28 noviembre 2005

Unha Cousa Excepcional


A chamada foi de madrugada e concreta: " Matar a Marga. 3.000€ efectivo. Café Bar Colonial 22.00h. Sen rastro".
Non o dubidei. Era o meu traballo, matar xente.
O día en cuestión espertei cedo. Ducheime e barbeime. Botei perfume e puxen a americana para traballar. Gustábame esa americana; tiña cinco petos grandes e era entallada nos lados. Gardaba as dúas armas, o tabaco, o móbil e a carteira e non se notaba en absoluto. Armani fixo un bó traballo deseñando esa prenda.
Saín á rúa. Facía un día noxento. Chovía e facía frío demais para estar en setembro. Comecei a camiñar cara ó centro. Quedara co meu irmán ás dúas para xantar, ó parecer quería falar comigo dunha nova amiga que tiña. Gustábame conversar co meu irmán, era un tipo coa cabeza ben asentada.
Aínda eran as once, así que parei nos billares e bebín dous combinados de vodka. Xoguei tres partidas e perdín douscentos euros. Non se me daba nada ben o billar, pero gustábame vacilar ós tipos dos muelles que paraban por alí. Eran tipos grandes e mal encarados, pero no fondo eran tan estúpidos e débiles como todos os demais.
Estiven nos billares ata a unha e despois achegueime ó banco a pedir un estracto da conta. 9.720€, iso era o que tiña ese día de setembro. Acababan de pagarme catro mil por facer desaparecer a unha muller facía duas semanas. A tipa en cuestión ó parecer era unha zorra que non facía máis que poñerlle os cornos ó infeliz que me pagou. Normalmente non quero saber nada da persoa que vou a matar, pero o infeliz empeñouse en contarme a súa vida para que fora consciente da zorra que tiña que matar. A min dábame igual, aínda que fora Santa Teresa ía recibir un tiro na cabeza como todos os demais. O infeliz igualmente contoume a sua vida e eu escoiteino, tampouco tiña nada mellor que facer, e a fin de contas era o meu traballo.
Nesta ocasión, eu non sabía quen era Marga nin o que fixera, pero non me importaba, ía recibir un tiro na cabeza como todos os demais.
Cheguei ó restaurante ás duas e meu irmán xa estaba alí. Comemos napolitanas de polo, ensalada tricolor e tiramisú de postre. Paguei eu.... meu irmán estaba namorado demais como para pensar nesas trivialidades.
Pola tarde visitei á miña avoa. Era viuva, e eu un mal neto, así que sempre que tiña tempo libre ía pola súa casa e conversábamos do divino e do humano.
Ás sete deixei a miña avoa contenta e fun ó cine. Estaban poñendo a última de Lars Von Trier e non quería perdela. Collín un taxi e ás sete e media xa estaba sentado na butaca mirando a pantalla. Encantábame o danés ese do carallo.
Ás nove e media estaba fora do cine. O café bar Colonial só estaba a cinco rúas de distancia do cine, así que camiñei a modo fumando un vantage e desfrutando do vento frío baténdome na cara. Pouco antes de chegar, recibín unha chamada no móbil. Era o tipo que me chamara facía dous días. Parei nun soportal e escoitei o que tiña que dicir. Describiume fisicamente a Marga e pediume que non a fixera sufrir. Despois díxome que era unha zorra. Eu contesteille que todas eran unhas zorras; non o pensaba, pero deixábaos máis tranquilos.
Entrei no Colonial ás dez e cinco e senteime na barra. Pedín un combinado de ron e observei o local. Era un café cheo de estúpidos con aires literarios. Ó fondo do local tiñan un estante con libros. Achegueime ata alí e mirei os libros. Non era máis que basura comercial. Volvín á barra e acendín un vantage. Dez minutos despois chegou a tal Marga ó local. Observeina. Era fermosa. Levaba un abrigo de paño cor terra e unha minisaia beig que facía conxunto cunhas fermosas e caras botas de tacón altas en marrón. Marga tiña clase. Debía ter uns trinta e cinco anos; era morena de ollos claros e mirada tranquila e pausada. Debía ser a muller máis fermosa que vin na vida.
Sentou na barra, preto de min e pediu un café descafeinado; acendeu un cigarro e colleu o xornal. Erguínme do asento e achegueime ó seu lado. Díxenlle ó camareiro que me cobrara o café e puxera dous combinados de ron. Marga sorriume e miroume de arriba abaixo. Era máis fermosa de preto. Comezamos a falar tranquilamente. Falamos e bebemos durante duas horas. Ela estaba un pouco borracha e eu estaba saído. Saimos do Colonial e invitoume a sua casa. Definitivamente era unha zorra.
Contoume que o seu marido estaba fora da cidade ata o mércores. Evidentemente iso eu xa o sabía.
Cando chegamos a sua casa, bebemos máis e despois deitámonos alí mesmo no sofá. Estivemos unha hora facendo o amor e despois seguemos a beber e a conversar. Contoume o infeliz que era co seu home. Contoume cousas do seu traballo nunha axencia tributaria. Contoume cousas do seu gato. Contoume que tiña un amante máis novo que ela. Contoume que levaba catro meses sen deitarse co seu home. Contoume unha morea de cousas e eu miraba para ela porque era unha muller fermosa e infeliz.
Unha hora despois erguémonos do sofá e bicándonos fomos ata o seu dormitorio e fixémolo de novo. Foi impresionante. Abraceina con todas as miñas forzas e quedamos durmidos como dous nenos.
Cando espertei eran as sete e media da mañá. Marga durmía e erguínme da cama. Fun ó lavabo e botei unha longa mexada. Tiña sono. Fun ata o salón e collín o seu bolso. Maquillaxe, perfume, unha axenda... a carteira. Abrina. Tiña trescentos euros e tarxetas de crédito. Collín os cartos e seguín revolvendo no bolso. E foi aí onde pasou unha cousa excepcional, pois Marga, nun peto oculto do bolso, tiña unha fotografía. A tal Marga, fermosa e infeliz, tiña unha fotografía onde ela e o meu irmán estaban mirando á camara sorrindo como dous colexiales en día santo. Seguín revolvendo no bolso e atopei unhas probas médicas, que dicían que Marga estaba embarazada. Meu irmán ía ter un fillo. Quedei abraiado.
Volvín ó dormitorio e observeina durmir pracidamente. Puxen a miña americana, quitei a pistola e pegueille dous tiros, un na cabeza e outro no estómago.
Despois, saín do edificio e dispúxenme a cobrar os meus tres mil euros. Facía un bó día, moito mellor que o anterior, ou polo menos a min parecíamo.

7 comentarios:

Scanix O Celta dijo...

Ñak ñak ñak Os negocios son os negocios, gostoume moitisimo o teu relato. Segue destruindo a ese ritmo.

Saudos.

Mr Tichborne dijo...

Así me gusta, aínda quedan profesionais. Un curro é un curro.

From Hell dijo...

Bueno Rubín, veo que te levantaste transgresor :-)

Entiendo lo que dices, pero ten en cuenta que estos relatos que cuelgo en el blog no son más que cosas que escribo para pasar el rato. Solo eso. Pretendo divertirme escribiendolos y caer en tópicos típicos, historias que todos conocemos, clichés, y todo eso. No le doy la mayor importancia a lo que escribo cuando solo escribo para pasarlo bien. Cuando escribo por necesidad (y no para divertirme) la cosa cambia.
De todas maneras, se agradece tu crítica constructiva, pues siempre son buenas y me dan ideas para próximos relatos.
Graciñas Rubín.
Un saludo

From Hell dijo...

Vale Rubín, me alegro que te de que pensar el relato, pero no te lo tomes tan en serio machiño que me acojonas... parece el examen de fin de curso de un taller literario!!!
La próxima vez intentaré no caer en tópicos-típicos-clichés... palabrita del niño jesús!!!
Quiero aprobar el curso como sea ¿eh?

Ala, a cuidarse

TXARI dijo...

é innegable que aprender aprendese dos clichés, para indagar hai tempo, pero sí que coincido con rubín en que esa historia de viravolta debe estar de ramera nai...de tódolos jeitos, noraboa, kitano da fin do mundo...

mariademallou dijo...

a min tamén me gustou, como divertimento está de pingas. un pouco cliché de tipo duro pero mola.
o mellor e que o tipo ten novemil euros na conta e fuma o puto vantage dun euro vinte...;) xenial detalle

Bandini dijo...

menguante ha muerto viva Bandini