16 mayo 2005

Día das Letras... qué?

Supoño que sempre foi así, quero dicir que nin cando era máis novo e ía ao colexio tiven o máis mínimo interese polo día das letras galegas; o único bó dese día era o feito de que non había clase e podías quedar na casa a rañar as bolas. Hoxe en día, xa con máis anos ségueme ocorrendo o mesmo. Continúo sen interés algún polo día das letras, e coma eu moita máis xente. Está ben que exista un día adicado ao un escritor morto, pero case todo o mundo agradece ese día polo feito de non ter que traballar... e supoño que eu tamén.
¿Culpables? Non sei e non quero buscalos, pero hai que recoñecer que aínda que se fan moitos actos, recitais, coloquios, charlas, simposios e un longo ecétera, o interés da maior parte da xente segue a ser nulo.
Mirádeo deste xeito: ¿Qué é máis apetecible?, un día de conferencias sobre a vida e obra dun tipo do que nunca lestes nada e do que nada vas ler na tua vida... ou un día libre no medio do inferno da semana laboral no que podas facer o que queiras (durmir ata as doce, ir o cine, botarlle un polvo á muller..) gracias a un tipo que escribía e que morreu hai máis de dez anos. Non sei, pero penso que non é tan dificil de elexir.
Eu polo de pronto marcho a compostela a emborracharme e a esquecer que o mundo segue xirando...
Parabéns Lorenzo Varela... e gracias polo día libre.

4 comentarios:

menguante dijo...

Espero que nos podamos ver por la noche.

SALUDOS

Scanix O Celta dijo...

Bebede outra a miña conta, que volo apunte nunha berza e lla boten a un porco

From Hell dijo...

a ver se nos vemos menguante: chámote.
Avogadoooo beberei unha, dúas, tres e mil a tua conta... por descontado

diablito dijo...

pues dentro de 50 o 70 años te lo dedicarán a ti y a ver que pasa, suerte que para entonces yo estaré ya en el bar de más abajo todabia.

un abrazo!

d.