12 mayo 2005

A distancia da Dor

Conta Charles Bukowski nun dos seus relatos, que unha noite vai tomar unha copa a un deses típicos antros de North Hollywood; sentase na barra, pide unha cervexa fría e acende un cigarrillo. Cinco minutos despois, un tipo que ao parecer vai todas as noites por ese antro, senta ao seu lado e inicia unha conversa con el. O tipo en cuestión preguntalle a Hank se leu o xornal de hoxe, e Hank contestalle que si; entón o parroquiano preguntalle que lle pareceu a nova das nove rapazas que morreron no incendio do orfanato de Boston: Hank, pausadamente e dándolle unha calada ao cigarro dille que realmente lle da igual. O tipo non sae do seu asombro polo que acaba de escoitar; Hank explícalle que para el o feito da morte das rapazas tan só é unha páxina no xornal, e que pasada esa páxina xa non existe a dor, nin as rapazas, nin tan sequera existe Boston. Os quilómetros fan que a dor sexa menos intensa... unha páxina nun xornal, unha imaxe na televisión, unha nova na radio...
A morte non é morte senón a vemos diante nosa. Parece frívolo pero é así.
Hoxe é un deses días nos que nada máis erguerme da cama odien á humanidade con todas as forzas. Seguramente se, cando baixen á rúa, tivese unha pistola tería pegado algún tiro. Gracias que aquí non é tan sinxelo ter un revolver.
Cada día que pasa entendo menos este planeta... e a sua "dor na distancia".
100.000 mortos en Irak... pasemos páxina.

3 comentarios:

menguante dijo...

Afortunadamente no lo entiendes, de lo contrario tendrías un problema.

Scanix O Celta dijo...

A min unha vez chamaronme racista por decir o mesmo que o señor Hank (dame o mesmo xa que odio a todo o mundo por igual). Hank ten toda a razon do mundo, porque se non nos preocupamos das desgracias da xente que temos preto que carallo nos importaran os da xente de lonxe. Encantame facer honores o meu alcume.

TomTraubert dijo...

Discrepo, aunque sólo de soslayo. Si día sí y día también sientes nausea y ganas de pegar tiros es que has comprendido perfectamente de qué va el mundo. Pero ya da igual porque es tarde. Ahora en Florida pueden descerrajarte dos plomos por ciscarte en la madre del armado. Se siente.