20 mayo 2005

Chute Cultural

Onte, como quén non quere a cousa, metínme unha grande dose de cultura da cal aínda non me repuxen.
Pola mañá, dun tirón (é moi curtiño) lín o libro que casatlántica tivo a ben prestarme : Nieve... unha fermosa historia sobre un poeta no Xapón feudal, que me fixo lembrar, non tanto pola historia como si pola estética dunha gran película que vin fai pouco: Hero de Zhang Yimou.
Ao rematar ca impactante historia dos amantes da neve, e debido ao aburrimento xeral que predomina nas miñas mañás, seguín con outro libro prestado: Retratos de Truman Capote; deste libro, ao que xa lle tiña gañas, disfrutei especialmente co primeiro retrato que fai Capote: Marlon Brando. Fala Capote dunha entrevista que lle concedera o gran actor en Kioto, Xapón (outra vez) cando estaba inmerso na rodaxe de Sayonara. A entrevista non ten desperdicio, porque as declaracións que facía Brando nunca tiñan desperdicio. Penso que che pode gustar este libro Avogado.
Xa pola tarde, despois de botarlle unha ollada na casa a unha enciclopedia cinematográfica para buscar uns datos, regresei ao traballo e continuei mesturando a lectura de Capote, a revisión duns poemas, a escritura... e todo iso bañado ao longo de todo o día da discografía completa de Tom Waits en mp3.
Xa pola noite, na casa estiven vendo a reportaxe que botaron no satélite sobre directores que non ían de estrelas polo mundo pero aínda así fixeron grandiosas películas; como é o caso de Don Siegel, John Houston, Sergio Leone: directores de oficio que sabian deixar o seu selo persoal.
E así cheguei ao fín do día... despois do meu chute cultural decidín que estaba saturado de tanta cultura. As miñas veas a punto de estoupar, e fixen o que todo mortal debe facer un xoves pola noite: Ver un Reality Show tumbado no sofá e quedar tan pancho.
Sen dúbida foi o mellor de todo o día

2 comentarios:

From Hell dijo...

estouno pensando a verdade...
viva césar rincón y su chicuelina!!
p.d Mierda de Barsa

Scanix O Celta dijo...

Moitas gracias pola recomendacion, xa esta apuntado para a pequena biblioteca que teño pensado facer, por certo vaixarei por eses lares o dia 28 e 29, xa te darei unha visitiña. Bicos e apertas pra todos.

PD Antes de ver un Reality Show, deberias leer a biblia, que falta che fai.