31 julio 2005

Propia Teoría de Evolución

Sentado no centro do deserto pretendía escribirte un fermoso e marabilloso poema no que poder concentrar todos os medos do universo; as miserias máis salvaxes e as máis estúpidas ideas revolucionarias sobre literatura, cine, e arte postmoderna en xeral.
Foi un acto idiota e carente de creatividade.
Polo contrario o que fixen foi respirar profundamente e observar os límites do deserto na miña cabeza. Tumbeime de costas no frio chan e observei o universo con todos os seus defectos latentes. Contei as estrelas de duas en duas e púxenlle estúpidos nomes aos poucos planetas que coñecía, pois nas clases de astroloxía, mentras explicaban a orixe do universo e outras estupideces, eu miraba pola fiestra ao equipo feminino de volei.
Cousas da idade mesmamente.
Así, no frío centro do deserto, renunciei as miñas conviccións poéticas ou literarias e comecei a camiñar lentamente cara as luces da cidade, que alá ao fondo mostraban o mencer dun novo día...

6 comentarios:

diablito dijo...

moi fermoso, meu, e verdadeiro.

unha aperta grande.

d.

mariademallou dijo...

e na cidade agardabamos por vostede sr. hank, faciamos unha festa para celebrar que volvía do deserto con plenas facultades poéticas.
bonita teoría.
un saúdo

menguante dijo...

algo parecido le ocurrió a Jesucristo pero él no escribía también como tú.

TomTraubert dijo...

Ya me temía que algo así había pasado. Precioso poema y la teoría más sensata de cuantas haya leido.

From Hell dijo...

benvido de novo á tecnoloxia sr. Tomtraubert :)

TXARI dijo...

boa teoria, abofé, invítoche a redescubrir a rosalí dende oitros ángulos no meu blog, saúdos