07 abril 2005

República Bananera-Cristiana


Teño que volver a parafrasear a Dylan, pero é que "os tempos están cambiando". Non teño explicación terrenal para comprender o que lle pasa a Fidel estes días; supoño que será a idade... ou que agora fuma crack agochado nos baños do palacio da revolución. Non sei, pero non entendo que un tipo que sempre fardou de ser ateo; un tipo que declarou que Cuba era unha república atea; un tipo que nos peores momentos de acoso en Serra Maestra nunca mirou ao ceo... pois por todo iso, non entendo que agora diga que Cuba xa non é atea, senón que é laica. Non entendo que despois de tantos anos vaia á catedral da Habana a escribir sobre o papa; e o que de verdade non entendo é que quixera ir ao funeral a Roma pero que declinara a viaxe por prescripción dos seus médicos.
Quero pensar que é a idade que lle está a pasar factura. Supoño que todo o mundo chegando a certa idade intente buscar a redención dalgunha maneira... e a máis sinxela e achegarse ao cristianismo.
De todas maneiras, gustaríame ter visto a Fidel en Roma, acompañando a George Bush pai e fillo, a Condoliza Ricce, a Rajoy, a Blair, a Clinton, aos cardenais... e a toda a grande familia de líderes mundiais que estarán estes días en Italia. Como menos sería pavero. Menos mal que os médicos (seguramente asesores políticos) lle recomendaron non ir. Pois ver a Fidel preto de Deus, sería unha imaxe que non se me borraría en moitos anos.
Amén.

3 comentarios:

Scanix O Celta dijo...

Ti non seras deses que leron 'anxos e demos', deses chamados a ser erejes segun o vaticano, ti non ves que no solpor da vida ata fidel castro abraza a cristo, pero a ver se o abaraza de verdade el , o seu irman, fraga, busch e toda a piara, perdon 'toda a grande familia de líderes mundiais'

mariademallou dijo...

sabe máis o demo por vello que por demo.con todo non creo que fidel sexa tan iluso como para abrazar a fé cristiana a estas alturas...

From Hell dijo...

vexo que Fidel sempre é tema de conversa...
graciñas