25 abril 2005

Absoluto Cine Guerrilleiro


Está claro que hai cine e cine; como tamén hai xente e xente, ou mulleres e mulleres. Pero hoxe gustaríame falar do "outro tipo de cine"; do cine que está feito dende as entrañas, co corazón nunha man e a camara na outra. Un cine diferente que con poucos medios conta as historias máis grandes; ese tipo de historias que aos subnormais de Hollywood, ou de Madrid, ou de calqueira lugar con capital lles interesa unha merda. Hoxe quero comentaros que vin duas xoias arxentinas dirixidas por un tipo que dende hoxe será un dos meus trescentos directores preferidos: Carlos Sorín. Os filmes en cuestión son: "Bombón El perro" e "Historias Mínimas", absoluto cine guerrilleiro, feito con moi pouca pasta pero con moita imaxinación, amor e sentido común.
Aínda que non vos guste moito o cine, se vos gustan as historias que falan dos grandes temas universais: as miserias, o amor, as estradas, a solidaridade, o fracaso, etc.. se de verdade vos gustan esas historias, pois non deberíades perdervos estas duas películas. Palabra, non quedaredes indiferentes.
E para isto non hai excusa Menguante, pois ata no peor videoclube, teñen estos filmes.
Cine 100%
E outro tema, nos meus links hai un novo blog, dun bó amigo ao que moitos coñecedes, pois xa tendes mandado textos para a súa páxina; Pois dicirvos que o seu blog de fotos non ten desperdicio ningún, como as películas de Sorín.
Sen fin ata o fondo.
P.D Levo 33 días sen probar unha gota de veleno etílico... estareme volvendo idiota?. O tempo o dirá.

5 comentarios:

From Hell dijo...

Tes razón elastic-girl está boísima.. Samuel é sabio..

Scanix O Celta dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Scanix O Celta dijo...

Dicia no anterior post que se virades o corto de Jack Jack que ven ca pelicula, eu de maior quero ser camo ese neno. Por certo reafirmo que o teu fillo e moi sabio, solo lle falta que lle guste Robin Hodd de disney e sera un colega perfecto.

mariademallou dijo...

non te preocupes que en canto apareza por aí xa agarramos unha para celebrar a república a destempo... e de paso podiasme prestar bombón el perro, que morro de ganas de vela.
ánimos

From Hell dijo...

gracias a todos... falando con vós entranme as gañas de sair agora mesmo a beberme o mundo, enteiro e sen xeo...
chin-chin