07 diciembre 2005

Unha Tempada de Copas e Balas



Sae o sol e todo o demais importa máis ben pouco. Arde Papá Noel no paraíso nevado do norte e seguen mortos de fame e sede os demais habitantes do planeta. Isto xa é máis que un estúpido desfile... é un desfile grotesco. Chega o Nadal... a época máis marabillosa do ano, dín algúns; a época para estar coa familia, para facer un pouco o zombie nos mall centers, para tomar máis copas das permitidas e disparar máis balas das debidas.
Non sei, chega o Nadal e a min importame un carallo... coma sempre.
Houbo unha época na que crín en Papa Noeles e demais caralladas. Gustábame agardar que chegara as doce esperto por se podía ver a ese monte de merda chegar cos regalos no saco e botando os pulmóns afora. Hoxe en día cando paseo polas rúas molladas de Decembro teño gañas de coller a eses tipos que din: "Hooo, hooo, hooo" diante das portas dos comercios vestidos de braco e vermello e prenderlle as suas barbas e patealos de volta á inocencia da nai que os pariu. É así. Agora todo importame un carallo... coma sempre.

4 comentarios:

TXARI dijo...

como celebras entom o nadal, nono selebras ou mordendo a língua aceptas coa cachola baija? co bonito que é ver todo nevado na fim do mundo con cadanseu bonequinho de neve na rúa e as chimeneas botando fume (bueno en brens hai uma para a que sempre é nadal)e a penha dandose bicos de fariseo pola rúa...o bo do nadal foi o día que eu e o meus irmans escuitamos o do calcetin na chimenea...daquela non tinhamos chimenea e anegamos a casa de calcetins, setenta pares por toda a casa...foi uma das mais grandes broncas do ano, pero servíu para que a minha nai soubese cales había que remendar realmente...

Scanix O Celta dijo...

Casi siempre estoy de acuerdo contigo en estas cosas, pero mientras tenga niños pequeños en casa por navidad, por cojones seguire siendo un maldito zombie con arbolito lleno de bolitas y cara gilipollas cuando abran los regalos. Eso si lo que jamas pondre sera el puto belen de los cojones, como dice el chiste empezaron con un establo y mira el imperio que crearon.

(El papa noël mas real que he visto a sido el de BAD SANTA, si no la habeis visto alquilarla o robarla, os podeis reir mucho.)

Marinha de Allegue dijo...

A min o espíritu do Nadal non me embarga, mais como di o dito: "Non hai maior deprecio que non dar aprecio".
:)

mariademallou dijo...

sr. hank disfrute do bacallau con coliflor e esquézase do gordo ese. de calquera xeito na súa casa non ten por onde entrar.
vémonos prontiño!!!saúdos