08 marzo 2005

Diario de Domingo Resacoso (Million Dollar Baby)


O sábado apareceu a lúa á hora pactada e o poeta chegado de Ribadeo visitoume e plantexou o feito de voltar a envelenarnos unha noite máis. Chamei a Loren, a partir de hoxe o negro, e os tres metémonos nunha nova aventura etílica – nocturna.
Se por algo era diferente esa noite de sábado a outra, foi polo feito de que os bares ían pechar unha hora antes por mor dunha nova lei aprobada por homes traxeados elexidos democraticamente por outros homes máis estúpidos se cabe que os votaron coa esperanza de que as cousas cambien. O feito foi que as catro da mañá — xa cunha boa dose de veleno no corpo — todos os malditos bares e clubes pecharon as portas e tivemos que quedar na rúa coa copa na man e cara de imbéciles.
Aínda non sei moi ben a razón pola que queren que os bares pechen máis cedo, pero supoño que aos homes traxeados non lles gusta a idea de ter as rúas cheas de borrachos ás cinco da mañá.
As noites de sábado soen comezar da mesma maneira... a primeira copa, un cigarro tras outro, outra copa, outro bar... pero dende logo, polo menos no meu caso sempre rematan igual; tardo cinco minutos en abrir a porta da casa, unha visita ao lavabo, un vaso de auga e depositar o meu corpo na cama onde o veleno comeza a perder forza. E así foi.
O domingo, un home chegado do continente africano ofreceume dvds a cinco euros, e nun primeiro momento tal vez debido á resaca, non lle fixen moito caso. Pero foi despois de darlle un grolo ao café e mirar máis detidamente, foi cando me decatei que entre os dvds tiña esa pequena xoia chamada Million Dollar Baby.
Esa mesma tarde, meu amor, o meu gato e eu tirámonos no sofá da miña casa e visionamos entre algún café e algunha bágoa a última película do vello cabrón de Eastwood.
Para quen aínda non vira a película podo asegurarlle que non lle vou destripar o final e incluso non vou falar nada da historia central da película. Tan só dicir que me seduxo dende os primeiros cinco minutos o magnífico relato de personaxes perdedores — que non fracasados — intentando buscar o seu sitio no mundo. Unha historia que che impacta non tanto polo dramatismo da mesma, senón polo moito que se parece á historia de calquera de nós, persoas sinxelas que tan só loitamos no día a día para poder obter un mínimo de felicidade nas nosas vidas; Ao fin e o cabo, iso é o que pretendemos todos neste maldito planeta, sen ter en conta o noso traballo, ou a nosa posición económica ou a nosa condición sexual.
Tan só mencionar que por riba do fume de cada cigarro e do asombro inicial dos fermosos e clásicos planos da película, fun capaz de ver que Hilary Swank se sabe escoller futuros proxectos, chegará a ser unha das actrices máis respetadas e máis interesantes do mundo do cine.
Ao rematar de ver a pelicula, a dor de cabeza provocada polo veleno da noite pasada xa non estaba, tan só quedaba dentro de min unha mestura de esperanza e sufrimento que intento superar escribindo estas líneas mentras escoito na radio á voz que representa a todos os perdedores do mundo, Tom Waits.
Seguirei esquivando dereitazos coa lección máis aprendida.... gracias Eastwood.

5 comentarios:

Scanix O Celta dijo...

Xa tiñades que saber que o vello cabron sempre vos vai facer ver nas suas peliculas o lado salvaxe da vida, exemplos son Sin Perdon e Mistic River. Ese vello ainda ten moitas balas no seu revolver

edu dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
edu dijo...

o sábado pola mañá espertoume ás 7 un camión de especulación inmobiliaria retorcendo cemento ou algún pariente dentro das súas tripas.

está claro que a lei de ruídos só se aplica ao divertimento da xente e esfúmase cando os especuladores adornan cos seus papeliños de cores aos políticos de traxe.

aínda que na miña moderna aldea os políticos semellan non usar tanto traxe, pero o puto camión espertoume ás 7 da mañá.

menos mal que, cando menos, non tiña resaca. pero, como siga así a cousa, vou ter que facerme con boas provisións de películas o venres pola tarde para ver os sábados pola mañá.

apertas e bicos, poeta.

menguante dijo...

eso es, a seguir esquivando los golpes de derechas que son muy jodidos.
No hay como el buen cine...y los buenos amigos....y los buenos escritores...y los buenos amigos escritores...y los buenos escritores amigos como tú.

MILLA DOIRO BOY

Dosis dijo...

mira por donde acabo de leer a tua bitacora, vese moi interesante e sen dubidalo nin un intre, añadote ó meu listado de links/amigos asi podereiche vixiar mais a miudo.
Coidate, bicos e abrazos