03 febrero 2006

VIVIR EN LAURA
(POESÍA EN CIDADE PROFUNDA)




¿Cómo perdurar, atar a posesión recíproca, se se amaban nun
equívoco monstruoso, no fío dun soño?
X.L Méndez Ferrín
“Morrer en Laura”

0

Como diría Holden: Se de verdade queredes entender esta historia
debería comezar polo princípio.
Debería falarvos de Laura
De Laura e de mín…

1

Eu vivía en Laura
e laura vivía ao meu lado
na casa máis acolledora
de todo o bloque…
coas persianas verdes oxidadas
que ás veces
tan só as menos veces
nos deixaban ver as estrelas
no ceo do patio de luces.

Eu vivía en Laura ben barbeado
e Laura facía moitas cousas por mín.
Laura facía a comida para os dous
e case sempre eran fabulosas comidas quentes,
receitas milenarias sacadas dos máis estranos libros
que atopaba na biblioteca municipal…

Así era Laura…
Ás veces
tamén enchía a bañeira de auga e xabrón
e metíamonos os dous dentro
a ver pasar o tempo;
despois ela,
mentras me tocaba cunha man baixo a auga,
tamén me barbeaba coa outra;
Laura poñía espuma no meu rostro obsesivo e
despois, cunha coitela ben afiada,
deslizaba todo o seu encanto pola miña cara
como se nacera para facer iso.

Dicíao diante da xente:
Nacín para barbear caras fermosas.
Así era Laura

Outras veces, case sempre en domingo,
Laura tiraba de mín e me levaba a pasear pola cidade.
Moitas veces os nosos paseos
remataban no parque da cidade
á beira dos ameneiros e preto do río
onde ela,
primeiro me contaba un segredo do seu pasado
e despois bicábame con amor
sempre con amor.

Así era Laura.

Os martes Laura sempre me levaba ao cine
quixera eu ou non.
Non podía ser calquera filme,
pois ela non podía ver ningún que tivera actores famosos.
Ela odiaba aos actores
e tamén odiaba o cine.
¿Qué é o que che gusta Laura?
As fermosas historias que contan.
Unha boa etapa
na que aprendín a desfrutar do cine
que se facía en lugares
máxicos e remotos
como
corea
xapón
rumanía
serbia
islandia
afganistán
iran
e outros lugares que non lembro.

Despois do filme
Laura e eu tomábamos café, té e whisky
nos locale próximos,
ata que, xa borrachos,
marchabamos ao parque
a facer o amor baixo os ameneiros,
ao lado do río
entre os excrementos dos cáns.
COMO DOUS ACTORES SECUNDARIOS
COMO DOUS AUTÉNTICOS SECUNDARIOS

Así era Laura
E eu.

5 comentarios:

Scanix O Celta dijo...

...Y que no te salga de los cojones juntar todas tus historias y poemas para hacer un libro, manda carallo....

TXARI dijo...

que bonita é a vida outeando as estrelas con alguem que vive en ti...

Bandini dijo...

Lo mejor que te puede pasar en esta película es ser un secundario. No tenía pensado desvelar nunca este secreto pero...ya está dicho.

Bonito poema, me encanta tu ven romántica

mariademallou dijo...

é ben bonito.

... dijo...

Todos vivimos en alguén, non? algunhas veces hai pinjeiras, outras demasiado frío, as veses saenos realmente caro...justoume, moito.aperta.