12 diciembre 2005

When The Music Over... París



Unha vez estiven en París. Foi xa hai anos. En París o sol saía sempre primeiro polos barrios obreiros e despois iluminaba as grandes avenidas. Aínda non se queimaban coches e a min non me importaba. Facía frío, e eu ía a visitar unha tumba. Aínda tiña rabia xuvenil e o pelo longo... todas esas cousas que temos ós dezasete anos. Agora teño moita máis rabia, pero o meu pelo comeza a caerse como se fora follas dunha árbore morta. Os anos pasan e o ceo aproxímase a nós. É asi.
Ó que íamos... unha vez estiven en París (por gracia e obra dun amigo reloxeiro e mellor persoa) e quixen visitar unha tumba. A tumba en cuestión atopábase nun céntrico e elitista ceminterio chamado Pere Lachaise. Ademais da miña tumba, había outras con nomes famosos tallados na pedras. Alí descansaban Edith Piaff, Chopin, Oscar Wilde, e un cantautor francés do que non quero acordarme. Dábame igual. Eu ía visitar unha tumba e iso era o importante.
Non foi doado atopala, pois o ceminterio era enorme. Tiña rúas e prazas, avenidas e glorietas, árbores e namorados nos bancos; había pombas e xubilados, turistas e franceses, negros, hispanos, holandeses, ingleses, italianos e guardias que custodiaban que os mortos non molestasen ós vivos. Ó final, tivemos que preguntar onde carallo estaba a maldita tumba, pois era imposible atopala entre tanto morto e o ceminterio ía pechar. Foi un antipático garda negro-francés quen nos dixo que fóramos ó carallo nos e o morto que habitaba a tal tumba. Eu díxenlle merci e media hora despois atopamos a tumba. Non había moita xente ó seu redor, e era estrano, pois normalmente sempre estaba chea de xente que miraba desenfocadamente o epitafio sinxelo e griego que alí estaba.
Fai anos, a tumba tiña un busto fermoso que coronoba a lápida. Alguén o roubou unha noite. Hoxe en día decorará algún salón parisino entre o canal plus e o dvd.
Achegueime á tumba e observei detidamente o estado decadente na que se atopaba. Puxen o xeonllo no chán e depositei un poema enriba da tumba. Un danés mirou para min estrañado e eu mandeino ó carallo. Erguínme e volvín observar a tumba. Despois marchamos a cear ó barrio turco que é onde mellor se come nas cidades europeas.
Entereime hai algún tempo que queren quitar ó morto dese ceminterio e levar os restos ó seu puto país. Din que molesta. ¿Molestan os mortos? Xa o dicía aquel garda negro parisino.
Se algún día volvo a París volverei ó Pere Lachaise a ver se aínda o morto está no seu sitio. Eu dende logo xa non estou.

9 comentarios:

llll dijo...

as hitorias repítense e rematan sendo iguais en todas partes.
un amigo meu falaba hai unha semana dunha viaxe por Europa. cando chegou ó cemiterio pousou na tumba do teu ídolo un paquete de tabaco negro.

e non volveu fumar.

de regreso da viaxe, París ardía xa. e aquí seguía todo coma sempre.

TXARI dijo...

o que molesta non é o morto senón que as mensajes que deijou tenhem eco em pessoas que alí acoden, o día que vaia a paris nom irei a nengum cemiterio...quizais si che tome a palavra e deije os meus ósos caer polo bairro turco na procura do profundo parís...

Bandini dijo...

Una vez escribí un poema sobre ese asunto, creo, algún día te lo recitaré, pero par so hace falta que me mame mucho de nuestro señor..

Cojonudo.

satine dijo...

Preciosa lembranza, agardo que a próxima vez que volvas, o morto siga no seu sitio e che procure novos recordos para o futuro.

TomTraubert dijo...

Un gilipollas muerto es menos gilipollas. Bonito Recordario; era un buen poeta, i think so.
Aprovecho para anunciarte/anunciaros la inminente diñada de Tom Traubert.
This is the end...

mariademallou dijo...

:)

Scanix O Celta dijo...

Gracias por visitar mi tumba, el cabron del negro me robó mi poema, me lo puedes enviar por fax??.

Increiblemente bueno

Mr Tichborne dijo...

Eu tamén a visitei e estráñame que os gabachos queiran quitala de alí. É toda unha atracción turísticas, ata venden planos do Père Lachaise para localiza-las tumbas famosas.
Love me two times.. and go away!

Marinha de Allegue dijo...

:)