04 agosto 2007

PECHADO POR DERRIBO
(TEMPORALMENTE)
P.D Vémonos nos bares

21 mayo 2007

Plan de Luns Noite

Unha boa cena, un cigarro, un sofá, apagar as luces... e a desfrutar

19 mayo 2007

Dor


Esperto as oito e media da mañá. Mexo. Dóeme a espalda. Debería ir ao médico... levo tres días con esta dor. Non teño seguridade social nin cartos para un privado. Fago o almorzo. Tomo o café mirando a televisión. Estúpidos seudoxornalistas discuten porque ao parecer, o "atontao" do PSOE de Madrid fíxolle unha pregunta persoal ao "paiaso" do PP de Madrid. Problemas entre madrileños, penso. Saio da casa. Fai un día fermoso. Fago recados, tomo outro café, e bótolle unha ollada aos xornais nunha cafetería chea de mulleres desocupadas que discrepan sobre temas banais para min, pero que para elas teñen que ser o máis. Na prensa falan de moitas estupideces e tamén de que os putos xudios mataron a cinco palestinos máis. Como se lle importase ao mundo. Tamém un estadounidense meteu ao seu bebé de dous meses no microondas porque estaba estresado. Sen palabras. Pago o café e vou ao supermercado. Cóbranme un euro por unha leituga que cando chego a casa teño que tirar pois non se pode comer. Cágome en Froiz e na súa puta nai. Poño un disco novo: Vanexxa... canta fatal, pero ten letras interesantes e está boa. Fago a limpeza e preparo a comida. Recibo unha chamada de Casatlantica. Contame cousas e despois colga. Botolle unha ollada ao telexornal mentras como. Máis novas absurdas e incribles, ademais dos espazos electorais. Esta cita coa democracia vai ser complicada. ¿PP, Psoe, Bng, Independientes? Teño claro que nestas eleccións vou votar por ela. ¿Será voto nulo? Seguro. Remato de comer. Miro os deportes totalmente desganado mentras fumo un Vantage. Achégome á fiestra. No monte que teño enfronte da casa observo a un burro. Dubido... pero é un burro. Está comendo herba entre os restos dos incendios do verán pasado. Este ano máis. Cuspo á rúa e doulle ao meu coche. Non se nota nadiña... está cheo de merda e ten a correa fodida. Sento no sofá e fago zapping durante media hora sen determe en nada concreto. No satélite botan un documental sobre as novas tecnoloxias. Din que os móbiles, os portátiles e os GPs son aparatos que deixan pegadas por todo o mundo e asi pódennos ter ben controlados. Vaia novidade. Apago o televisor e penso que estará a facer Edward Norton nestes intres. Saio da casa, monto no coche e poño música. Vou tomar un café. A cafetería está chea de idiotas que toman refrescos e falan axitando as mans como se fose a fin do mundo. Obsérvoos. Obsérvanme. Créome superior... seino. Sempre tiven ese puto defecto. Leo o suplemento cultural do Mundo. Estrean Zodiac. Ten boa pinta. Seven e The Fight Club son dúas películas enormes. Decido baixala do emule. En Hollywood non recibiran os meus cartos. Saio da cafetería e métome no coche. Poño música. Dou voltas pola vila. Penso en atropelar a alguén. Durmiría no cuartel da vila do lado. Sería algo novo e diferente. Collo o portatil e escribo esta nova estupidez mentras escoito música. Penso no bebé do microondas. Entranme as gañas de matar. Remato. Doeme a espalda. Moito. Vou fumar un cigarro. Non é un antibiótico pero tamén calma. A min polo menos...

15 mayo 2007

Dr. From Hell




Xa sei, está de moda e a todo o mundo lle gusta. Pero é certo, realmente pásoo moi ben coas barbaridades deste doutor. Supoño que se fose o seu paciente íamos a rematar moi mal... pero non é o caso.
Penso que é gracias a esta serie que os bordes, os malencarados, os rompepelotas, etc... están de moda. A min non me funcionou nunca. Sempre fun así e levei labazadas por parte dos meus pais, dos profesores, das rapazas que me gustaban e incluso dun cura (maldito fillo de puta). Non sei, supoño que estas cousas tan só funcionan se saen na televisión. Na vida real dende logo non. Eu todas as mañás son o doutor House e non levo máis que olladas de reprimenda polo meu comportamento. O dito, tereime que grabar en vídeo e rirme de min mesmo. Ou non

13 mayo 2007

A Morte do Espíritu




Hai uns días, Bandini achegouse a Vilainferno. Foi un día agradable. Cada vez que ven por este recuncho, segundo fogar de madrileños e fillos de puta, sempre botamos unhas risas, comemos pizza e falamos do divino e do humano. Despois de comer, nun céntrico café e diante dunha taza de té, pregunteille se cría que era posible vivir fora do Sistema nos días que corren. A súa resposta foi directa e demoledora: "Non". Foi rotundo, pero sincero. E o que é peor... tiña razón.
Eu levaba (e levo) varios meses coa estúpida idea na cabeza de procurar vivir fora do Sistema. É complicado; refírome a non ter unha conta nun banco, non votar, non ter número da seguridade social, non ter un seguro de vida, de coche, nin de fogar; non facer a declaración da renda, non ter unha nómina, non ter un contrato de aluger, non mercar en centros comerciais, non pagar autónomos, non estar empadroado... e cen mil cousas máis. ¿Quén de vos non ten algo disto? Xa sei, é casi obrigatorio, ¿non? Pero, ¿é necesario? Iso xa non o sei. Evidentemente encantaríame poder vivir fora do Sistema. Este Sistema que che obriga a ter que falar con xente que non queres falar; cubrir papeis que non queres cubrir; pagar cousas que nunca che faran falla. ¿Cómo se pode vivir fora do Sistema? É sinxelo: Morrendo. Os meus antepasados xa non están neste Sistema. Teñen sorte... pagaron un prezo moi alto, pero son afortunados, pois nunca máis terán que falar cun director dun banco ou outro imbécil semellante.
É por todo isto que hoxe recordo a Billy e a Wyatt percorrendo as estradas coas Harleys e teñolles envenxa. Xa sei que tan só era unha película... ¿e qué? Xa sei que en realidade todos vivimos nun Sistema e se saes, ou estás morto ou es un vagabundo... perdón, sin teito, que é como hai que dicilo agora. Cágome no Sistema... nos Sistemas... e en ti, que estás ahí sentado nese despacho de caoba, agardando para incluir un nome máis á lista de escravos.
Si, en ti.... e en vós.
E dín que Cuba é unha dictadura.... ¡Ja! Como dicía ese gran escritor: "A única diferencia entre unha dictadura e unha democracia consiste en que na democracia podes votar antes de obedecer as ordes"
Pois iso.

10 mayo 2007

Proust and I

Non me podía negar a estes cuestionarios tan "divertidos" e que non serven para nada máis que para pasar o tempo...
Ahí vou:

El principal rasgo de mi carácter:
Soñar todo o santo día
La cualidad que prefiero en un hombre:

A honradez e a seguridade nun mesmo. Que saiba dicir as cousas coa verdade por diante.
La cualidad que prefiero en una mujer:
O mesmo que dos homes.
Lo que más aprecio en mis amigos:
Que me fagan rir e que paguen as copas
Mi principal defecto:
afógome nun chupito de vodka
Mi ocupación preferida:
rañar as bolas
Mi sueño de dicha:
Acabar coa monarquía, a igrexa católica e os fillos de puta que governan este planeta.
Cuál sería mi mayor desgracia?
Non ter deixado pegada neste mundo...
Qué querría ser?
Maior
Dónde desearía vivir?
En Maine, na casa do lado á de Stephen King.
El color que prefiero:
O que non existe aínda.
La flor que prefiero:
O cardo borriquero
El pájaro que prefiero:
O paxaro espino
Mis autores preferidos en prosa:
Charles Bukowski, J.D Salinger, Raymond Carver, Antonio Álamo, Javier Saavedra, Jack Kerouac, Mendez Ferrín, Stephen King, Raymond Chandler, e un longo ecétera
Mis poetas preferidos:
Agustín Goytisolo, Lorca, Carver, Allen Ginsberg, Méndez Ferrín e moitos dos meus amigos.
Mis héroes de ficción:
George W. Bush, os zombies
Mis heroínas de ficción:
Laura Bush e as "mamá chicho"
Mis compositores preferidos:
Marlon Brando tocando o tambor borracho.
Mis pintores predilectos:
Hopper, Pollock... e calquera que sexa capaz de plasmar os seus soños no lienzo.
Mis héroes de la vida real:
Os que se erguen as oito da mañá e soportan aos seus xefes fillos de puta, para poder levar algo de felicidade a súa casa.
Mis heroínas históricas:
As prostitutas que non desfrutan co sexo
Mis nombres favoritos:
Kal - El y Jor - El
Qué detesto más que nada?
As inxustizas, os centros comerciais, as igrexas, os supermercados, a música disco, a monarquía, os estúpidos, os intransixentes, os bancos, o Real Madrid... ecétera.
Qué caracteres históricos desprecio más?
a roda ( o invento, non o grupo)
Qué hecho militar admiro más?
Ningún feito militar merece ser admirado.
Qué reforma admiro más?
a chegada da minisaia
Qué don natural querría tener?
27 cm
Cómo me gustaría morir?
empalmado no despacho oval da Casa Branca
Estado presente de mi espíritu:
deprimido
Hechos que me inspiran más indulgencia:
Calquera equivocación leve, tanto no amor como na guerra (diaria)
Mi lema:
"Mañá será un gran día... ¡e unha puta merda!"

Ben, despois desta sarta de estupideces, gustaríame que pasaran polo aro, os seguintes blogueiros: cenicientaproletaria, avogado do diaño, Follas en branco e Casatlántica. Se queren claro; se non queren pasar, saben que me deben un copa de barceló...
saúde

09 mayo 2007

NO COMMENTS

UN..

DOUS...

¡BOOM!


03 mayo 2007

Non é a marabilla da Semana




Estaba pensando estes días, en retomar a sección machista e moi visitada á cal chamaba: "Marabilla da Semana". Pensei en que estaría ben poñer a Scarlett Johansson... por moitas razóns. A primeira é evidente se mirades a foto. Outra razón pode ser que verdadeiramente esta muller non actua nada mal e o setenta por cento dos seus filmes son máis que interesantes. Por se estas dúas razóns non fosen dabondo, agora resulta que Scarlett vai quitar un disco... pero non un disco calquera na liña de Hilary Duff ou as demais actrices-parvas-cantantes; A boa de Scarlett vai sacar un disco onde versiona temas de Tom Waits: "Scarlett sings Tom Waits". Se algunha vez vistedes unha peli dela en versión orixinal e escoitástedes a súa voz, comprenderedes que é perfecta para versionar ao californiano.
Asi, e por todo isto, decidín non retomar a sección Marabilla da Semana por agora, pois vai ser moi dificil poder superala en sucesivas edicións.
Todo queda así... non é a marabilla da semana... é máis.
¡¡viva Scarlett!!

27 abril 2007

The Getaway


Dende hai uns días ando cunha estúpida idea (das miñas) na cabeza. Non sei a que é debido, pero tampouco lle dou máis importancia. A cousa é que teño gañas de coller o coche, meter a bolsa do exercito que herdei do meu pai no maletero, e facer quilómetros. Non sería unha idea fora do normal se non fose porque, máis que unha viaxe, o que busco con iso, é unha fuxida. Iso: unha fuxida. Gustaríame rematar os quilómetros nun sitio pequeno; nun lugar como o Hill Valley de Back to the Future, atrapado nos anos cincuenta. Convertiríame nun tipo como o Tom Stall da novela gráfica de John Wagner, un tipo cun pasado que é capaz de establecerse nunha nova comunidade que non é a súa, cun enorme segredo ás costas. Así sería. Montaría unha típica cafetería americana, chamada Soul Kitchen, onde serviríamos café coa comida e todos os clientes levarian botas campeiras e traballarían na fábrica das aforas.
Nas calurosas noites de verán, sentaríame no porche da miña casa e lembraría a miña terra, separados por un inmenso océano e anos de soidade. Sería como o típico perdedor das cancións de Bruce Springsteen, cun Pontiac no garaxe e todos os seus soños no cubo do lixo. Exactamente asi... nunha fuxida.
Preguntarédesvos como se pode chegar en coche a un lugar así, ¿non? Como se nota que non tendes estúpidas ideas na cabeza...

25 abril 2007

Muxía - Exterior - Tarde




Hoxe estiven en Muxía, á beira do mar; levei a cámara, un paquete de Vantage e os Explosions in the Sky soando no casette do coche. Falando do coche, teño a dirección fodida. Cando movo o volante, tarda uns segundos en mover as rodas. É o que ten ter un coche de dezaseis anos. Aínda así cheguei de volta á casa enteiro. É o que ten non ter medo a un coche de dezaseis anos que se cae a anacos.
Para os que non teñades o mar preto, aquí deixo dous retazos de esperanza con olor a salitre e algazo.

22 abril 2007

Historias de Baño

Esta é a vista que teño dende o cuarto de baño da miña casa. Esa é a miña roupa, a miña antena do satélite, a miña persiana esnaquizada polo vento e o tempo...
Moitos mediodías, achégome ata a fiestra, na hora máis plena do día, xusto cando o sol está no alto facendo que os animais sexan moito máis sociables. Poño case sempre a Mr. Waits no cd e deixo que a súa voz retumbe na frialdade das lousas grisáceas. Séntome na fiestra, á beira da fotografía que teño colgada enriba da taza, onde sorrío enriba da tumba de Jim Morrison en París. A esa fotografía, chámolle cariñosamente: "menos quince", pois cando foi quitada, tiña quince quilos menos, quince anos menos, quince graos de inocencia menos, etc...
O sol continúa o seu ascenso e Waits canta agora Jayne's Blue Wish. Síntome como James Stewart en Rear Window, con menos clase pero con moita máis flexibilidade. Móvome e sempre observo as fiestras pechadas dos meus veciños, así que non me queda máis remedio que inventarme as súas historias. O outro día, sen ir máis lonxe, a través dunha das fiestras, observei a unha muller, duns cuarenta ou cincuenta anos, xusto no apartamento de enfronte. Era unha muller morena, cuns fermosos ollos escuros e o cabelo recollido nun moño. Vestía unha camisa branca aberta ata os peitos e camiñaba despistada, polo que semellaba ser un cuarto de estar. Ía dun lado ao outro e de vez en cando paraba na fiestra e observaba o exterior. Despois, volvía a súa rutina de dar voltas polo cuarto ante a miña mirada e o Danny Says de Waits.
Acendín un cigarro e expulsei o fume que se elevou e se perdeu na atmósfera.
Despois de dez minutos, cando soaba Down there by the train e lembraba os meus anos de estudante de grego, a muller asomouse de novo á fiestra e pegou un berro. Observeina detidamente. Ela a min tamén. Nunca viramos os nosos rostros diante.
-¿Ese que canta é Tom Waits? - preguntoume.
-¿Perdón...?
-A música que soa... ¿É Tom Waits? - tiña unha voz grave e profunda que chegaba ata a miña fiestra amplificada por mil.
-Si, o mesmo. ¿Gústalle?
-Non. Nada...- quedou pensativa un anaco -... pero houbo un tempo en que estabamos moi unidos.
Non entendín a que se refería.
-¿Quenes estaban unidos?
-Tommy e eu - contestou. - Hai moitos anos vivín na súa casa...
-Seguro... -contesteille mofándome mentras acendía outro cigarro.
-Pensa o que queiras, pero é certo. Hai moitos anos vivía en California; coñecín a tom a través dun amigo común; naquela época Tommy estaba preparando a rodaxe do Drácula de Coppola...
-Non me foda! - berreille.
-É certo, rapaz...
Os dous quedamos en silencio. Eu co meu cigarro prendido no aire e ela coa mirada perdida como se estivera lembrando aquela época da súa vida.
Sabía que iso que me estaba a contar non era certo, pero dábame igual; era a primeria comunicación que tiña cun veciño dende había moito tempo. Estívome contando historias (inventadas) de Tom e ela polas rúas de L.A e de como argallaba novos instrumentos no baño da súa casa. Fixéronme gracia certamente.
-Ben, teño que marchar a traballar - expliqueille xa preto das catro.
-Moi ben...
- ¿Vostede que vai facer? - pregunteille
-Nada, quedar aquí...
Non dixen nada despedínme e comecei a pechar a fiestra.
-Escoita rapaz - berroume. - Se queres... mañá podo contarche o ano que pasei vivindo no edificio Dakota con John e Yoko...
Sorrín e asentín.
-Mañá a mesma hora -dixenlle antes de pechar de todo a fiestra.
Tom Waits rematou os últimos versos de Goodnight Irene e saín do baño, para voltar de novo a mísera realidade.

19 abril 2007

o que me aburro...


Non sei se é debido ao aburrimento ou que a calor comeza a quentarme o cerebro, pero deume por argallar unha exposición de poemas e fotografías para o mes de maio. Os que andedes por esta terra perdida, podedes achegarvos ata o Café Rodin e alí atoparedes entre o ron e o vodka esta estrana exposición de título Road Movie, composta de seis poemas e seis fotografías sobre a viaxe a terras estranas e profundas que teño incrustada na mente.
Pois iso...
Saúde

10 marzo 2007

Unha tempada no inferno




Teño que recoñecelo: estiven morto. Sinto non ter avisado, pero é o que hai. Recibín chamadas de amigos e incluso de inimigos, pero non contestei a ningunha; é o que ten estar morto. Pensei seriamente en pechar o blog por defunción, pero dábame mágoa facelo despois dun ano e pico, asi que, facendo un esforzo sobrehumano, volvo a colgar algo por moito que lle pese aos meus novos amigos (os da foto)
¿Qué conte algo deste lugar? ¡Buff! non sei que dicir; penso que todos vos estivestedes algunha vez neste sitio, ¿non? Penso que si; cando baixades á rúa e ides ao banco, ou saídes un sábado rodeados de putos adolescentes. ¿Sabedes de que falo? Cando os meus novos amigos me din que son raros, non teño máis remedio que dicirlles: ¿raros? ¿por qué... por estar mortos? ¡Qué estupidez! Sodes exactamente igual que os vivos... a única diferencia é que cheirades peor... e iso tan só nalgúns casos.
Pois así están as cousas. ¿Cánto tempo vou estar aquí? ¡Eu qué carallo sei! Supoño que moito... polo menos ata que a estupidez deixe de flotar na terra dos vivos.
Algún día veremonos, non o dubidedes. Mentras tanto intentarei postear de vez en cando,pero debo admitir que me costa moito... sobre todo porque o adsl na terra dos mortos e unha merda.
saúde a todos e todas

25 enero 2007

Balas e Carvers


Hoxe chamoume un bó amigo contándome que imaxinou o ben que lle quedaría á cabeza do seu xefe unha bala atravesada. É certo, penso que deberíamos andar armados como nas pradeiras de Montana. Non sei se é que chegou o inverno ou que tiven que ir ao banco de mañá cedo, pero tiven unhas irremediables gañas de ver os sesos do banqueiro empotrados na parede. Cousas que se me pasan pola cabeza... neste caso pola súa cabeza.

Copas e balas

Odiando
no
frío
da
noite

P.D. Se vós aburrides moito, disparade ao ceo, ou lede a Raymond Carver, posiblemente un dos tipos máis sinceros que pasou por este maldito planeta.

11 enero 2007

Xaneiro e todo o que ven despois


Estiven ocupado. Estiven deprimido. Estiven de festa. Estiven a disgusto. Estiven recitando. Estiven emborrachándome. Estiven fumando. Estiven enterrando. Estiven e non estiven.
Agora, case parafraseando aquel disco dos Counting Crows, chega Xaneiro e todo o que ven despois. Non teño expectativas. Non teño ilusións. Non teño cartos. Non teño medo. Non teño fame. Non teño amigos (preto). Non teño. Non teño e non che teño. Botareiche en falta cada día, cada hora, cada minuto, cada segundo que pase dende aquí ata a fin.
Saúde, república, morte aos fillos de puta, escopetas á rúa, zombies aos centros comerciais, sangue á Casa Branca e feliz ano a todos.

16 diciembre 2006

Recomendación Cinematográfica


Se vos gustan as novelas de Raymond Chandler ou de Dashiell Hammett; Se desfrutástedes con "Pulp" de Charles Bukowski; Se o voso é ver na pantalla a Humphrey Bogart e Lauren Bacall atormentados e dubidando o un do outro...
Se vos vai todo iso, pois esta é a vosa película.
Unha historia propia do cine negro da época dourada de Hollywood, pero trasladada á época actual, nun instituto de calquera vila californiana á beira do mar e con personaxes a cada cal máis estrano.
Non o dubidedes. Unha banda sonora impresionante, uns diálogos ben traballados e unha historia orixinal.
Un vaso de whisky malo, un cigarro puro e os cinco sentidos alerta... desfrutaredes.

12 diciembre 2006

Parabens!!


Iso, parabens, noraboa, felicitacións... etc. É o que temos que facer todos: felicitarnos. Dende o Domingo 10 de Nadal de 2006 hai un fillo de puta menos neste planeta azul na sua maior parte. Boa Viaxe Pinochito

05 diciembre 2006

Na Cama de Murphy

Moito se ten falado sobre a verdadeira orixe da famosa Lei de Murphy, esa que dí: "Se algo ten que sair mal, sairá mal".
Resulta que o tipo que dixo esa frase, era Edward A. Murphy, un inxeñero que traballaba na base Edwards da USAF nun proxecto chamado MX981. O xefe do proxecto, que tiña unha lista de "leis cachondas" foi o que incluiu a coñecida frase de Murphy na súa particular lista. E foi a partir de aí, onde na Murphyoloxía se recollen teorías, frases, paradoxas e demais chorradas, que aínda que certas, non deixan de facernos pensar que vivimos nun mundo terriblemente fodido.
Hoxe teño que darlle a razón a Murphy e a súa frase: "Se algo ten que sair mal, sairá mal"
Hoxe é un deses días... un deses días que dende que te ergues cedo pola mañá, todo sae mal... terriblemente mal; e é máis, penso que aínda poden sair as cousas moito peor. Ou iso é o que dí o primeiro colario da primeira lei de Chisholm: "Cando pareza que xa nada podo ir peor, empeorará". Un puto xenio o tal Chisholm...
Pero aínda que isto xa soe mal por si só, aínda pode ser peor, como demostra A Extensión de Gattuso sobre a Ley de Murphy que dí: "Nada é tan malo nunca para que non poda ser peor".
É así... todo pode ir a peor.
Se hoxe penso (e si que o penso) que realmente é un día horrible será pola serie de acontecementos, malas novas, xente estúpida, raios, tronos e problemas que xurdiron dende que abandoei a miña bendita cama ás nove da mañá. Sería bó incluir na Murphyoloxía unha frase nova de colleita propia: "Dende que saes da cama sabes que todo vai a ir a peor. É inevitable". Podería escribirlle un correo ao tal Murphy se seguise vivo e mandarlle a miña frase. Aínda que por outra parte non teño gañas de incrementar unha verdade universal simple e directa: Todo Sae Sempre Mal.
Á merda...
Quédome de todos os xeitos, como última reflexión, coa Observación de Kierkegard que dí: "A vida tan só se comprende mirando cara atrás, pero tense que vivir cara adiante".
Ou non...

04 diciembre 2006

Brindis


Semella un soño... pero non o é. Todo o contrario. É certo. Con sorte, hoxe ou mañá, este porco cabrón fillo dunha puta da fotografía abandonará este maldito planeta. Dun ataque ao corazón segundo din. É unha mágoa... debería morrer de algo moito máis doloroso: Deberian chimpalo dun avión en pleno voo... ou deberían meterlle Polonio (hoxe en día moi de moda) para que morrera lentamente.
Ocórrenseme moitas maneiras nas que este cabrón debería morrer, pero deberían poder decidilas os familiares e amigos dos milleiros de homes e mulleres que Mr. Pinochet torturou ata a morte.
Se algún médico ou enfermeira que traballe no hospital onde está ese porco, recoméndolle que vexa un film titulado
Saw onde hai un par de torturas dolorosas e incribles que lle podian aplicar ao case defunto, se non da morrido.
É unha idea.
Cando chegue o día, encherei unha copa, porei a canción dos Enemigos... e a brindar.

28 noviembre 2006

Muse (Unintendend)