02 abril 2005

Dias de Borrasca (víspera de resplandores)


O mundo acabarase hoxe ou mañá. Xa sei que é un pouco tremendista esta frase, pero é verdade... polo menos para o mundo católico. Nunhas horas, ou nuns días, os católicos de todo o mundo quedarán orfos do seu máximo líder espiritual.
Sinceramente a min dame bastante igual o que lle ocorra a igrexa; Non penso que porque morra o Papa o mundo vaia deixar de dar voltas, aínda que é o que parece. En todos os informativos, na radio, nos xornais, en internet... en todos os lados, non hai outro tema de conversa que a inminente morte do pontífice.
Da pena... refírome ao feito de ver a un vello con párkinson sair a fiestra e observar aos seus súbditos dando palmas mirando ao ceo. Non sei, ogalla fose un prolegómeno... ou mellor unha metáfora do declive da igrexa católica: As xentes de ben mirando ao ceo e observando ao seu líder moribundo.
Todos nós tendemos a sentir pena por un anciano a punto de morrer.. pero nestes días de borrasca habería que lembrar todos os mortos... afogados... pisoteados... silenciados... en nome da igrexa católica. Todas as barbaridades que se fixeron polo mundo adiante en nome de Deus. Non sei que dicir. Tal vez o mellor será non dicir nada.
O único que me gustaría comentar é que cando morra o papa gustaríame pensar noutra opción diferente; gustaríame que aconteceran outros feitos. Podería ser... podería ser que morrera o Papa e durante quince días, mentras elixen ao seu sucesor, houbera un golpe de estado no Vaticano. Si, un golpe de estado levado a cabo por cen ou douscentas persoas baixo o nome do G.A.M ( Grupo Ateísta Mundial), que chegaran a praza de San Pedro pegando tiros contra a garda suiza e tomara o poder. Que o seu líder, autoproclamárase Papito do mundo e levara as súas doctrinas alá polo mundo: O home como centro do mundo; a solidaridade dos pobos; a paz mundial ou ese tipo de tópicos que todos pretendemos que se leven a cabo neste planeta.
Iso estaría ben... que o G.A.M golpeara con forza no vaticano e se comezaran a pechar igrexas por todo o mundo. Que os símbolos do poder pola que tanta xente morreu anos e anos fosen esnaquizados... e a poder ser comezando pola maldita Catedral de Compostela.
Os que me coñecedes, seguro que algunha vez me escoitastedes esta frase : "Coas tripas do último militar aforcaremos ao último cura, entón o mundo comezará a funcionar".
Pois iso, que xa non teño máis que dicir.
Boa viaxe, Carol... amén.

6 comentarios:

mariademallou dijo...

so agardo que cando o papa morra o seu espírito chegue ao ceo. e dende alí, que chame por manoliño e outros tantos que tamén lle vai tocando...en fin

saudiños hank

Scanix O Celta dijo...

Tes moita razon dicindo que o mundo estase acabando, primeiro morre o papa, segundo separanse chenoa e visbal e terceiro a sumaquer rompelle o coche, non sei se poderei sobrelevar esta fin de semana

Juanma dijo...

Suso, esto vai por días, xa sabes...
Agora tocanos chorarlle a un papa do que levamos pasando toda a vida. Eso vende que te cagas.

tery dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
tery dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
TomTraubert dijo...

Me prometí que no hablaría del tema y todavía estoy a tiempo. Al fin y al cabo me prometo tantas mentiras... qué cojones. Eres un hereje y lo de la cathedral no te lo perdono. Muerto el anticristo sólo nos queda rezar, o beber. Que dios le perdone y a ti que te coja confesado, o masturbado.