15 marzo 2005

D-efecto Bolboreta


Accésit II certame de Microrrelatos Lonxa Literaria Moaña



Aquela mañá, Alberto contoulle a súa amiga Sofía que a noite anterior se deitara cunha rapaza que coñecera no pub. O problema, era que Alberto sentíase desgustado porque ao seu parecer cria ter forzado un pouco a aquela rapaza a deitarse con el...
E despois da conversa todo ocorreu moi depresa... pois Sofía chamou á ex moza de alberto, Susana, e díxolle que o seu ex mozo violara a unha rapaza moi noviña ela; así que Susana, incrédula e desgustada, chamou ao seu pai, avogado prepotente e relatoulle como Alberto violara a unha rapaza de quince anos e despois lle dera unha paliza nun motel das afóras.
Sorprendido o pai de Susana, chamou ao seu amigo Antonio Vázquez, comisario, e contoulle con pelos e sinais como Alberto violara a unha menor, déralle unha paliza de morte e despois metéraa no maleteiro do seu coche conducindo pola autoestrada e saltándose a peaxe ata chegar a un monte, onde se desfixera do corpo. E así foi como o comisario redactara a orde de búsqueda e captura dun violador e asasino moi perigoso que tiña atemorizada a todas as mulleres da cidade.
Nas afóras, aquela rapaza que pasara a noite con Alberto, estaba tumbada na sua cama, sorrindo por ter perdido a virxinidade cun home tan marabilloso a noite pasada.

No hay comentarios: