19 mayo 2005

Días de Rosas e Asfalto

Supoño que xa estou de novo no inferno, despois de pasar un festivo máis que agradable na capital do reino. E xa de volta non podo facer máis que o de sempre: Acender un cigarro, mirar ao infinito, poñer un disco e recomendarvos un filme.
Polo demais xa pouco teño que dicir; disfrutei da compañía, da comida, dos karaokes, das conversas multimedias, das copas e dalgunha cousa máis. Pero como dicía alguén : a felicidade non dura máis que un sopro de aire frío no deserto.
Pois iso, ata que nos volvamos a ver; vós xa sabedes onde estou, así que cando a cidade se vos incruste nos pulmóns e teñades ganas de fuxir, non tendes máis que chamar e vir a pasar uns días no inferno; en realidade non se está tan mal... é puro vicio.
O dito, saúdos e non deixedes de ver este filme, merece moito a pena... moito máis que botar unha hora e media sentado na taza do báter, ou mirando como se move o ceo, ou pasear á beira do infinito das estradas, ou agardar que o mundo cambie e nos colla confesados...
See you soon...

4 comentarios:

menguante dijo...

y hay que ver antes la primera parte o no es necesario?

Por cierto ¿cómo visteis a SAMUEL?

mariademallou dijo...

eu case a proveito para vervos a vós pronto e poñédesme a peli...

From Hell dijo...

Non é necesario ver a primeira parte, aínda que axuda. A samuel vino grande, grande... falador ( cousa admirable nos nenos) e simpático. E non o digo por cumplir, porque xeralmente os nenos non son así. Xogamos unha interesante partida na tenda da túa muller. Ao final gañou el cinco-cero.. con razón.

diablito dijo...

pero si que es muy recomendable ver antes de amanecer, hará que disfrutes más esta y además es una película sencilla y deliciosa, de esas que te hacen pensar en que no todo está perdido y que, posiblemente, mañana saldrá el sol. a ver si la editan ahora que sacan esta.

d.