26 febrero 2008

"Para Alaska me vooooooy....lara,lara..."

Tantos días sen saír da selva á cidade, e nunha fin de semana....¡paff! dúas visitas ás cidades.
A primeira, o sábado, foi unha xuntanza melancólica etílica, daqueles elementos que pasabamos tardes, noites e madrugadas enteiras, bebendo tristezas e botando risas ao ceo, naqueles taburetes infernais da añorada Sá do Penal... in Santiago D.C
Foi unha fin de semana máis que interesante, pois volten a ver xente que levaba moito tempo sen ver. Iso é de agradecer. para min foi como voltar a respirar, aínda que tan só fora por unhas horas. Haberá máis ocasiones... seguro.
A segunda saída, foi onte mesmo ata a cidade que me viu nacer e onde vivín moitos anos. Non foi unha viaxe tan agradable coma a do sábado, pois o motivo era ir a tráfico a recoller o meu permiso de circulación, roubado por eses fillos de puta disfrazados de verde que van en parella polas estradas.
Aínda así, tivo a súa parte positiva, pois vin ao meu irmán (levaba meses sen velo) e camiñei pola cidade lembrando o moito que odiaba ao xénero humano.
Odio este sistema de vida, en serio. É completamente denigrante que teñamos que vivir rodeados de tantos bancos, de tantos centros comerciais, de tantas aseguradoras, de tanto estrés, de tanta merda. É por iso polo que teño esta tristeza incrustada no peito e na mirada. O odio... é impresionante.
Marcho... o máis lonxe posible... ao norte, entre a neve e o ceo... alí mesmo
Do film deste post... ben... pouca cousa:
O Mellor: A sensación de estar vendo un film de terror...
O Vampiro xefe... impresiona.
O Peor: Un film made in Hollywood sen máis...

8 comentarios:

... dijo...

ao norte, entre a neve e o ceo...bo lugar...non é boa idea leerte no traballo...da ganas de mandar todo a merda e saír a pasear baixo a choiva.

Bandini dijo...

pués a mí me apetecía verla un domingo de estos...

Unknown dijo...

Realmente e unha sorte que estean prohibidas as armas neste pais, senon moitas veces, non sei que pasaria, pero tes razón ODIO esta moi a flor de piel....
oes hay unha galega que ademais ten un blog e vive en Aniak, Alaska, asi que se queres facerte unha idea, visita...
http://www.meigaenalaska.blogspot.com

llll dijo...

cagho na cona bendita e na virxe da patena!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! pero inda estás ou xa marchaches ou qué carallo pasa? avisarás? sabes que teño número de teléfono ó fin, non? terei que mandarcho para non enterarme destas cousas polo blog. Suso volveu! reviviu! está aquí! vénte pa Chile meu!

From Hell dijo...

A tua nena: gracias polo comentario, é fermoso como todo o que escribes...
Bandini: Os domingos prefiriría ver o presin cach co teu fillo... é máis divertido que ver películas
Extraño: as armas están prohibidas, efectivamente; pero hai moitas maneiras de conseguilas.
Sara Jess: perdón pola incomunicación, pero iso non é o meu. Saúde e a ver se un día destes coincidimos nun acto deses intelectuais nos que sempre coincidimos...saúde.

llll dijo...

non volvas a dicir esa palabra (intelectual) creo tan pouco nela coma ti...

A. Doinel dijo...

Amigo mío, no odie tanto, o sólo lo necesario. Yo odio a los palomiteros en el cine o a la señora que echa de comer a los gatos, y me los cargo en los cuentos.
Salud y nos vemos un lunes de estos

Meiga en Alaska dijo...

Oye, pues nada, ya sabes, si te apetece venir a Alaska, en Aniak siempre hay un sillón-cama para las visitas :)

Bicos y gracias por la visita a mi blog