14 marzo 2005

Diario de Domingo Resacoso (Entre Copas)


O sábado apareceu o sol pola mañá cedo e pola tarde Tom Traubert decidiuse a facernos unha visita directamente dende a capital ata estas terras infernais onde o mar nunca chega á praia.
Xa na noite, dividimos a alma entre os peores antros de música moderna e as copas terriblemente mal combinadas e un ou dous locais onde poidemos conversar sobre os grandes temas universais incustrados en conversacións intranscendentes sempre bañadas por algunha copa.
O Negro non tiña o seu sábado... e iso doeume porque é o tipo de persoa que merece que o sol sempre saia ao lado da súa fiestra; aínda así, dentro do seu propio inferno, aguantou o tipo e soubo quitarlle a pouca maxia que agochan este tipo de noites.
E aínda podo dicir que houbo tempo para que volveran a min os peores sentimentos que facia moitos meses que non me atacaban de maneira tan voraz... porque mentras Tom Traubert era atacado salvaxemente por unha loira madura de pouco ver, e o Negro perdíase na noite intentando esquivar a súa tristeza... eu, como un lobo enfermo, observei detidamente a toda a xente que me rodeaba e volvín a sentir odio pola humanidade. Non sei que dicir, eu non quería, pero foi inebitable... na noite, cunha copa na man, un cigarro e cara de imbécil volvín a sentir odio por todas as persoas do mundo. Odiei e odiei ata que xa non o aturei máis e deixei que a noite se perdera por fin no fondo do inconsciente... que é o que facemos todos.
O domingo ao mediodía volvínme a atopar co meu distribuidor oficial de cine pirata de actualidade, e esta vez, por un precio moderado agasalloume cunha comedia negra que salvara a miña mente do inferno no que estaba. E así sumei entre a miña colección de filmes sobre perdedores un novo título maís: Entre Copas... ou no orixinal, Sideways.
Asi, despois de botar unhas risas xunto con Tom Traubert, o meu amor, o gato e Woody Allen no seu homenaxe en branco e negro a Manhattan fixen o de todos os domingos de resaca (aínda que esta vez menos), deixarme deslizar ata o fondo dun bo filme que faga que o tempo se deteña e os soños alberguen aínda unha mínima esperanza de materializarse...
Cumplín co ritual e fixen café, café que inundaba a sala co seu sabor; acendín un camel e suspirei deixándome levar pouco a pouco; e así comezou a película que nos transportou a outro país, a outra cultura, a outro mundo onde os problemas sempre teñen solución.
Agora, quizais por que non teño o día e esta banda sonora que estou escoitando non axuda a levantar a moral, non vou falar da película. Quén xa a vira xa terá a sua sabia opinión sobre ela e quén non a vira aínda lle deixo de referencia outras dúas películas anteriores deste novo director que dará que falar máis se cabe : Election e About Schmidt.
Agora xa non quero nada máis... tan só durmir e voltar a soñar... só iso.

No hay comentarios: