08 abril 2005

Friki Cinema * 85


Todo ocorreu porque fai un par de noites quedei durmido no sofá da casa mirando a televisión. Sobre as cinco da mañá espertei coas gañas de mexar; fun ao baño e despois volvín sentar no sofá a fumar un cigarro; e vaia sorpresa que levei, pois na TVG comezaba unha película... pero non unha película calquera, senón unha película que me transportou a épocas mellores da miña vida.
O feito é que non vou dicir que película é, pois sinceramente dame bastante corte, pois era un filme moi patético como para recoñecer que o vín. O que si vou dicir e que era unha desas películas dos anos oitenta (eu era un neno) que seguramente todos vimos nalgún momento.
Pola mañá ocorreuseme a idea de recuperar a miña nenez-adolescencia por medio dese tipo de películas que me marcaron nalgún momento hai xa anos. Así que chamei ao meu irmán, que lle pasa algo parecido a min, pois tamén desfruta da ostia volvendo a ver películas que tiñamos vistos xuntos e das que nos mofamos todo o posible. Por iso agora, estase encargando de baixar de internet algúns films oitenteros que marcaron a nosa infancia.
Sei que é unha estupidez, pero esa madrugada na que espertei na soidade da miña sala, vinme outra vez con nove ou dez anos na miña casa da Coruña viaxando gracias ao cine.
Por se algún de vós está interesado en este tipo de cine friki-adolescente-insoportable-recorda mellores tempos, deixovos algúns títulos para que polo menos pasedes un bó anaco recordando aqueles marabillosos anos.
Prepárate Gon... volvémos á infancia... 3...2...1.... pafff
Secret Admirer – 1985
Stand by me - 1986
Summer School – 1987
The Meatballs – 1979
Lucas – 1986
The Hitcher – 1986
etc...

6 comentarios:

TomTraubert dijo...

Creo que no he visto ninguna de esas mierdas. Seguramente también llames cine a "Porkys" y cosas por el estilo. Pero ¿a ti no te han dicho que donde fuiste feliz, bla, bla, bla? Entiendo el recelo, incluso la hostilidad hacia el crecimiento. Yo también fui Peter Pan hasta que descubrí que Wendy me la pegaba con Campanilla.

From Hell dijo...

Dende logo que Porkys é un dos mellores films xunto con El Padrino e algunha máis.
Que zorra Wendy

TITS dijo...

gracias, ya no me acordaba de porkys. alla va....searching and loading....
tits

TITS dijo...

yo os digo que esa epoca es con la que vives eternamente y nunca te abandona! por suerte!
(b) el final del cocodrilo

menguante dijo...

Nauseabundo

Scanix O Celta dijo...

os faltan La ley de la calle y Rebeldes, (las tengo escondidas debajo del colchon)