se atopaba. Puxen o xeonllo no chán e depositei un poema enriba da tumba. Un danés mirou para min estrañado e eu mandeino ó carallo. Erguínme e volvín observar a tumba. Despois marchamos a cear ó barrio turco que é onde mellor se come nas cidades europeas.
Entereime hai algún tempo que queren quitar ó morto dese ceminterio e levar os restos ó seu puto país. Din que molesta. ¿Molestan os mortos? Xa o dicía aquel garda negro parisino.
Se algún día volvo a París volverei ó Pere Lachaise a ver se aínda o morto está no seu sitio. Eu dende logo xa non estou.

09 diciembre 2005

The Heart of Saturday Night



Saes a rúa cos puños pechados e a esperanza no estómago. Os teus ollos brilan no escuro da noite e entras no primeiro local aberto. Tom Waits deixa sair da súa boca os versos de The heart of Saturday night, e ti miras como as palabras flotan polo bar mentras saboreas un Johnny Walker con xeo. A camareira limpa vasos cun pano noxento e acendes un cigarro. A noite móvese e os teus pés andan ó son das palabras do vello compositor. Ti non te podes mover. Ti estás atado á barra como un condenado máis. Fas un último esforzo e érgueste do taburete. Saes do local e camiñas pola rúa. Un coche pasa a grande velocidade e deixa sair do interior os versos de The Spy de The Doors. O coche segue o seu camiño e ti atrapas os últimos versos coa boca: " I’m the spy in the house of love...". Ti xa non es un espía, ti xa non es nada que merezca a pena.
Entras noutro local, o segundo que atopas no teu camiño. Apretas os puños e suspiras como unha alma en pena. O local ten máis xente da que ti pensabas, pero aínda así entras igualmente e rozáste contra as demais almas. Dos altavoces saen cuspidas as notas de Stairway to Heaven dos Led Zeppelin. Pensas que Jimmy Page sabia o que se facía. Pensas nos anos setenta. Pensas no pasado. Pides un vodka con limón e deixas de pensar, tan so imaxinas. Imaxínaste nun Londres proletario dos anos setenta e ti como un estúpido máis tamén tocas rock & roll en cada esquina do mundo. Senteste grande. Senteste inmenso como o mundo e bailas co teu vodka no centro da pista... no centro do mundo.
A noite móvese e ti móveste con ela. Volves a estar na rúa cos puños pechados e aínda a esperanza no estómago entre whisky e vodka. Outro coche solta poemas das rodas e acelera levándose consigo o Dirty Boulevard de Lou Reed. Un cabrón pensas, gústache esa canción.
A noite móvese e ti buscas outro local para saciar o estómago e paralizar os pensamentos, os malditos pensamentos. A tua cabeza sempre esta a soltar pensamentos estúpidos minuto tras minuto, hora tras hora, día tras día. Así toda unha vida.
Entras no local da fin da noite. Un marabilloso antro de perdición. Típico, tópico?... si, pero real. Hai máis xente que na Alemania nazi desfilando polas rúas fascistas. Arrasas con todo mentras Zack de la Rocha de Rage Agaisnt the machine berrea Bulls on Parade. Ti tamén berreas, pero de diferente maneira. Saltas, bailas e bebes; fumas e tocas, suspiras e esvaras. Caes ó chan. Sempre rematas igual... no chan. Todos os días no chan. Arrástraste ata a saída e quedas tirado na rúa. Pasan coches e xente que observa a tua cabeza etílica dar voltas. Din algo, pero ti non logras escoitalos. Na túa cabeza Jim Morrison esta a cantar os versos de The End.... ¿sabes?... "This is the end... this is the end, my friend... this is the fuckin end... "
Pechas os ollos e escoitas o corazón do sábado noite. Como no principio. Como no final da noite. Como todo.

07 diciembre 2005

Unha Tempada de Copas e Balas



Sae o sol e todo o demais importa máis ben pouco. Arde Papá Noel no paraíso nevado do norte e seguen mortos de fame e sede os demais habitantes do planeta. Isto xa é máis que un estúpido desfile... é un desfile grotesco. Chega o Nadal... a época máis marabillosa do ano, dín algúns; a época para estar coa familia, para facer un pouco o zombie nos mall centers, para tomar máis copas das permitidas e disparar máis balas das debidas.
Non sei, chega o Nadal e a min importame un carallo... coma sempre.
Houbo unha época na que crín en Papa Noeles e demais caralladas. Gustábame agardar que chegara as doce esperto por se podía ver a ese monte de merda chegar cos regalos no saco e botando os pulmóns afora. Hoxe en día cando paseo polas rúas molladas de Decembro teño gañas de coller a eses tipos que din: "Hooo, hooo, hooo" diante das portas dos comercios vestidos de braco e vermello e prenderlle as suas barbas e patealos de volta á inocencia da nai que os pariu. É así. Agora todo importame un carallo... coma sempre.

28 noviembre 2005

Unha Cousa Excepcional


A chamada foi de madrugada e concreta: " Matar a Marga. 3.000€ efectivo. Café Bar Colonial 22.00h. Sen rastro".
Non o dubidei. Era o meu traballo, matar xente.
O día en cuestión espertei cedo. Ducheime e barbeime. Botei perfume e puxen a americana para traballar. Gustábame esa americana; tiña cinco petos grandes e era entallada nos lados. Gardaba as dúas armas, o tabaco, o móbil e a carteira e non se notaba en absoluto. Armani fixo un bó traballo deseñando esa prenda.
Saín á rúa. Facía un día noxento. Chovía e facía frío demais para estar en setembro. Comecei a camiñar cara ó centro. Quedara co meu irmán ás dúas para xantar, ó parecer quería falar comigo dunha nova amiga que tiña. Gustábame conversar co meu irmán, era un tipo coa cabeza ben asentada.
Aínda eran as once, así que parei nos billares e bebín dous combinados de vodka. Xoguei tres partidas e perdín douscentos euros. Non se me daba nada ben o billar, pero gustábame vacilar ós tipos dos muelles que paraban por alí. Eran tipos grandes e mal encarados, pero no fondo eran tan estúpidos e débiles como todos os demais.
Estiven nos billares ata a unha e despois achegueime ó banco a pedir un estracto da conta. 9.720€, iso era o que tiña ese día de setembro. Acababan de pagarme catro mil por facer desaparecer a unha muller facía duas semanas. A tipa en cuestión ó parecer era unha zorra que non facía máis que poñerlle os cornos ó infeliz que me pagou. Normalmente non quero saber nada da persoa que vou a matar, pero o infeliz empeñouse en contarme a súa vida para que fora consciente da zorra que tiña que matar. A min dábame igual, aínda que fora Santa Teresa ía recibir un tiro na cabeza como todos os demais. O infeliz igualmente contoume a sua vida e eu escoiteino, tampouco tiña nada mellor que facer, e a fin de contas era o meu traballo.
Nesta ocasión, eu non sabía quen era Marga nin o que fixera, pero non me importaba, ía recibir un tiro na cabeza como todos os demais.
Cheguei ó restaurante ás duas e meu irmán xa estaba alí. Comemos napolitanas de polo, ensalada tricolor e tiramisú de postre. Paguei eu.... meu irmán estaba namorado demais como para pensar nesas trivialidades.
Pola tarde visitei á miña avoa. Era viuva, e eu un mal neto, así que sempre que tiña tempo libre ía pola súa casa e conversábamos do divino e do humano.
Ás sete deixei a miña avoa contenta e fun ó cine. Estaban poñendo a última de Lars Von Trier e non quería perdela. Collín un taxi e ás sete e media xa estaba sentado na butaca mirando a pantalla. Encantábame o danés ese do carallo.
Ás nove e media estaba fora do cine. O café bar Colonial só estaba a cinco rúas de distancia do cine, así que camiñei a modo fumando un vantage e desfrutando do vento frío baténdome na cara. Pouco antes de chegar, recibín unha chamada no móbil. Era o tipo que me chamara facía dous días. Parei nun soportal e escoitei o que tiña que dicir. Describiume fisicamente a Marga e pediume que non a fixera sufrir. Despois díxome que era unha zorra. Eu contesteille que todas eran unhas zorras; non o pensaba, pero deixábaos máis tranquilos.
Entrei no Colonial ás dez e cinco e senteime na barra. Pedín un combinado de ron e observei o local. Era un café cheo de estúpidos con aires literarios. Ó fondo do local tiñan un estante con libros. Achegueime ata alí e mirei os libros. Non era máis que basura comercial. Volvín á barra e acendín un vantage. Dez minutos despois chegou a tal Marga ó local. Observeina. Era fermosa. Levaba un abrigo de paño cor terra e unha minisaia beig que facía conxunto cunhas fermosas e caras botas de tacón altas en marrón. Marga tiña clase. Debía ter uns trinta e cinco anos; era morena de ollos claros e mirada tranquila e pausada. Debía ser a muller máis fermosa que vin na vida.
Sentou na barra, preto de min e pediu un café descafeinado; acendeu un cigarro e colleu o xornal. Erguínme do asento e achegueime ó seu lado. Díxenlle ó camareiro que me cobrara o café e puxera dous combinados de ron. Marga sorriume e miroume de arriba abaixo. Era máis fermosa de preto. Comezamos a falar tranquilamente. Falamos e bebemos durante duas horas. Ela estaba un pouco borracha e eu estaba saído. Saimos do Colonial e invitoume a sua casa. Definitivamente era unha zorra.
Contoume que o seu marido estaba fora da cidade ata o mércores. Evidentemente iso eu xa o sabía.
Cando chegamos a sua casa, bebemos máis e despois deitámonos alí mesmo no sofá. Estivemos unha hora facendo o amor e despois seguemos a beber e a conversar. Contoume o infeliz que era co seu home. Contoume cousas do seu traballo nunha axencia tributaria. Contoume cousas do seu gato. Contoume que tiña un amante máis novo que ela. Contoume que levaba catro meses sen deitarse co seu home. Contoume unha morea de cousas e eu miraba para ela porque era unha muller fermosa e infeliz.
Unha hora despois erguémonos do sofá e bicándonos fomos ata o seu dormitorio e fixémolo de novo. Foi impresionante. Abraceina con todas as miñas forzas e quedamos durmidos como dous nenos.
Cando espertei eran as sete e media da mañá. Marga durmía e erguínme da cama. Fun ó lavabo e botei unha longa mexada. Tiña sono. Fun ata o salón e collín o seu bolso. Maquillaxe, perfume, unha axenda... a carteira. Abrina. Tiña trescentos euros e tarxetas de crédito. Collín os cartos e seguín revolvendo no bolso. E foi aí onde pasou unha cousa excepcional, pois Marga, nun peto oculto do bolso, tiña unha fotografía. A tal Marga, fermosa e infeliz, tiña unha fotografía onde ela e o meu irmán estaban mirando á camara sorrindo como dous colexiales en día santo. Seguín revolvendo no bolso e atopei unhas probas médicas, que dicían que Marga estaba embarazada. Meu irmán ía ter un fillo. Quedei abraiado.
Volvín ó dormitorio e observeina durmir pracidamente. Puxen a miña americana, quitei a pistola e pegueille dous tiros, un na cabeza e outro no estómago.
Despois, saín do edificio e dispúxenme a cobrar os meus tres mil euros. Facía un bó día, moito mellor que o anterior, ou polo menos a min parecíamo.

21 noviembre 2005

CURTAMETRAXE
Título: CIDADE PROFUNDA
Duración: 2"
Xénero: DRAMA (por suposto)


INTERIOR. BAR. NOITE
O local é un verdadeiro antro de perdición... sombrío, lixado, cheirento; nas mesas un par de prostitutas fuman aburridamente mentras len revistas de moda. Nunha esquina do local hai un billar onde dous homes corpulentos xogan unha partida... os dous xogan bastante mal. Na barra, unha muller bebe un bourbon e fuma pensativa mirándose no espello que hai atrás das botellas. Eu sento ao lado da muller e pido un vodka ao camareiro; acendo un cigarro, aspiro o fume e despois bótoo con moita clase. A muller mírame de arriba abaixo e segue no seu trance nocturno. Eu miro para ela...
-¿Queres tomar algo preciosa?
-¿?
-¿Un whisky tal vez?
-Está ben...
O camareiro, un tipo baixiño e feo coma o demo, sirvelle un whisky á muller e a mín outro vodka. Ela acende outro cigarro (literalmente... ¡está fumando dous cigarros á vez!)
-¿Ti non es desta cidade verdade?
-¿Eu? – cuestiónome –. Pois non, pero vivo aquí... nas aforas. E ti... ¿vives na cidade?
-Si claro...
-¿E traballas aquí? – pregúntolle.
-¿Na cidade?
-Non, no bar.
-Si, tamén traballo no bar – dime ela.
-¿E de qué traballas?
-Son relacións públicas... animo á xente a que o pase ben neste sitio... fago que consuman máis do que tiñan pensado, ¿sabes?
-Iso está ben – dígolle.
-Si.
-¿Estás de coña verdade?
-Si.
-¿Qué es unha prostituta? – pregúntolle.
-Non por deus... ¡estás tolo!. ¿Acaso teñoche pinta de ser unha prostituta?
-Si... realmente si.
-Pois non son prostituta... son... son dependienta.
-¿De qué?
-Vendo zapatos
-¿Es zapateira?
-Son
-¿E de onde es?
-¿Cómo?
-¿En qué país naciches?
-¡Ah!... nacín en Porto Rico
-Es portorriqueña... unha zapateira portoriqueña
-Exacto.
-Iso está ben... ¿queres ir a dar un paseo de noite de luns?
-Por suposto.
Os dous saen do local e pasean certo tempo pola cidade. Rematan o seu paseo no parque. Sentan nun banco baixo os ameneiros e preto do río. Collense as mans e míranse aos ollos. Bícanse.
-¿Cómo te chamas?... acabome de decatar que non che preguntei o teu nome...
-Laura, chámome Laura Bush...

FIN

Chove en ningures... e despois sempre o sol.

Gustaríame aproveitar hoxe para presentar en sociedade un blog máis que interesante dun paisano meu ( de esa cidade que está ó final da estrada de ordes como dí menguante). O blog, chove en ningures non ten desperdicio, e podedes atopar dende fermosos relatiños a fotos, pasando por estupendas ideas sobre o mundo en xeral, todo escrito con calidade.
Así que para os que non coñecíades este novo blog (téñoo eu linkado) xa podedes darvos unha volta por esa terra de ningures onde sempre chove... aínda que despois saia o sol.
O tren marcha agora para a terra de ningures, así que collan rápido o billete e o paraugas e achéguense por alí...
saúde

17 noviembre 2005

Fear & Loathing


Si exactamente
iso é... medo e
asco.


Sempre quixen ter unha pistola dourada
como o ceo agochándose nas rúas de Brooklyn.
Sempre quixer ter enimigos ós que disparar todas as balas.
Balear un imperio.


De pequeno traballei nunha fábrica.
De pequeno traballei moitísimo nunha fábrica...
facíamos desgracias e angustias que vendíamos ó maior...
ó maior cabrón que as quixera mercar.
Nunca o comentei, pero eu roubei desgracias e angustias

que aínda conservo... como peixe, en latas de conserva.

Aínda é hoxe o día no que quero ter unha pistola dourada
como o ceo agochándose nas rúas de Brooklyn.
Aínda é hoxe en día no que quero balear un imperio.


Iso é
medo e asco...
como en todas as fábricas
exactamente...

véndeme amor as tuas angustias
e eu trocareinas por todas as balas
que servan para balear ós imperios.


medo e asco
medo e asco
medo e asco
baixo calqueira ceo do mundo.


medo e asco
e todo o demais.

14 noviembre 2005

Un Cuarto de Terrorismo con Queixo


Fai tres días, sen nada mellor que facer, boteille comida ó gato, fixen café e acendín un cigarro. Tireime no sofá da miña casa e acendín tamén ese aparato negro con altavoces que teño no moble. O televisor. Como é costume non botaban nada que merecera a pena ver; nada máis que grandes hermanos retrasados mentais fillos dunha puta... ou tertulias sobre máis subnormales da selva madrileña plagada de máis subnormais... ou folletíns novelados sudamericanos sobre familias de subnormais profundos con ranchos e cabalos... ou estupideces varias nas que falan e falan e non din nada.
Gracias a deus, o cabrón de Polanco bendeciunos co satélite e, aínda que tampouco é ningunha marabilla, de vez en cando botan algunha cousa que se pode ver. E ese foi o caso. En canal plus (ultra) botaban o magnífico documental Super Size Me. Un manifesto contra as cadeas de comida rápida en Norteamérica: McDonals (ou a grande M), Burguer King, Wendy’s, Taco Bell e outras cadeas terroristas-alimentarias no país dos obesos. Nos cinco primeiros minutos do documental, xa tiven gañas de botar a pota nove veces. O tipo en cuestión, un home de constitución delgada, boa saúde e vexetariano, fai unha estricta dieta durante un mes, tan só alimentándose nos McDonals. Como podedes imaxinar os resultados foron alarmantes. Almorzaba, comía e ceaba nun McDonals. Nun mes engordou unha barbaridade, o colesterol subiulle á cabeza, o corazón converteuse nunha uva pasa, a sua respiración e a tensión comezaron a fallarlle... e moitas máis cousas. Non tivo que dicir moito máis, os resultados estaban de corpo presente.
Cada vez teño máis claro que os terroristas non se agochan nas covas de Afganistán, nin en Pakistán nin en ningún outro país rematado en –tán. Os verdadeiros terroristas da nove orde mundial agóchanse baixo grandes edificios cos seus nomes escritos en neón: McDonals, Philip Morris, Telefónica, Bayer, Repsol, Nike, Adidas, Enron, Burguer King... e moitísimas compañías máis.
Os culpables, aínda que soe a tópico, somos nós, que tragamos con todo.
Eu polo menos a partir de hoxe, deixarei de tragar... e comezarei por deixar de tragar hamburguesas. Bó proveito a todos.

09 noviembre 2005

Marabilla da Semana: Hilary Swank


Case todo o mundo que coñezo que viu a impresionante película do mestre Eastwood "Million Dollar Baby", quedou impresionado pola historia, as actuacións, o ritmo lento, a fotografía... etc. Todo o mundo salientou a actuación da protagonista Hilary Swank, pola que a actriz gañou o seu segundo oscar (poucas actrices teñen dous oscars)pero casi ninguén soubo ver a sua beleza.
É por iso, polo que esta semana cedémoslle o turno a unha fermosa e boa actriz, que ademais debe estar forrada. Afortunada ela. Plas, plas, plas...
Barómetro Machista: 7

07 noviembre 2005

Teoría Dos Zombies


" ¿Cómo imos mercar calcetíns e leite no mesmo pasillo? ¿Qué somos rusos agora?
Dustin Hoffman en Moonlight Mile
A semana pasada, non sei se debido ó crack que fumei ou a que tomei algún alimento en mal estado, deuseme por ir ata o centro comercial deste inferno no que vivo. Cousas que se me pasan pola cabeza sen pensar moito. A cousa foi que cheguei ó edificio, púxenme enfronte das portas, e estas abríronseme maxicamente para que eu entrara; dín algúns pasos a modo e metínme na boca do lobo mentras aguantaba a respiración. Eu non ía a mercar nada en concreto, realmente non precisaba nada, tan só ese día espertara coa necesidade de formar parte da gran masa social e facer algunha cousa normal. A miña cabeza pedíame deixar as extravagancias e as estupideces para outros días e comportarme como unha persoa que fai cousas normales... ou iso pensaba eu.
Camiñei un anaco polo andar de abaixo e despois, nas escaleiras mecánicas, subín ó seguinte (e único) andar superior. Non me intersaron as tendas, non tiña nada que mercar. Tan só comecei a camiñar a modo parando en todos os escaparates como facía a demais xente. Foi como se houbera un desfile pola rúa e saes do público e poste a desfilar cos músicos, os xigantes, os cabezudos... así de esperpéntico foi. Paseamos durante máis dunha hora dando voltas por todo o centro comercial, parando en cada escaparate e pasando cara ó seguinte. Así todos. Como un estúpido desfile de zombies.
Chegou un momento que non o aturei máis... baixei as escaleiras e sain do edificio, non sin antes observar ós que ata ese intre foran os meus compañeiros, mortos vivintes, que seguían dando voltas sen alma pasando dun escaparate cara outro.
Xa pola tarde na casa, comecei a pensar e foi cando xurdiu a teoría dos zombies.
En casi todos os filmes de temática zombie ou de mortos vivintes a estructura narrativa é moi similar. Os mortos espertan e érguense das tumbas, atacan a todas as persoas que ven ó seu paso e mátanos converténdoos en novos zombies. Os catro ou cinco protagonistas do filme ( os máis atractivos da película) escapan dos zombies e refúxianse no centro comercial da vila (mall center en yanquilandia). Pechan todas as portas, collen pistolas e escopetas das armerias (en U.S.A hai armas en todos os mall center) comen algo nos McDonals ou Burguer King e toman cafés nos dez Starbucks que hai repartidos polo edificio. Evidentemente os teléfonos non funcionan e non se poden poñer en contacto co exterior, pero para ser sinceros, tampouco o precisan pois, aínda que están sendo atacados por mortos vivintes, eles están a gusto no gran Centro Comercial.
Mentras tanto, os zombies acabaron con todo o que quedaba vivo na vila, e achéganse a modo cara ó gran edificio central da vila: O Centro Comercial.
Intentan, como os seus pequenos cerebros lles permite, acceder ó interior e poder matar ós atractivos protagonistas. Golpean as portas, buscan ocos nas paredes, e outras estratexias estúpidas para acceder ó gran edificio.
A partir de aquí, nas películas, os zombies sempre logran entrar por algún sitio, e é cando os atractivos protagonistas escapan nun coche do centro comercial, buscando outro lugar mellor onde agocharse. É nese punto cando na película, o centro comercial deixa de ser escenario principal da película. A camara tan só sigue as andanzas dos protagonistas.
Pero eu, gracias a miña teoría dos zombies, pódovos dicir o que ocorre dentro do comercial. Os zombies, non atacan a ninguén (pois non hai ninguén) entón comezan a dar voltas por todo o edificio, miran os escaparates, intentan entrar nas tendas, dan máis voltas, miran máis escaparates, suben e baixan polas escaleiras mecánicas, dan máis voltas, miran máis escaparates... e pasan así horas e horas sen máis que facer, pois definitivamente o consumismo salvaxe é iso, para os mortos como para os vivos.
Esa mañá que fun ó centro comercial e estiven camiñando entre a masa social, fun consciente de que non estaba nunha superproducción de Hollywood sobre zombies, pero intuitivamente miraba por se vía algunha cámara. Parecía mentira que esa xente que daba voltas e máis voltas estivera viva, pero así era.
Eu definitivamente xa estaba un pouco máis morto.

03 noviembre 2005

Marabilla da Semana: Maria Bello


Onte, aproveitando que non traballei, marchei á cidade na cal nacín e ademais de mercar un poster xigante de Taxi Driver para o corredor da casa, tamén fun ó cine. O filme en cuestión foi "Unha Historia de Violencia" do sempre extraño e, desta vez máis comercial, director David Cronemberg. A película non está mal, aínda que agardaba algo máis; de todos os xeitos, o mellor da película sen dúbida foi a actuación da sempre fermosa Maria Bello.
Para quen coñeza esta actriz saberá de que falo (pelis como The Cooler) para quen non a coñeza, se vai a ver a peli de Cronemberg, atoparase cun frotal espido da fermosa actriz. Tan só por iso merece a pena.
Ala, a votar.
Barómetro Machista: 8.5
saúde

24 octubre 2005

Me casé con una perra

Aquí vos deixo este fabuloso texto de Tobias McWoken... que atopei por ahí perdido. Recoméndovos que o leades, pois merece moito a pena... polo menos para min. Non vos vai defraudar. O tal Tobías, escritor fantasmal e descoñecido, sempre foi un Outsider que viviu ó marxe da lei, como vos fará comprender co seu texto. Tan só ten unha única novela publicada antes de morrer: "Tan verde como James Dean" un alegato antibélico imposible de mercar en ningún sitio. Disfrutade do texto.


ME CASÉ CON UNA PERRA por TOBÍAS McWOKEN

Sinceramente siempre pensé en la estupidez humana como algo pasajero... como algo generacional que tendría su fin cuando una nueva generación de hombres y mujeres más preparados, más pasionales, más vivos al fin y al cabo, habitaran este planeta azul en su mayor parte. ¡Cuán equivocado estaba! ¡Qué enorme era mi equivocación!. El máximo problema radicaba en que la humanidad era estúpida por naturaleza... no había generaciones mejor preparadas que otras... no había personas más inteligentes que otras... no, nada de eso, la única diferencia entre las personas radicaba en sus planteamientos ante los problemas, aparentemente triviales y sin importancia; en como afrontaban esos problemas... en su manera de actuar... esa era la única diferencia entre un caballero cuarentón nativo de Escocia y una joven rubia habitante de Nueva Zelanda, solo eso... el modo de afrontar las cosas.
Por lo demás... todo el mundo era estúpido... todos los malditos seres humanos bípedos eran una pandilla de avariciosos sacos de huesos y perversión. Así era la cosa. Así era todo.
Hubo un tiempo en el que dejé de ser humano... quiero decir... que intenté con todas mis fuerzas dejar de ser una persona como todas las demas y convertirme en una nueva especie habitante del planeta. Fue un fracaso, lo reconozco. Sinceramente nada salió bien desde el primer momento, quiero decir, que intenté cambiar, ser mejor persona, no dejarme cegar por el materialismo, la perversión, el vicio, el placer, el dinero... pero no fui capaz, nada de eso. Cada vez que me encontraba ante una situación en donde alguna de esas cosas estaba presente, salía de lo más hondo de mi ser toda la estupidez que hace diferente al ser humano. Como dije: un verdadero fracaso.
Pero todo cambió una mañana de agosto, en la que mi tía, que vivía en una granja de las afueras, tuvo a bien regalarme un cachorro de pastor alemán, aunque para ser más exacto, debería decir que era una cachorra. Esa perra entró en mi vida como un soplo de aire freco en mitad del desierto... así, en un dificil momento en el que yo me planteaba si seguir siendo un humano o por el contrario acabar de una vez por todas.
Comencé sin quererlo a observar timidamente todas las reacciones de la pequeña cachorra... todas las cosas que hacía; como se movía, su forma de mirar, sus palabras, sus gestos... todo lo que era, y fue ahí cuando lo descubrí... fue ahí cuando me dí cuenta de algo realmente sorprendente: Los perros no eran estúpidos por naturaleza.
Me compré un pequeño bloc de notas y anoté a lo largo de meses, las reacciones antes problemas diarios de mi cachorra y los comparé con las reacciones de mis vecinos y de los estúpidos humanos desconocidos e impersonales. Como dije antes, fue todo un descubrimiento... mi pequeña perra era infinitamente más inteligente que un grupo de veinte físicos juntos... era algo excepcional.
Semanas despues, cambié mi estúpido nombre de humano por "snoopy", y mi boina plisada de paño, por un bonito collar color beig... así de sencillo.
Comencé casi inconscientemente a caminar a cuatro patas, y para ser sincero, la vida se veía mucho mejor desde el suelo... era otro universo totalmente distinto... aprendes a valorar las prioridades de otra manera.
Así fue más o menos como me convertí en un gran ejemplar, poco peludo, de cannis humanus.
Una mañana de septiembre, calurosa y hermosa, mientras el planeta luchaba en estúpidas guerras, mientras las mujeres hacían dietas, se afeitaban, tenían orgasmos, y se duchaban... mientras los hombres de este mundo cargaban las armas, veían deportes, y conducían... mientras el mundo seguía girando como en él era natural.... yo, feliz como un perro más, me casaba con una perra en un bonito jardín lleno de margaritas y rosas, ante la mirada no menos feliz, de otros perros y perras venidos de todos los barrios de la ciudad.
Una bonita boda... de verdad; y un bonito día ese que me casé con una perra y descubrí como ser mejor persona.
Así de sencillo.
TOBÍAS McWOKEN
13 agosto 1939