26 abril 2005

Visita de Dinosaúrio

Hoxe pola mañá, sobre as dez fun ao centro (que ben sona iso nunha vila pequena como esta) a tomar un café e ler a prensa nunha cafetería. Entrei, pedín un café, collín un xornal facha e acendín un cigarro. Botei unha ollada xeral ao local e xa me chamou a atención a morea de tipos ben vestidos e con cara de gilipollas que tamén tomaban cafés (elegantemente) e lían a prensa facha por vontade propia, non coma eu. Non lle dín moita importancia a ese feito, aínda que nesa cafetería non soen ir moitos estúpidos. Eu seguín ao meu, tomando o meu café e ollando o xornal. Non lin moitas cousas de interese a verdade; tan só que alguén quedou durmido nun discurso de Fidel Castro... que Crónicas Marcianas remataban ao final de tempada... que o último poeta da xeración beat dera un recital en Madrid; cousas absurdas e que me resbalan bastante.
Apaguei o cigarro e mirei polos grandes ventanais para afóra: a rúa fóra cortada por uns valados da policía local, xente con cara de despistados miraban cara ao concello, tres Audis A6 e seis Mercedes E320 daban voltas por diante da rúa... cousas normales de todos os días pensei eu inocentemente (nesta vila hai moita máis pasta da que pensamos). O camareiro, un tipo alto e desgarbado co cal teño algo de trato, puxo un disco de Amaral e comentoume que o seu último traballo era unha merda; eu asentín e pensei porque carallo poñía o disco entón, pero non llo dixen claro, considerome unha persoa educada. Tamén me comeuzou a falar de outras cousas que por suposto a min non me importaban unha merda, así que baixei a mirada ao xornal e seguín ao meu. O camareiro, seguramente decatouse de que non tiña gañas de falar e marchou a fregar vasos ou ao que fagan os camareiros, que non sei que é e tampouco me interesa.
Dez minutos despois, erguínme da butaca, paguei o café e volvín a mirar á rúa; máis fillos de puta íanse colocando en posicións estratéxicas enfronte do concello, así que xa farto de non enterarme de nada chamei ao camareiro e pregunteille se sabía o que carallo estaba a acontecer; e foi cando mo dixo; díxome que esa mañá o
dinosaurio que governa este país ía visitar o concello para firmar non sei qué cousa. Inagurará un monte ou un río pensei.
Despedinme do camareiro e botei un último vistazo aos paiasos que agora abarrotaban a cafetería, xornalistas na súa maior parte.
Saín do local e montei no meu coche, arranquei, metín primeira e marchei a traballar, que é unha cousa da que non me libro aínda que esta vila se convertera por un día en Jurasic Park.

2 comentarios:

mariademallou dijo...

vai disfrutas das famosas augas termais do muelle de brens.

Scanix O Celta dijo...

Que sorte tendes, igual e todo morre diante do concello e vos dan catro dias de luto pra facer festa e tocar a zambomba. Saudos Libertarios