07 noviembre 2005

Teoría Dos Zombies


" ¿Cómo imos mercar calcetíns e leite no mesmo pasillo? ¿Qué somos rusos agora?
Dustin Hoffman en Moonlight Mile
A semana pasada, non sei se debido ó crack que fumei ou a que tomei algún alimento en mal estado, deuseme por ir ata o centro comercial deste inferno no que vivo. Cousas que se me pasan pola cabeza sen pensar moito. A cousa foi que cheguei ó edificio, púxenme enfronte das portas, e estas abríronseme maxicamente para que eu entrara; dín algúns pasos a modo e metínme na boca do lobo mentras aguantaba a respiración. Eu non ía a mercar nada en concreto, realmente non precisaba nada, tan só ese día espertara coa necesidade de formar parte da gran masa social e facer algunha cousa normal. A miña cabeza pedíame deixar as extravagancias e as estupideces para outros días e comportarme como unha persoa que fai cousas normales... ou iso pensaba eu.
Camiñei un anaco polo andar de abaixo e despois, nas escaleiras mecánicas, subín ó seguinte (e único) andar superior. Non me intersaron as tendas, non tiña nada que mercar. Tan só comecei a camiñar a modo parando en todos os escaparates como facía a demais xente. Foi como se houbera un desfile pola rúa e saes do público e poste a desfilar cos músicos, os xigantes, os cabezudos... así de esperpéntico foi. Paseamos durante máis dunha hora dando voltas por todo o centro comercial, parando en cada escaparate e pasando cara ó seguinte. Así todos. Como un estúpido desfile de zombies.
Chegou un momento que non o aturei máis... baixei as escaleiras e sain do edificio, non sin antes observar ós que ata ese intre foran os meus compañeiros, mortos vivintes, que seguían dando voltas sen alma pasando dun escaparate cara outro.
Xa pola tarde na casa, comecei a pensar e foi cando xurdiu a teoría dos zombies.
En casi todos os filmes de temática zombie ou de mortos vivintes a estructura narrativa é moi similar. Os mortos espertan e érguense das tumbas, atacan a todas as persoas que ven ó seu paso e mátanos converténdoos en novos zombies. Os catro ou cinco protagonistas do filme ( os máis atractivos da película) escapan dos zombies e refúxianse no centro comercial da vila (mall center en yanquilandia). Pechan todas as portas, collen pistolas e escopetas das armerias (en U.S.A hai armas en todos os mall center) comen algo nos McDonals ou Burguer King e toman cafés nos dez Starbucks que hai repartidos polo edificio. Evidentemente os teléfonos non funcionan e non se poden poñer en contacto co exterior, pero para ser sinceros, tampouco o precisan pois, aínda que están sendo atacados por mortos vivintes, eles están a gusto no gran Centro Comercial.
Mentras tanto, os zombies acabaron con todo o que quedaba vivo na vila, e achéganse a modo cara ó gran edificio central da vila: O Centro Comercial.
Intentan, como os seus pequenos cerebros lles permite, acceder ó interior e poder matar ós atractivos protagonistas. Golpean as portas, buscan ocos nas paredes, e outras estratexias estúpidas para acceder ó gran edificio.
A partir de aquí, nas películas, os zombies sempre logran entrar por algún sitio, e é cando os atractivos protagonistas escapan nun coche do centro comercial, buscando outro lugar mellor onde agocharse. É nese punto cando na película, o centro comercial deixa de ser escenario principal da película. A camara tan só sigue as andanzas dos protagonistas.
Pero eu, gracias a miña teoría dos zombies, pódovos dicir o que ocorre dentro do comercial. Os zombies, non atacan a ninguén (pois non hai ninguén) entón comezan a dar voltas por todo o edificio, miran os escaparates, intentan entrar nas tendas, dan máis voltas, miran máis escaparates, suben e baixan polas escaleiras mecánicas, dan máis voltas, miran máis escaparates... e pasan así horas e horas sen máis que facer, pois definitivamente o consumismo salvaxe é iso, para os mortos como para os vivos.
Esa mañá que fun ó centro comercial e estiven camiñando entre a masa social, fun consciente de que non estaba nunha superproducción de Hollywood sobre zombies, pero intuitivamente miraba por se vía algunha cámara. Parecía mentira que esa xente que daba voltas e máis voltas estivera viva, pero así era.
Eu definitivamente xa estaba un pouco máis morto.

5 comentarios:

Mr Tichborne dijo...

Agora que xa entraches, que saibas que voltarás,aínda que sexa para mercar un xersei en Esprinfild ou Pulanbiar. Ese xersei será o que revolte o resto do teu armario, che devore os miolos e remates sendo un zombi máis. ¿Probaches xa as Chisburguer están de oferta no Burriking?

mariademallou dijo...

unha teoría caralluda!! moi bo sr. hank! andarteri con ollo que teño un deses sitios enfrente.
saúdos e coidado de volver a entrar aí.

Scanix O Celta dijo...

Que risas botei, gustoume moito a tu loxica. tiñas que facer unha curtometraxe diso para despois poñela nos 'mall centers'.

From Hell dijo...

gracias polos comentarios...
vémonos en Área Central :)

TXARI dijo...

os zombis son o combustible do mundo se non houbese zombis sería jodido pois todos seríamos gêmte rara, uma babel completa...com mall centers tamém, of course...