21 diciembre 2005


Tírame da manta e dareiche de fumar (Misiva a Papa Noel)

Querido Papa Noel:
Dubidei en escribirche este ano. Sei que cada vez estás máis vello e gordo para andar de aquí para alá cargado de presentes, pero teño algunhas ideas para uns cantos tipos e tipas que me gustaría que poideras traer no teu saco infinito. Ti dirás o que podes facer. Aí vai a miña lista:
A Cenicienta Proletaria quero que lle traias todo o amor que hai no mundo. Non me vale un pouco de amor, precisa todo o amor que se desperdicia no mundo. Quero que recorras todos os recunchos do planeta en busca dese amor desperdiciado que existe entre as persoas e llo traias enteiro. Ti non te preocupes.... eu encargareime de darllo.
A Bandini quero que lle traias un editor cos suficientes collóns de atreverse a publicarlle unha novela. Quero que ese editor se decate de que vai editar a un dos mellores escritores do planeta. Que deixe a súa vida en Nova Iorque. Que abandone a Paul Auster, Dan Brown e demais literatos e veña a donde está a literatura de verdade.
A TomTraubert quero que lle traias duas cousas. A primeira é a muller de cabelo escuro e ollos claros que lle roubará o corazón entre copas e ducados e despois espertará ó seu lado o día de Nadal con mil bicos baixo a neve do olvido. A segunda cousa é un productor discográfico que sen dubidalo o fiche para a nova xira de Tom Waits. O vello de Tom sempre precisou alguén que lle bote unha man co seu clube de fans feminino.
Para Casatlántica quero que lle traias dúas cousas tamén. Primeiro cen anos máis de vida, para que poida aproveitar todos os intres, todos os minutos, todas as horas e lle quite o máximo rendimento. A segunda cousa, que atope a alguén especial para poder ensinarlle como aproveitar a vida.
A Avogado do Diaño quero que lle regales un ano de vacacións, con todos os gastos pagados, sen teléfono móbil en Barcelona, ó lado da súa muller... ou mellor, un ano de vacacións, con todo pagado, sen teléfono móbil para os dous en calqueira illa perdida do pacífico. Penso que é mellor así.
A El final del Cocodrilo quero que lle traias un xira mundial con Metallica. Así de sinxelo e directo. Seguro que vai ser a época dourada de Metallica no que a guitarra se refire.
A Rubín, que alguén poda apreciar o válido que é para contar historias tanto se as debuxa, como se as escribe, como se as roda cunha cámara. Despois, que volva a atopar o amor... el xa sabe onde buscalo.
A os demais que pasean de vez en cando por este mísero blog, pois traelles felicidade e amor (un bó tópico) que nunca está demais.
E a min vello... pois a min cando chegues o sábado, tírame da manta e dareiche un cigarro. E o menos que podo facer despois dunha noite tan dura. Fumaremos, conversaremos e beberemos un bó whisky.
Se nada disto se cumple, polo menos desexovos que teñades un Bó Nadal, que a estas alturas e máis que suficiente. Saúde a todos

8 comentarios:

satine dijo...

É a carta de nadal máis fermosa que lin na miña vida. Gracias cariño por ese amor que me desexas, pero teño que dicirche que me conformo co amor que atopo tódolos días do ano baixo as sabas, ese que me inunda e que espero prolongar a tódolos días da vida.
Gracias por eses desexos que se cumpran todos que ben o merecen.

TomTraubert dijo...

Precioso, amigo. Debe de ser lo más sincero que has escrito en tu corta vida. Gracias por los deseos. Yo le pediré al gordo que te lleve todos los días de la vida, al menos un motivo por el que reirse a carcajadas; no esa risa floja que se te pone leyendo el diario. Eso y tranquilidad para que sigas escribiendo.
Joder, no sé que tienen estas fechas que uno llora con una facilidad...

Bandini dijo...

Qué esperas para hacerte editor y cambiarme la vida?...

Gracias por la generosidad.

mariademallou dijo...

a carta é preciosa. o ghordo ese é un tipo insensible se non se derrite. gracias polos seus desexos no que me toca.eu só pedirei pasar as tardes no seu sofá outros cen anos máis ;)

diablito dijo...

zenkius mil.

d.

Scanix O Celta dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Scanix O Celta dijo...

La verdad es que no sé si darte un beso o las gracias, por pedirle el mejor regalo del mundo para mí, al gordito de rojo. Yo os deseo lo mismo a todos, y a dos que yo me sé, que les editen un puto libro de una vez por todas.

Muchisimas gracias.

Marinha de Allegue dijo...

A carta non está mal, mais digo eu pq ten que ser PapáNoel e non hai MamáNoel??. Sempre estamos co mesmo...
Ala, xa está, esa vai ser a miña petición que cambien as "nomenclaturas" que "exploren na igualdade".

BeiJoS e ApErTaS de Nadal.

:)

P.D agradézoche moito as túas visitas,(non perdalo costume) mais como non deixabas enderezo, tardei en atoparte