13 febrero 2009

un pozo no medio de Kansas


Joder, xa non sei canto tempo levo aquí metido... semanas? non, meses. Xa van varios meses. Horas e máis horas pechado neste jodido buraco. Por qué? Eu que carallo sei... as depresións son así, coma un pozo no medio de Kansas. Aparecen e desaparecen como unha maldita marea na praia dese fermoso atardecer. Non sei a razón... non penso niso. Tan só sei que xa pasan meses nos que non podo coller nas mans ese libro de Comarc McCarthy que teño á beira do teléfono; e que tampouco podo escoitar o último disco de Springsteen, pois cada vez que comeza, algo remata en mín. Por qué? Non o sei, en serio que non. Gustaríame sabelo... eu son o primeiro interesado.

Qué fago todo o santo día? Joder, pois compadecerme de min mesmo, cagarme en dios, e beber para non ter que pensar. Aínda que hai días que tamén debuxo. Si, é certo. Daseme fatal, pero é un boa maneira de ter a mente ocupada. Pinto aí sentado, no maldito pozo; pinto parellas bicándose na praia, pinto tipos duros fumando na noite, pinto coches cruzando desertos, pinto...

Cando estás no pozo non hai moito que facer. Sentarse, durmir, cagar, respirar, lavar os dentes, maldicir, e voltar a durmir. Nestes últimos días comezo a abrir a porta; abro a porta e respiro moi a modo deixando que a brisa fresca da mañá bata na miña cara; despois sentome no escritorio e leo un anaco a historia esa de "The Road"; Miro pola fiestra e vexo o sol, glorioso e pleno. É por iso polo que hoxe puden escribir estas liñas... por que saiu o sol. Só por iso.

15 comentarios:

A. Doinel dijo...

Bendito sea el sol, Joder!
Oye, esa foto ¿es de tu última escapada a Las Vegas, o es el motel que montó el hijo bastardo de Norman Bates?
Saludos y bienvenido

Mr Tichborne dijo...

O sol vai sair cando ti queiras, meu. Deixa o motel.

mariademallou dijo...

alégrome de que volvese o sol a facerlle escribir sr hank... estrañaba este sitio...
apertas tan grandes coma kansas

rui dijo...

hóstias, pois alégrome que volveses escribir.

Bandini dijo...

espero caer pronto por ese pozo, y de paso llevarte el programa de UPyD

saludos

Ari Schreiber dijo...

Eses estadios de soidade cun mesmo..aínda que sexa revolvéndote na tua propia merda, son fundamentales para o crecemento persoal. A min pásame a miudo e cando saio da cova vexo as cousas lixeiramente distintas, máis bonitas, incluso.
Sempre paso por aquí...Dende fai bastante tempo, a verdá, e anque xa lín o teu post de fai tres días volvo a pasar para agradecerche o teu comentario en " A veces escribo cartas". Bicos dende as profundidades ourensanas. Uxia.

Ra dijo...

El pozo le sienta tan bien...

Me alegro de verle, Mr ;D

Torreira dijo...

Bendito sol...aperta e LK.

Rosalía Fernández Rial dijo...

Cheguei a este lugar dun xeito bastante extraño. E é a primeira vez que me alegro de dar co Inferno.

Se algún día atopo unha puta saída de emerxencia gustaríame dicirche onde está. Simplemente porque creo que mereces continuar a túa viaxe.

Só iso. Sen máis.

Unknown dijo...

estabas en estado de bulbo e xermolaches coas primeras raiolas do inverno tardio......

e otro dia nos acordamos de ti tres bandidos en estado fungible y bebimos como acostumbramos a hacer mientras arreglamos el mundo...
al final yo creo que lo habiamos conseguido, pero al dia siguiente, tras la resaca y el tardio despertar, algun hijo de puta lo habia vuelto a poner todo patas arriba.....
en fin que no se si fue murphy o el caos que la impresión fue de que todo seguia igual y te juro que lo habiamos arreglado...
te cuento todo esto porque a lo mejor la proxima vez que nos pongamos a ello necesitamos un pocero y como ya estas acabando el master, pues eso, que estas contratado......
ah y si aparece alguien por ahi con un programa politico, hazselo masticar, que no hay derecho a más engaños preelectorales, joder que siempre es lo mismo y parecemos jilipollas....

y ya amenazando con acabar, no nos tortures más con la espera, que cada renglón que te consigues arrancar es un puto diamante en bruto, por DIOS, hazlo por nosotros los avidos devoradores de palabras.....


apertas Suso

torredebabel dijo...

non hai man, non hai amigo, non hai amor que sexa quen de nos rescatar deses moteis húmidos e oscuros. Co moito que un agarda por ese que nos rescate!! pero non está, non existe. Para ben ou para mal, a única persoa que pode sacarnos do boraco somos nos mesmos... Mentres, que saibas que aqui agardamos por ti. Xa o dixeron outros antes ca min, pero tamén o digo eu.

From Hell dijo...

agradecense as palabras...mentira non é.
saúde

R. A. dijo...

E é que Cormac McCarthy e moito Cormac McCarthy. E "The Road" é unha anguria perpetua, que mete medo de poder facerse real.

nike shoes dijo...

Very good article,thanks.

Megan dijo...

muy buena foto, me gusta y mucho! suerte con el blog :p