30 marzo 2005

Strange Days


Parecía que a maldita semana santa non se ía ir nunca... Entre os festivos, as copas, os cambios de hora, as noites, máis copas... e todo o demais, xa case quedei morto para toda a semana.
Estes días estiven desintoxicándome mentalmente de internet; precisaba algúns días afastado destas teclas, e dos blogs, da pantalla que acaba coa miña vista...etc.
Ademais, aínda que pareza estrano, déronme unha boa nova, pois ao parecer despois de tantos anos vou poder volver publicar algo... resulta que queren un poema meu para un libro colectivo que esta a facer un tipo, como menos interesante. E iso foi outra das razóns pola cal deixei de deprimirvos cos meus textos neste divino blog.
Aínda non sei nada do libro... nin o título, nin quén máis vai estar; pero non vos preocupedes que cando saiba algo máis xa vos informarei debidamente para que o merquedes (risas).

Agora, neste mércores onde a choiva cae novamente para limpar o asfalto e as nosas conciencias, seguirei traballando e esculpindo algún poema máis... soñando con todas esas cousas... camiñando cara ao futuro... e pensando un pouco en vós.
Prometo que o próximo post que escriba será máis interesante.
Sen fin ata o fondo...
P.D. Se tendes oportunidade deberíades ver unha película que tiven o pracer de ver onte entre o fume de cigarros e unha boa taza de café... non vos vai defraudar.

8 comentarios:

Scanix O Celta dijo...

Unha vez me diseches que todo o que se escribia era interesante, moitas felicidades por esa volta as imprentas.

menguante dijo...

en casa estoy enfermo, en el curro de inventario y enfermo.
cojonudo antes que anochezca.

enhorabuena por esa publicacion, que publiquen tu poema sólo y quemen todo lo demás.

TomTraubert dijo...

Qué decirle poeta. Ánimo con esa publicación. Yo no compro un libro por un maldito poema pero si hay que hacer un esfuerzo, arrancaré la hoja antes de que me pille la dependienta.

From Hell dijo...

gracias polo apoio...
merecedes o paraíso e algo máis
bicos mil

mariademallou dijo...

parabéns señor hank polo seu regreso ao papel impreso!! agardamos con impaciencia

Roberto Iza Valdés dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Clickbank Mall dijo...

Come Visit Santa at his blog and tell him what you want for Christmas,

Roberto Iza Valdés dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.