28 noviembre 2005

Unha Cousa Excepcional


A chamada foi de madrugada e concreta: " Matar a Marga. 3.000€ efectivo. Café Bar Colonial 22.00h. Sen rastro".
Non o dubidei. Era o meu traballo, matar xente.
O día en cuestión espertei cedo. Ducheime e barbeime. Botei perfume e puxen a americana para traballar. Gustábame esa americana; tiña cinco petos grandes e era entallada nos lados. Gardaba as dúas armas, o tabaco, o móbil e a carteira e non se notaba en absoluto. Armani fixo un bó traballo deseñando esa prenda.
Saín á rúa. Facía un día noxento. Chovía e facía frío demais para estar en setembro. Comecei a camiñar cara ó centro. Quedara co meu irmán ás dúas para xantar, ó parecer quería falar comigo dunha nova amiga que tiña. Gustábame conversar co meu irmán, era un tipo coa cabeza ben asentada.
Aínda eran as once, así que parei nos billares e bebín dous combinados de vodka. Xoguei tres partidas e perdín douscentos euros. Non se me daba nada ben o billar, pero gustábame vacilar ós tipos dos muelles que paraban por alí. Eran tipos grandes e mal encarados, pero no fondo eran tan estúpidos e débiles como todos os demais.
Estiven nos billares ata a unha e despois achegueime ó banco a pedir un estracto da conta. 9.720€, iso era o que tiña ese día de setembro. Acababan de pagarme catro mil por facer desaparecer a unha muller facía duas semanas. A tipa en cuestión ó parecer era unha zorra que non facía máis que poñerlle os cornos ó infeliz que me pagou. Normalmente non quero saber nada da persoa que vou a matar, pero o infeliz empeñouse en contarme a súa vida para que fora consciente da zorra que tiña que matar. A min dábame igual, aínda que fora Santa Teresa ía recibir un tiro na cabeza como todos os demais. O infeliz igualmente contoume a sua vida e eu escoiteino, tampouco tiña nada mellor que facer, e a fin de contas era o meu traballo.
Nesta ocasión, eu non sabía quen era Marga nin o que fixera, pero non me importaba, ía recibir un tiro na cabeza como todos os demais.
Cheguei ó restaurante ás duas e meu irmán xa estaba alí. Comemos napolitanas de polo, ensalada tricolor e tiramisú de postre. Paguei eu.... meu irmán estaba namorado demais como para pensar nesas trivialidades.
Pola tarde visitei á miña avoa. Era viuva, e eu un mal neto, así que sempre que tiña tempo libre ía pola súa casa e conversábamos do divino e do humano.
Ás sete deixei a miña avoa contenta e fun ó cine. Estaban poñendo a última de Lars Von Trier e non quería perdela. Collín un taxi e ás sete e media xa estaba sentado na butaca mirando a pantalla. Encantábame o danés ese do carallo.
Ás nove e media estaba fora do cine. O café bar Colonial só estaba a cinco rúas de distancia do cine, así que camiñei a modo fumando un vantage e desfrutando do vento frío baténdome na cara. Pouco antes de chegar, recibín unha chamada no móbil. Era o tipo que me chamara facía dous días. Parei nun soportal e escoitei o que tiña que dicir. Describiume fisicamente a Marga e pediume que non a fixera sufrir. Despois díxome que era unha zorra. Eu contesteille que todas eran unhas zorras; non o pensaba, pero deixábaos máis tranquilos.
Entrei no Colonial ás dez e cinco e senteime na barra. Pedín un combinado de ron e observei o local. Era un café cheo de estúpidos con aires literarios. Ó fondo do local tiñan un estante con libros. Achegueime ata alí e mirei os libros. Non era máis que basura comercial. Volvín á barra e acendín un vantage. Dez minutos despois chegou a tal Marga ó local. Observeina. Era fermosa. Levaba un abrigo de paño cor terra e unha minisaia beig que facía conxunto cunhas fermosas e caras botas de tacón altas en marrón. Marga tiña clase. Debía ter uns trinta e cinco anos; era morena de ollos claros e mirada tranquila e pausada. Debía ser a muller máis fermosa que vin na vida.
Sentou na barra, preto de min e pediu un café descafeinado; acendeu un cigarro e colleu o xornal. Erguínme do asento e achegueime ó seu lado. Díxenlle ó camareiro que me cobrara o café e puxera dous combinados de ron. Marga sorriume e miroume de arriba abaixo. Era máis fermosa de preto. Comezamos a falar tranquilamente. Falamos e bebemos durante duas horas. Ela estaba un pouco borracha e eu estaba saído. Saimos do Colonial e invitoume a sua casa. Definitivamente era unha zorra.
Contoume que o seu marido estaba fora da cidade ata o mércores. Evidentemente iso eu xa o sabía.
Cando chegamos a sua casa, bebemos máis e despois deitámonos alí mesmo no sofá. Estivemos unha hora facendo o amor e despois seguemos a beber e a conversar. Contoume o infeliz que era co seu home. Contoume cousas do seu traballo nunha axencia tributaria. Contoume cousas do seu gato. Contoume que tiña un amante máis novo que ela. Contoume que levaba catro meses sen deitarse co seu home. Contoume unha morea de cousas e eu miraba para ela porque era unha muller fermosa e infeliz.
Unha hora despois erguémonos do sofá e bicándonos fomos ata o seu dormitorio e fixémolo de novo. Foi impresionante. Abraceina con todas as miñas forzas e quedamos durmidos como dous nenos.
Cando espertei eran as sete e media da mañá. Marga durmía e erguínme da cama. Fun ó lavabo e botei unha longa mexada. Tiña sono. Fun ata o salón e collín o seu bolso. Maquillaxe, perfume, unha axenda... a carteira. Abrina. Tiña trescentos euros e tarxetas de crédito. Collín os cartos e seguín revolvendo no bolso. E foi aí onde pasou unha cousa excepcional, pois Marga, nun peto oculto do bolso, tiña unha fotografía. A tal Marga, fermosa e infeliz, tiña unha fotografía onde ela e o meu irmán estaban mirando á camara sorrindo como dous colexiales en día santo. Seguín revolvendo no bolso e atopei unhas probas médicas, que dicían que Marga estaba embarazada. Meu irmán ía ter un fillo. Quedei abraiado.
Volvín ó dormitorio e observeina durmir pracidamente. Puxen a miña americana, quitei a pistola e pegueille dous tiros, un na cabeza e outro no estómago.
Despois, saín do edificio e dispúxenme a cobrar os meus tres mil euros. Facía un bó día, moito mellor que o anterior, ou polo menos a min parecíamo.

21 noviembre 2005

CURTAMETRAXE
Título: CIDADE PROFUNDA
Duración: 2"
Xénero: DRAMA (por suposto)


INTERIOR. BAR. NOITE
O local é un verdadeiro antro de perdición... sombrío, lixado, cheirento; nas mesas un par de prostitutas fuman aburridamente mentras len revistas de moda. Nunha esquina do local hai un billar onde dous homes corpulentos xogan unha partida... os dous xogan bastante mal. Na barra, unha muller bebe un bourbon e fuma pensativa mirándose no espello que hai atrás das botellas. Eu sento ao lado da muller e pido un vodka ao camareiro; acendo un cigarro, aspiro o fume e despois bótoo con moita clase. A muller mírame de arriba abaixo e segue no seu trance nocturno. Eu miro para ela...
-¿Queres tomar algo preciosa?
-¿?
-¿Un whisky tal vez?
-Está ben...
O camareiro, un tipo baixiño e feo coma o demo, sirvelle un whisky á muller e a mín outro vodka. Ela acende outro cigarro (literalmente... ¡está fumando dous cigarros á vez!)
-¿Ti non es desta cidade verdade?
-¿Eu? – cuestiónome –. Pois non, pero vivo aquí... nas aforas. E ti... ¿vives na cidade?
-Si claro...
-¿E traballas aquí? – pregúntolle.
-¿Na cidade?
-Non, no bar.
-Si, tamén traballo no bar – dime ela.
-¿E de qué traballas?
-Son relacións públicas... animo á xente a que o pase ben neste sitio... fago que consuman máis do que tiñan pensado, ¿sabes?
-Iso está ben – dígolle.
-Si.
-¿Estás de coña verdade?
-Si.
-¿Qué es unha prostituta? – pregúntolle.
-Non por deus... ¡estás tolo!. ¿Acaso teñoche pinta de ser unha prostituta?
-Si... realmente si.
-Pois non son prostituta... son... son dependienta.
-¿De qué?
-Vendo zapatos
-¿Es zapateira?
-Son
-¿E de onde es?
-¿Cómo?
-¿En qué país naciches?
-¡Ah!... nacín en Porto Rico
-Es portorriqueña... unha zapateira portoriqueña
-Exacto.
-Iso está ben... ¿queres ir a dar un paseo de noite de luns?
-Por suposto.
Os dous saen do local e pasean certo tempo pola cidade. Rematan o seu paseo no parque. Sentan nun banco baixo os ameneiros e preto do río. Collense as mans e míranse aos ollos. Bícanse.
-¿Cómo te chamas?... acabome de decatar que non che preguntei o teu nome...
-Laura, chámome Laura Bush...

FIN

Chove en ningures... e despois sempre o sol.

Gustaríame aproveitar hoxe para presentar en sociedade un blog máis que interesante dun paisano meu ( de esa cidade que está ó final da estrada de ordes como dí menguante). O blog, chove en ningures non ten desperdicio, e podedes atopar dende fermosos relatiños a fotos, pasando por estupendas ideas sobre o mundo en xeral, todo escrito con calidade.
Así que para os que non coñecíades este novo blog (téñoo eu linkado) xa podedes darvos unha volta por esa terra de ningures onde sempre chove... aínda que despois saia o sol.
O tren marcha agora para a terra de ningures, así que collan rápido o billete e o paraugas e achéguense por alí...
saúde

17 noviembre 2005

Fear & Loathing


Si exactamente
iso é... medo e
asco.


Sempre quixen ter unha pistola dourada
como o ceo agochándose nas rúas de Brooklyn.
Sempre quixer ter enimigos ós que disparar todas as balas.
Balear un imperio.


De pequeno traballei nunha fábrica.
De pequeno traballei moitísimo nunha fábrica...
facíamos desgracias e angustias que vendíamos ó maior...
ó maior cabrón que as quixera mercar.
Nunca o comentei, pero eu roubei desgracias e angustias

que aínda conservo... como peixe, en latas de conserva.

Aínda é hoxe o día no que quero ter unha pistola dourada
como o ceo agochándose nas rúas de Brooklyn.
Aínda é hoxe en día no que quero balear un imperio.


Iso é
medo e asco...
como en todas as fábricas
exactamente...

véndeme amor as tuas angustias
e eu trocareinas por todas as balas
que servan para balear ós imperios.


medo e asco
medo e asco
medo e asco
baixo calqueira ceo do mundo.


medo e asco
e todo o demais.

14 noviembre 2005

Un Cuarto de Terrorismo con Queixo


Fai tres días, sen nada mellor que facer, boteille comida ó gato, fixen café e acendín un cigarro. Tireime no sofá da miña casa e acendín tamén ese aparato negro con altavoces que teño no moble. O televisor. Como é costume non botaban nada que merecera a pena ver; nada máis que grandes hermanos retrasados mentais fillos dunha puta... ou tertulias sobre máis subnormales da selva madrileña plagada de máis subnormais... ou folletíns novelados sudamericanos sobre familias de subnormais profundos con ranchos e cabalos... ou estupideces varias nas que falan e falan e non din nada.
Gracias a deus, o cabrón de Polanco bendeciunos co satélite e, aínda que tampouco é ningunha marabilla, de vez en cando botan algunha cousa que se pode ver. E ese foi o caso. En canal plus (ultra) botaban o magnífico documental Super Size Me. Un manifesto contra as cadeas de comida rápida en Norteamérica: McDonals (ou a grande M), Burguer King, Wendy’s, Taco Bell e outras cadeas terroristas-alimentarias no país dos obesos. Nos cinco primeiros minutos do documental, xa tiven gañas de botar a pota nove veces. O tipo en cuestión, un home de constitución delgada, boa saúde e vexetariano, fai unha estricta dieta durante un mes, tan só alimentándose nos McDonals. Como podedes imaxinar os resultados foron alarmantes. Almorzaba, comía e ceaba nun McDonals. Nun mes engordou unha barbaridade, o colesterol subiulle á cabeza, o corazón converteuse nunha uva pasa, a sua respiración e a tensión comezaron a fallarlle... e moitas máis cousas. Non tivo que dicir moito máis, os resultados estaban de corpo presente.
Cada vez teño máis claro que os terroristas non se agochan nas covas de Afganistán, nin en Pakistán nin en ningún outro país rematado en –tán. Os verdadeiros terroristas da nove orde mundial agóchanse baixo grandes edificios cos seus nomes escritos en neón: McDonals, Philip Morris, Telefónica, Bayer, Repsol, Nike, Adidas, Enron, Burguer King... e moitísimas compañías máis.
Os culpables, aínda que soe a tópico, somos nós, que tragamos con todo.
Eu polo menos a partir de hoxe, deixarei de tragar... e comezarei por deixar de tragar hamburguesas. Bó proveito a todos.

09 noviembre 2005

Marabilla da Semana: Hilary Swank


Case todo o mundo que coñezo que viu a impresionante película do mestre Eastwood "Million Dollar Baby", quedou impresionado pola historia, as actuacións, o ritmo lento, a fotografía... etc. Todo o mundo salientou a actuación da protagonista Hilary Swank, pola que a actriz gañou o seu segundo oscar (poucas actrices teñen dous oscars)pero casi ninguén soubo ver a sua beleza.
É por iso, polo que esta semana cedémoslle o turno a unha fermosa e boa actriz, que ademais debe estar forrada. Afortunada ela. Plas, plas, plas...
Barómetro Machista: 7

07 noviembre 2005

Teoría Dos Zombies


" ¿Cómo imos mercar calcetíns e leite no mesmo pasillo? ¿Qué somos rusos agora?
Dustin Hoffman en Moonlight Mile
A semana pasada, non sei se debido ó crack que fumei ou a que tomei algún alimento en mal estado, deuseme por ir ata o centro comercial deste inferno no que vivo. Cousas que se me pasan pola cabeza sen pensar moito. A cousa foi que cheguei ó edificio, púxenme enfronte das portas, e estas abríronseme maxicamente para que eu entrara; dín algúns pasos a modo e metínme na boca do lobo mentras aguantaba a respiración. Eu non ía a mercar nada en concreto, realmente non precisaba nada, tan só ese día espertara coa necesidade de formar parte da gran masa social e facer algunha cousa normal. A miña cabeza pedíame deixar as extravagancias e as estupideces para outros días e comportarme como unha persoa que fai cousas normales... ou iso pensaba eu.
Camiñei un anaco polo andar de abaixo e despois, nas escaleiras mecánicas, subín ó seguinte (e único) andar superior. Non me intersaron as tendas, non tiña nada que mercar. Tan só comecei a camiñar a modo parando en todos os escaparates como facía a demais xente. Foi como se houbera un desfile pola rúa e saes do público e poste a desfilar cos músicos, os xigantes, os cabezudos... así de esperpéntico foi. Paseamos durante máis dunha hora dando voltas por todo o centro comercial, parando en cada escaparate e pasando cara ó seguinte. Así todos. Como un estúpido desfile de zombies.
Chegou un momento que non o aturei máis... baixei as escaleiras e sain do edificio, non sin antes observar ós que ata ese intre foran os meus compañeiros, mortos vivintes, que seguían dando voltas sen alma pasando dun escaparate cara outro.
Xa pola tarde na casa, comecei a pensar e foi cando xurdiu a teoría dos zombies.
En casi todos os filmes de temática zombie ou de mortos vivintes a estructura narrativa é moi similar. Os mortos espertan e érguense das tumbas, atacan a todas as persoas que ven ó seu paso e mátanos converténdoos en novos zombies. Os catro ou cinco protagonistas do filme ( os máis atractivos da película) escapan dos zombies e refúxianse no centro comercial da vila (mall center en yanquilandia). Pechan todas as portas, collen pistolas e escopetas das armerias (en U.S.A hai armas en todos os mall center) comen algo nos McDonals ou Burguer King e toman cafés nos dez Starbucks que hai repartidos polo edificio. Evidentemente os teléfonos non funcionan e non se poden poñer en contacto co exterior, pero para ser sinceros, tampouco o precisan pois, aínda que están sendo atacados por mortos vivintes, eles están a gusto no gran Centro Comercial.
Mentras tanto, os zombies acabaron con todo o que quedaba vivo na vila, e achéganse a modo cara ó gran edificio central da vila: O Centro Comercial.
Intentan, como os seus pequenos cerebros lles permite, acceder ó interior e poder matar ós atractivos protagonistas. Golpean as portas, buscan ocos nas paredes, e outras estratexias estúpidas para acceder ó gran edificio.
A partir de aquí, nas películas, os zombies sempre logran entrar por algún sitio, e é cando os atractivos protagonistas escapan nun coche do centro comercial, buscando outro lugar mellor onde agocharse. É nese punto cando na película, o centro comercial deixa de ser escenario principal da película. A camara tan só sigue as andanzas dos protagonistas.
Pero eu, gracias a miña teoría dos zombies, pódovos dicir o que ocorre dentro do comercial. Os zombies, non atacan a ninguén (pois non hai ninguén) entón comezan a dar voltas por todo o edificio, miran os escaparates, intentan entrar nas tendas, dan máis voltas, miran máis escaparates, suben e baixan polas escaleiras mecánicas, dan máis voltas, miran máis escaparates... e pasan así horas e horas sen máis que facer, pois definitivamente o consumismo salvaxe é iso, para os mortos como para os vivos.
Esa mañá que fun ó centro comercial e estiven camiñando entre a masa social, fun consciente de que non estaba nunha superproducción de Hollywood sobre zombies, pero intuitivamente miraba por se vía algunha cámara. Parecía mentira que esa xente que daba voltas e máis voltas estivera viva, pero así era.
Eu definitivamente xa estaba un pouco máis morto.

03 noviembre 2005

Marabilla da Semana: Maria Bello


Onte, aproveitando que non traballei, marchei á cidade na cal nacín e ademais de mercar un poster xigante de Taxi Driver para o corredor da casa, tamén fun ó cine. O filme en cuestión foi "Unha Historia de Violencia" do sempre extraño e, desta vez máis comercial, director David Cronemberg. A película non está mal, aínda que agardaba algo máis; de todos os xeitos, o mellor da película sen dúbida foi a actuación da sempre fermosa Maria Bello.
Para quen coñeza esta actriz saberá de que falo (pelis como The Cooler) para quen non a coñeza, se vai a ver a peli de Cronemberg, atoparase cun frotal espido da fermosa actriz. Tan só por iso merece a pena.
Ala, a votar.
Barómetro Machista: 8.5
saúde

24 octubre 2005

Me casé con una perra

Aquí vos deixo este fabuloso texto de Tobias McWoken... que atopei por ahí perdido. Recoméndovos que o leades, pois merece moito a pena... polo menos para min. Non vos vai defraudar. O tal Tobías, escritor fantasmal e descoñecido, sempre foi un Outsider que viviu ó marxe da lei, como vos fará comprender co seu texto. Tan só ten unha única novela publicada antes de morrer: "Tan verde como James Dean" un alegato antibélico imposible de mercar en ningún sitio. Disfrutade do texto.


ME CASÉ CON UNA PERRA por TOBÍAS McWOKEN

Sinceramente siempre pensé en la estupidez humana como algo pasajero... como algo generacional que tendría su fin cuando una nueva generación de hombres y mujeres más preparados, más pasionales, más vivos al fin y al cabo, habitaran este planeta azul en su mayor parte. ¡Cuán equivocado estaba! ¡Qué enorme era mi equivocación!. El máximo problema radicaba en que la humanidad era estúpida por naturaleza... no había generaciones mejor preparadas que otras... no había personas más inteligentes que otras... no, nada de eso, la única diferencia entre las personas radicaba en sus planteamientos ante los problemas, aparentemente triviales y sin importancia; en como afrontaban esos problemas... en su manera de actuar... esa era la única diferencia entre un caballero cuarentón nativo de Escocia y una joven rubia habitante de Nueva Zelanda, solo eso... el modo de afrontar las cosas.
Por lo demás... todo el mundo era estúpido... todos los malditos seres humanos bípedos eran una pandilla de avariciosos sacos de huesos y perversión. Así era la cosa. Así era todo.
Hubo un tiempo en el que dejé de ser humano... quiero decir... que intenté con todas mis fuerzas dejar de ser una persona como todas las demas y convertirme en una nueva especie habitante del planeta. Fue un fracaso, lo reconozco. Sinceramente nada salió bien desde el primer momento, quiero decir, que intenté cambiar, ser mejor persona, no dejarme cegar por el materialismo, la perversión, el vicio, el placer, el dinero... pero no fui capaz, nada de eso. Cada vez que me encontraba ante una situación en donde alguna de esas cosas estaba presente, salía de lo más hondo de mi ser toda la estupidez que hace diferente al ser humano. Como dije: un verdadero fracaso.
Pero todo cambió una mañana de agosto, en la que mi tía, que vivía en una granja de las afueras, tuvo a bien regalarme un cachorro de pastor alemán, aunque para ser más exacto, debería decir que era una cachorra. Esa perra entró en mi vida como un soplo de aire freco en mitad del desierto... así, en un dificil momento en el que yo me planteaba si seguir siendo un humano o por el contrario acabar de una vez por todas.
Comencé sin quererlo a observar timidamente todas las reacciones de la pequeña cachorra... todas las cosas que hacía; como se movía, su forma de mirar, sus palabras, sus gestos... todo lo que era, y fue ahí cuando lo descubrí... fue ahí cuando me dí cuenta de algo realmente sorprendente: Los perros no eran estúpidos por naturaleza.
Me compré un pequeño bloc de notas y anoté a lo largo de meses, las reacciones antes problemas diarios de mi cachorra y los comparé con las reacciones de mis vecinos y de los estúpidos humanos desconocidos e impersonales. Como dije antes, fue todo un descubrimiento... mi pequeña perra era infinitamente más inteligente que un grupo de veinte físicos juntos... era algo excepcional.
Semanas despues, cambié mi estúpido nombre de humano por "snoopy", y mi boina plisada de paño, por un bonito collar color beig... así de sencillo.
Comencé casi inconscientemente a caminar a cuatro patas, y para ser sincero, la vida se veía mucho mejor desde el suelo... era otro universo totalmente distinto... aprendes a valorar las prioridades de otra manera.
Así fue más o menos como me convertí en un gran ejemplar, poco peludo, de cannis humanus.
Una mañana de septiembre, calurosa y hermosa, mientras el planeta luchaba en estúpidas guerras, mientras las mujeres hacían dietas, se afeitaban, tenían orgasmos, y se duchaban... mientras los hombres de este mundo cargaban las armas, veían deportes, y conducían... mientras el mundo seguía girando como en él era natural.... yo, feliz como un perro más, me casaba con una perra en un bonito jardín lleno de margaritas y rosas, ante la mirada no menos feliz, de otros perros y perras venidos de todos los barrios de la ciudad.
Una bonita boda... de verdad; y un bonito día ese que me casé con una perra y descubrí como ser mejor persona.
Así de sencillo.
TOBÍAS McWOKEN
13 agosto 1939

21 octubre 2005

Marabillas dos Oitenta


Abrimos unha nova sección de marabillas, pero desta vez con marabillas do pasado. Marabillas pasadas de moda, que xa non están no "candelabro", pero que para ó noso ver (polo menos para min) aínda siguen vixentes na memoria.
E comezo por un clásico como é Winona Ryder (debilidade persoal) que moitas veces fixo que pensara nos anxos camiñando pola terra. Un pouco esaxerado, seino. Recordo sobre todo a súa presencia no Drácula de Coppola... unha marabilla o dito.
Aquí non haberá barómetro machista, tan só a vosa opinión de todas as que pasen por aquí, comezando por esta cleptómana de fama universal que a partir das súas mans longas terá que competir con "Marnie a ladroa".
Winona Forever... ou non?

18 octubre 2005

Un Gran Día


A Javier Saavedra, que sabe o que é madrugar e odiar.

Espertei ás seis e media e mirei pola fiestra. Chovía. Odiei o mundo e o planeta e máis alá das galaxias. Fun ó lavabo e botei unha mexada amarela demais. Pensei se tería cáncer ou algunha outra enfermidade infecciosa. Deixei de pensar. Observei como N durmía pracidamente ó lado do gato. Envidieinos, pero tan só por uns segundos, en realidade queríaos.
Vestínme a toda presa e bebín un vaso de leite. Saín á rua. Chovía con máis forza, parecía o maldito fin do mundo, aínda que ese día non tería esa sorte. Montei no meu coche. Non acendeu á primeira, nin a segunda, nin a terceira; encendeu á cuarta e despois apagouse. Encendino de novo e arranquei.
Aínda era noite. Crucei a cidade a modo, sen parar nos semáforos, pois aínda non había tráfico. Observei unha parexa que ía collida da man pola beirarrúa. Parecía que estaban borrachos. Ela tropezou e caeu ó chan. O tipo comezou a rir coma un tolo e ela tamén riu dende o chan. Efectivamente estaban borrachos.
Aparquei preto do supermercado e camiñei ata a porta lateral por onde entraban os empregados. Xa estaban alí algúns dos repoñedores agardando a que chegara o encargado e abrise a porta. Pandilla de imbéciles.... todos, todos menos Miguel. Miguel era un bó tipo. Non debía estar traballando nun supermercado, pero estaba. Miguel era a clase de tipo que debería estar facendo cousas artísticas ou ociosas que poideran encherlle o baleiro na alma que temos todos. Pero non era así... Miguel traballaba no supermercado, como tamén traballaba eu e o resto de imbéciles que estaban alí na porta. Ás veces o mundo coloca á xente onde non debe.
Achegueime a eles e saudei a Miguel. Acendín un cigarro e chegou o encargado pola esquina. Tirei o cigarro e entrei.
Baixamos todos como ovellas ós vestiarios e puxemos o mandilón verde oscuro por riba da nosa camisa branca e o noso pantalón negro. Imbéciles de uniforme. Cinco minutos despois estabamos colocando mercancías nos estantes. Un gran día, pensei.
Despois de dúas horas e media de colocar, sen romper a línea imaxinaria, frontais e máis frontais de marmeladas, cafés, cereais e toda esa merda que almorza a xente nas súas casas, baixei ó cuarto do cartón.
O cuarto do cartón estaba catro pisos abaixo incrustado nas entrañas da cidade. Un cuarto con unha única porta e aberto no teito, por onde caía todo o cartón e todo o papel que tiraban dos andares superiores de todo o supermercado. Tres horas baixo unha choiva infernal de cartón. Evidentemente a miña función era prensar e almacenar toda a merda que tiraban os meus compañeiros. Unha marabilla.
Alí abaixo comigo estaba, José, un tipo de cincuenta e seis anos que levaba vinte traballando no supermercado e que alguén tivo a brilante idea de colocalo a facer o traballo que tiñan que desenrolar estúpidos coma min. Algo malo faría, pensaba eu. Pregunteillo moitas veces, pero nunca me dixo a máis mínima palabra. Non falaba moito a verdade, e eu tampouco tiña gañas de que falara.
Deixei de prensar cartón por un anaco e senteime enriba dunhas caixas. Acendín un cigarro e soñei co mar. Un mar azulado e prácido que bañaba os meus pés, mentras tres cans brancos corrían pola praia. Tamén estaba N no meu soño, tumbada ó sol escoitando música e bebendo daiquiris. Eu collía a súa man e corríamos atrás dos cans pola praia como dous estúpidos nun video musical dalgún cantante sudamericano imbécil.
Nese intre entrou Gorrino no cuarto berrando e espantou o meu soño da praia e os cans. Gorrino era o supervisor. Un tipo gordo e detestable que sempre estaba suando como un porco a punto de morrer dunha coitelada. Díxome que subira a colocar alimentos precocinados nas cámaras frigoríficas. Despedínme de José que quedou alí no inferno, colocando cartón, despois de vinte anos ó servicio da cidade. Unha mágoa, pero algo faría.
De camiño ás cámaras frigoríficas atopei a Miguel. Colocaba patés e salsas. Díxome de tomar unhas cervexas pola tarde. Dixenlle que non sabía se chegaría á tarde. Riuse e caeulle un bote de salsa picante ó chán. Gorrino berrou dende o outro lado do supermercado e marchei camiño ás cámaras. Non tiña gañas de aturalo.
Despois dunha hora nas cámaras frigoríficas a vinte grados baixo cero, saín de novo ao supermercado. Paroume unha señora duns sesenta anos. A típica señora, muller dun funcionario, das que tantas hai repartidas pola cidade. Preguntoume onde estaba o papel hixiénico. Díxenlle que no báter.
Marchei a tomar un café. Eran os cinco minutos do descanso... un máis que merecido descanso. Despois de todo, tan só me quedaban catro horas máis de traballo antes de marchar a miña casa e meterme na cama para seguir odiando este mundo durante algúns anos máis.

16 octubre 2005

Marabilla da Semana: Evangeline Lilly


Os que os xoves non andedes de bares por aí, podedes ver a esta estupenda canadiense na, non menos estupenda serie "Perdidos". Alí a tal Evangeline saca sempre o Do de peito como actriz... ou algo parecido. Os que sexades máis "modernos", podédela ver os luns no canal Fox do satélite. E os que non sexades nin unha cousa nin a outra, podedéla ver neste blog, que xa é algo. Un que é boa persoa.
Se non vedes ben o texto da foto eu traduzcovolo: Marty(é o meu nome en clave, en realidade quere dicir Suso)Moito amor... Elilly... mandouma fai un tempo... despois espertei.
Ala, a votar.
Barómetro Machista: 9

10 octubre 2005

Algúns Días Chuviosos

Aconteceu hai un par de anos. Eu vivía noutra cidade e espertaba todas as mañás con resaca e cunha idea na cabeza: matar escritores.
Un día saín á rúa as nove da mañá – eu acostumaba a erguerme as tres da tarde – e notei que comezaba a chover. Primeiro foi unha choiva fina e sen importancia, pero a medida que eu ía entrando máis no corazón da cidade, a choiva foise facendo máis forte e compacta. Comezou a chover en serio, e non parou ata cento quince días despois. Toda unha vida de choiva.
Eu seguía coa idea absurda na cabeza de matar a todos os estúpidos escritores que atopara no meu camiño, aínda que, entre tanta choiva tamén tiven a estúpida idea de ir algunha vez de putas. Sei que soa mal, pero é unha cousa proletaria e honrada. E así foi.
Unha noite – chuviosa – collín o último autobús que saía da cidade e baixei na estrada do aeroporto, enfronte dun club de nome que xa non recordo. Comezou chover con máis forza e entrei. Non había moita xente, nin moitas putas. Sentei nun taburete e pedín un café dobre. O tipo – un tipo moi desagradable – dixome que non facían cafés. Pedín un whisky con soda. Unha puta morena de dezanove anos sentouse ao meu lado e preguntoume se lle convidaba a unha copa. Díxenlle que non. Marchou xunto ao concelleiro de urbanismo que estaba sentado no outro lado da barra. El si que lle invitou a unha copa. Un tipo educado, pensei.
Acabei o meu whisky con soda e pedín outro. Achegáronse a min algunhas putas máis pedíndome que lles convidara a tomar algo, pero eu non tiña moitos cartos e tiven que respostarlles negativamente a todas. Cando lles dicía que non, elas marchaban en busca de outro tipo que lles convidara. Tan só unha delas quedou un anaco máis ao meu lado e contoume que era extremeña e levaba dúas semanas traballando alí. Namoreime nese intre, pero en canto marchou xa me esquecín da súa cara.
No terceiro whisky entrou un tipo no clube. Levaba un abrigo negro e un maletín de pel. Soábame a súa cara. Sentouse relativamente preto de min. Pensei que me ía pedir que lle invitara a unha copa, pero non me dixo nada. Nese intre caín na conta de quén era. Non había moitos escritores neste país que tivesen o Nobel de Literatura. Sorrín e dinlle un grolo longo ao meu whisky. Pensei en matalo alí mesmo cas miñas mans. Non fun capaz, son vergonzoso demais para asasinar en público. A puta extremeña achegouse a el e o Nobel invitouna a unha copa. Un tipo educado, pensei. Dez minutos despois marcharon os dous escaleiras arriba. Perdín ao meu amor extremeño por un mísero Nobel de Literatura.
Paguei as miñas copas e saín do local. Chovía inténsamente. Non había buses para voltar á cidade, e non me podía permitir un taxi. Senteime no chan, diante do local baixo a choiva e acendín un cigarro. Chovia. Suspirei nun par de ocasións e desexei con todas as forzas gañar o Nobel de Literatura. Non foi posible. Pasou un coche pola estrada e fixo soar o seu claxón. Dinlle outra calada ao cigarro e pechei os ollos. Aínda faltaban noventa e tres días para que deixara de chover.

03 octubre 2005

Not to touch the earth...Henry


Paralízase o mundo, e as persoas e incluso os gatos porque a lúa pasou por diante do astro sol sen pena nen gloria. Unha penumbra a media mañá que espertou a idea agochada durante moitos anos, de que as cousas máis grandiosas do universo non son patrimonio exclusivo dos humanos idiotas; cousas como a lúa baixo os teus ollos...ou o sol que ilumina os nosos amenceres obreiros camiño do sur do país...ou o vento frío que recorre o deserto de Nevada antes de chegar á cidade das luces e os dados trucados... ou as follas de herba que medran a modo nos ocultos bosques do Courel... ou os copos de neve que converten as rúas de Londres nun baile de namorados baixo os farois eléctricos...ou a choiva intermitente que bate nos coches das autopistas nocturnas que sempre levan ó norte...
As grandes cousas escapan ó noso entendemento. Somos imbéciles sen remedio.
Cantaba alguén fai xa anos: "Not to touch the earth, not to touch the sun..."e alguha canción máis. Era un borracho pero dicía cousas certeras.
Por iso maldigo o día no que os simios africanos baixaron das árbores e comezaron a camiñar para que, miles de anos despois, decidiran facer estatutos, construir valados fronteirizos, lanzar opas hostís ou construir petroleiros que surquen os nosos océanos. Maldigo ese día e tamén maldigo este día de penumbra no que o meu corazón tapou a pouca lus que quedou entre ti e máis eu, para rematar regalándoche todo o amor que flota entre ti e máis eu.
A Noe e Henrique...

01 octubre 2005

Outubro Blues Again


Amanece outubro chuvioso(por fin)despois de quince días vacacionais onde o pretérito verán asomou polo borde dunha copa de barceló e iluminou as noites ó lado das compañias máis queridas e extranas. Eu son unha persoa que non estou acostumado a ter vacacións; supoño que é herencia polo feito de ser fillo de obreiros. Tampouco é que me guste traballar, é máis, odio traballar, pero é o futuro que me gañei durante moitos anos estudiantís. Pero non era disto do que quería falar... eu quería falarvos destos quince días no que o verán volveu asomar no horizonte da tristeza... destes quince días que aproveitei facendo cousas de interes persoal, intelectual(é coña) e sexual(máis coñas)... en definitiva cousas que acapararon estes quince días pasados.
Como podedes observar pola imaxe superior estiven practicando coa cámara fotográfica utilizando á miña compañeira cósmica de modelo. Non vou ser William Klein, pero é divertido tirar fotos a todo o que se mova.
Outra cousa na que aproveitei o tempo foi na esquecida lectura. Atopei... ou mellor dito, atopáronme un libro de fermoso título que levaba tempo buscando: "Levantad carpinteros la viga maestra" do maestro Salinger... recomendable. Como tamén é recomendable o libro que tivo a ben deixarme (devolvereicho)o magnífico Menguante: "Un año pésimo" do inigualable John Fante. Gracias...perdón Grazas.
Quitando as fotos e a lectura non fixen outra cousa máis que beber ó lado do meu irmán,diablito e avogado do diaño na cidade da eterna luz... e beber de novo ó lado de TomTraubert, Casatlantica e Menguante na cidade da luz agochada baixo terra. Boas experencias etílicas que non nos levaron a ningún lado e serviron por outra parte para sorrir un anaco que nunca está de máis... por todo iso: gracias... perdón, grazas a todos.
Agora que xa estou de volta, seguirei semanalmente escribindo neste blog de perdedores, alcólicos, estúpidos idealistas... e que vós estedes aí.
Saúdos e bicos
P.D Saúdos tamén as fenomenais amigas do Malas Pécoras... boas copas que serven aí.

09 septiembre 2005

Habitación Eterna (Viaxe á fin da barba)



Domingo
e a barba domina
o mundo...

Este mundo
de continentes
e terras
mecanizadas.

A barba domina a casa
de verdes persianas
e sae polo patio
reptando
as trandeiras
do mundo...

agora podo marchar
agora podo marchar
con todas as partículas
de min
en cada peto
en cada recanto
do meu corpo.

Podo por fin divisar toda a terra
todo o mundo que se extende ante min

PODO VER A LAURA
PODO VER A LAURA

podo ver a Laura
a Laura Bush... mon amour

08 septiembre 2005

Estado de Sitio



Algúns de vós estivéstedes nesta rúa de copas algunha noite. Outros de vós estivéstedes na miña casa, que está xusto nesta rúa, tomando unhas copas tamén ou cousas peores. Para os que nunca estivéstedes aquí, decirvos que eu vivo nesta rúa, e tamén é onde os venres e sábados, nesta vila, a xente se emborracha, se droga e intenta follar. A coñecida Rúa Calzada.
A parte de estrear a miña cámara dixital subindo fotos a este maldito blog, colgo esta foto para que vexades o aspecto de estado de sitio que tiña a miña rúa hoxe ó mediodía: fantasmal
Notase que chega o inverno ¿eh?
Saúdos
P.D Parabéns ó amigo Rubín e as súas xa famosas "Patacas"

02 septiembre 2005

Marabilla da Semana: Jessica Biel



Ela dí que é actriz. Eu digo que non. Incompatibilidade de caractéres. Aquí deixo a tal Jessica Biel e as súas costas espidas. Se a queredes ver actuando nalgún film (ja, ja) deixo referencias: "As reglas do xogo" (bo film) "Blade Trinity" "Cellular" (auténticos bodrios)

Barómetro Machista: 7

26 agosto 2005

Un minuto de odio perfecto

Para min é unha cousa inebitable; non ten remedio. Moitas veces falei neste blog, tanto en poemas como en relatos como en calqueira estupidez das que escribo sobre ese sentimento abrasador que entra polas veas e me fai abrir a boca para soltar barbaridades varias. Evidentemente estou a falar do odio... o sentimento máis perfecto de todos, pois nel se concentra toda a pureza de cada un de nós como se dunha pedra preciosa se tratase. Un odio perfecto. Iso é o que estou a intentar buscar... a perfección do odio aínda que tan só sexa por un instante, un segundo, un minuto... a vida plena.
Xa cando era un neno odiaba bastante ben; sempre polas mañas. Penso que non existe o odio perfecto á tardiña ou baixo o ceo escuro do verán, non, un odio perfecto ten que ser matutino como erguerse da cama empinado e botar a primeira mexada do día. Así ten que ser. Cando tiña dez ou doce anos e vivía na Coruña xa odiaba de carallo. Erguíame co ruído do camión de reparto de ovos e polos que cada mañá facía a súa parada baixo a fiestra da miña habitación e comezaba a descargar polos conxelados chegados dalgunha graxa de ourense, para que as familias de clase media-baixa do meu barrio encheran as súas panzas a prezo económico. Non sei se era a propósito ou non había outra maneira de facelo (supoño que non) pero o tipo, facía un ruído ensordecedor que resoaba en todo o edificio, ata que non che quedaba máis remedio que espertar e erguerte da cama para ir á escola. Nin que dicir teño que o primeiro odio que desprendía en todo o día ía dirixido ó repartidor de polos e ovos. Odio puro e agrícola.
Xa na rúa, vestido e cargado de libros de texto camiño do colexio ( un par de rúas máis arriba) facía unha parada no kiosko da esquina a mercar cromos ou algunha outra estupidez que xa non recordo; a dona do kiosko, era unha señora maior e gorda, emigrada facía anos dalgunha aldea dos arredores, que falaba tan alto como lle daba a gorxa. Unha auténtica salvaxe tras o mostrador. Eu pedíalle os cromos cun ton de voz normal e de boas maneiras, e ela mirábame desconfiada e berrábame: ¿CÁNTOS CROMOS QUERES?!!... a súa voz infernal, batíame directamente no rostro e sen desexalo, o odio case perfecto saía dos meus ollos aínda durmidos e depositábase no ser demoníaco que atendía aquel kiosko de barrio; pouco tempo despois deixei de mercar cromos... aínda os odio.
Chegando á escola, debía ir en quinto ou sexto, o meu odio hacia todo volvíase dunha pureza insuperable. Dende os compañeiros de clase, ata os profesores, pasando polo conserxee (entereime que morreu fai pouco) ata calqueira cousa que se movera dentro do recinto escolar era odiado perfectamente por min. Así era.
Nin que dicir teño que eu no colexio non era un tipo moi popular. Non tiña moitos amigos debido ó meu odio matutino pola especie humana. Polas mañás tan só aturaba a un rapaz de trece anos, homoxesual e fan de Almodovar, que daba paseos ó redor do edificio principal do colexio e simulaba que fumaba cigarros coas golosinas. A min gustábame pasear con el e falar de cine... tiña moita pluma, pero tamén tiña moito glamour. Recordábame vagamente a Truman Capote pero vestido de colexial. Non sei que será del, pero tampouco quero sabelo.
Hoxe en día, xa cos meus anos, sigo odiando pola mañá... tanto ou máis que anos atrás. Agora o meu minuto de odio perfecto concéntrase na camareira que me serve o café, nos barrendeiros que atopo na rúa de camiño ó traballo, no tipo do banco e en todos os que viven no meu barrio. Creo que a cousa vai a mellor, en serio que si. Pois agora ese odio xa non se extende a outras franxas horarias. Pola tarde, podo dicir, que practicamente amo a todo o mundo... máis ou menos.
Non e tanto a cousa, pero polo menos o meu odio matutino serveme para amar moito máis ás persoas que amo. Non son moitas, pero para min son suficientes.

23 agosto 2005

Finais de Agosto... Finais do Imperio

Foi moita festa de dios... en serio que si. Realmente aínda non me repusen de todo, de tantos e tantos litros de barceló; de tantas conversas estúpidas ata altísimas horas da madrugada; de tantas comidas de sobremesas de once horas... e de moitas cousas máis. Agora xa pronto remata o verán e hai cousas que botarei de menos: Botarei de menos as terrazas empapadas de cervexa fría baixo o sol do mediodía... as fotos iluminadas no solpor xunto a alemáns-peruanos de grata conversa... os diálogos traducidos ao inglés, ao español, ao galego e a todos os idiomas que pasaron por diante dos nosos ollos; os amigos que xa marchan, ao exilio anglófono uns, e á vella compostela casatlántica; e moitas cousas máis que o meu corazón enfermo botará de menos no vasto deserto do inverno.
De todas maneiras, hai moitas cousas deste verán que non botarei para nada en falta, é máis, agradezo moito que abandonen estas terras queimadas. E de todas esas cousas, a que menos botarei en falta será a esa raza que todos os agostos acampa, arrasa, envenena esta costa da morte: Os Madrileños. Por fin as hordas de familias centro peninsulares marcharán e voltaran as súas miserables vidas de Gran Vía, porras e café, Santiago Benabeú, Las Ventas, tráfico, PP, boulevares, Jose Luis Moreno presenta... etc.
Cousas que nunca botarei de menos... vendo sobre todo as barbaridades urbanísticas que están a facer en fermosos e salvaxes lugares como Fisterra, Corcubión, Carnota. Auténticas monstruosidades de cemento onde pasar o mes de agosto e retozar como animais de selva.
Bon Vouyage... a todos...ide a modo e non volvades máis.
Seguirei aquí resistindo algúns meses máis.
saúdos