11 abril 2005

Maldito Luns Literario


Realmente ocorreu que espertei cunha dor de costas como facía tempo que non tiña, e como aínda eran as oito e media decidín darme unha ducha. O que acontece é que estou ata o carallo de ducharme, en serio que si; non sei por qué temos que ducharnos tan a miudo; se por min fora non me volvería a duchar en anos. Aínda que supoño que para traballar de cara ao maldito público o feito de non ducharse é como mínimo un problema.
Sobre as doce achegueime á librería a mercar un libro. Como era de agardar non tiñan o libro que andaba buscando, así que comecei a mirar outro do meu gusto. Non vín nada que me poidese gustar; si vin libros do gusto de TomTraubert, de Menguante, de Casatlántica... libros para todos os gustos menos para o meu.
Entón ocorreu unha cousa curiosa, pois como non atopaba unha historia que realmente me apetecese ler, o que fixen foi mercar o libro que tivese a portada máis atractiva. Teño que explicar que non me sobran os cartos, nin tampouco almorzo heroína... pero foi o que fixen. O libro elexido foi "Trilogía de Nova York" de Paul Auster. E como digo tan só o merquei pola súa portada. Supoño que o lerei proximamente cando remate co que estou agora. Pero se por algunha razón non chego a sumerxirme nas súas páxinas, sempre terei unha bonita portada enriba da mesa de noite xunto ao tabaco.
Supoño que todo isto é unha estupidez de primeira que non tiña que ter escrito; pero neste luns de soidade, ás cinco da tarde mentras escoito un disco, non se me ocorre nada mellor que contar antes de que o sol desaparezca para sempre.
Sen fín ata o fondo...
P.D. Hoxe lin de novo, non sei a razón, aquel poema que escribiramos ti máis eu... ¿lémbraste?... o día que quedei durmido no meu funeral. Non sei, pero agora mesmo paréceme un gran poema.

2 comentarios:

Scanix O Celta dijo...

Gran disco, gran cantante, gran poeta, todo o mellor para unha tarde de soidade moitos bicos e haber se nos vemos pronto, ou coma din en vigo a ver se nos miramos

mariademallou dijo...

pois a triloxía é caralluda, do que máis me gustou de paul auster que non é dios pero chega a santo polo que escribe pero o de felix romeu si que é bo, recomendable e milagreiro.deberas telo mercado.